O Durán Maquinaria Ensino acada o triunfo na 39.ª Copa Galicia sénior feminina de baloncesto organizada pola FEGABA. As lucenses impuxéronse por un marcador de 91-79 ao BAXI Ferrol.
Ambos os dous equipos militarán este curso 2026-27 na LF Endesa, máxima categoría do baloncesto feminino estatal.
Este encontro final da Copa Galicia feminina de baloncesto 2016 xogouse no pavillón da Malata en Ferrol.
Consulta aquí a estatística do partido no que a MVP foi Kristin Eva Williams.
O encontro púidose ver ao en directo vía TVG e agalega.gal
1. Copa de Galicia, Durán Maquiniaria Ensino vs BAXI Ferrol / FEGABA
Copa de Galicia, Durán Maquiniaria Ensino vs BAXI Ferrol / FEGABA
2. Copa de Galicia, Durán Maquiniaria Ensino vs BAXI Ferrol / FEGABA
Copa de Galicia, Durán Maquiniaria Ensino vs BAXI Ferrol / FEGABA
3. Copa de Galicia, Durán Maquiniaria Ensino vs BAXI Ferrol / FEGABA
Copa de Galicia, Durán Maquiniaria Ensino vs BAXI Ferrol / FEGABA
4. Copa de Galicia, Durán Maquiniaria Ensino vs BAXI Ferrol / FEGABA
Copa de Galicia, Durán Maquiniaria Ensino vs BAXI Ferrol / FEGABA
5. Copa de Galicia, Durán Maquiniaria Ensino vs BAXI Ferrol / FEGABA
Copa de Galicia, Durán Maquiniaria Ensino vs BAXI Ferrol / FEGABA
6. Copa de Galicia, Durán Maquiniaria Ensino vs BAXI Ferrol / FEGABA
Copa de Galicia, Durán Maquiniaria Ensino vs BAXI Ferrol / FEGABA
7. Copa de Galicia, Durán Maquiniaria Ensino vs BAXI Ferrol / FEGABA
Copa de Galicia, Durán Maquiniaria Ensino vs BAXI Ferrol / FEGABA
8. Copa de Galicia, Durán Maquiniaria Ensino vs BAXI Ferrol / FEGABA
Copa de Galicia, Durán Maquiniaria Ensino vs BAXI Ferrol / FEGABA
9. Copa de Galicia, Durán Maquiniaria Ensino vs BAXI Ferrol / FEGABA
Copa de Galicia, Durán Maquiniaria Ensino vs BAXI Ferrol / FEGABA
10. Afección do Durán Maquiniaria Ensino / FEGABA
Afección do Durán Maquiniaria Ensino / FEGABA
11. Suso Garrido, adestrador do Durán Maquinaria Ensino, dando indicacións / FEGABA
Suso Garrido, adestrador do Durán Maquinaria Ensino, dando indicacións / FEGABA
12. Na Copa de Galicia, o Durán Maquiniaria Ensino festexa a súa vitoria diante do BAXI Ferrol / FEGABA
Na Copa de Galicia, o Durán Maquiniaria Ensino festexa a súa vitoria diante do BAXI Ferrol / FEGABA
13. Na Copa de Galicia, o Durán Maquiniaria Ensino saúda á súa afección tras vencer ao BAXI Ferrol / FEGABA
Na Copa de Galicia, o Durán Maquiniaria Ensino saúda á súa afección tras vencer ao BAXI Ferrol / FEGABA
14. Na Copa de Galicia, o Durán Maquiniaria Ensino posa tras vencer ao BAXI Ferrol / FEGABA
Na Copa de Galicia, o Durán Maquiniaria Ensino posa tras vencer ao BAXI Ferrol / FEGABA
15. Na Copa de Galicia, o Durán Maquiniaria Ensino saúda á súa afección tras vencer ao BAXI Ferrol / FEGABA
Na Copa de Galicia, o Durán Maquiniaria Ensino saúda á súa afección tras vencer ao BAXI Ferrol / FEGABA
16. Na Copa de Galicia 2026, o Durán Maquiniaria Ensino, vencedor tras impoñerse aor ao BAXI Ferrol / FEGABA
Na Copa de Galicia 2026, o Durán Maquiniaria Ensino, vencedor tras impoñerse aor ao BAXI Ferrol / FEGABA
Historia da Copa Galicia de baloncesto
Segundo informa a FEGABA a Copa Galicia nace en 1986 coa primeira edición da competición senior masculina. Na súa xestación participaron os equipos galegos que daquela formaban parte da chamada Primeira División Nacional de Baloncesto: eran o OAR Ferrol, o Club Ourense Baloncesto, o C.A.B. Obradoiro compostelán e máis o Breogán de Lugo. Francisco García Sánchez era entón o presidente da FGB.
O primeiro vencedor foi o CB Breogán, que na actualidade é o club máis laureado da Copa Galicia con 16 campeonatos no seu poder. Dende aquel ano, o torneo senior masculino celebrouse ano tras ano, coa única interrupción do ano 2020, por mor do COVID 19.7
En 1987 naceu o torneo feminino, se ben a súa celebración non se estabilizou ata mediados dos anos noventa. No presente, lidera o palmarés feminino o Real Club Celta Baloncesto.
Ao longo do tempo, a Copa Galicia foi medrando e abranguendo cada vez máis categorías (Terceira FEB e categorías Base) ata se converter no torneo galego non ligueiro de referencia que é hoxe.
Convértea tamén en algo especial o celebrar, cada temporada, as seas eliminatorias en distintas vilas e cidades galegas. Trátase dunha Copa que xa é un punto de referencia na pretemporada do clubs galegos, e un nexo de unión entre xogadores e seareiros de todos os recantos da nosa xeografía.