- A organización activa a posibilidade de cesión do dorsal da San Silvestre Coruña a outra persoa para que poida participar no seu lugar.
- A recollida solidaria de alimentos que ten en marcha a carreira entregou xa preto de media tonelada de produtos na Cociña Económica.
- Máis de 1.200 persoas gozaron do triunfo do Deportivo grazas aos seus dorsais, que incluían un pase para o partido ante Unionistas.
O aprazamento debido ao mal tempo da San Silvestre Coruña o pasado 31 de decembro fixo que moitos corredores non poidan tomar a saída. Ao mesmo tempo, unha gran cantidade de persoas puxéronse en contacto coa organización preguntando se se abrirían novas inscricións para os que si podían estar este domingo, 15 de xaneiro, data na que se celebrará finalmente a carreira.
A organización acaba de facer público un comunicado no que permite que un participante que non poida estar o domingo na saída ceda o seu dorsal a outra persoa, de forma gratuíta.
Segundo recolle o comunicado as persoas que non poidan participar na carreira o vindeiro 15 de xaneiro de 2023 “poderán ceder o seu dorsal previa comunicación ao enderezo electrónico: consulta@championchipnorte.com”. O prazo fixado pola organización para realizar esta xestión chega ata “as 23:59 horas do xoves día 12”.
Desde a organización solicitan que nese correo electrónico se faga constar a seguinte información:
- Datos da persona que causa baixa:
- Nome
- Apelidos
- NIF
- Número de dorsal
- Datos do/a novo/a corredor/a que deberá estar dado de alta, previamente, como usuario en Championchipnorte.
- Nome
- Apelidos
- NIF
- Sexo
- Data de nacemento
- Modalidade (Carreira ou Marcha Nórdica)
Los dorsales sin utilizar de la San Silvestre Coruña podrán cederse de forma gratuita a otros participantes. pic.twitter.com/eE5WMIk1pq
— sansilvestrecoruna (@silvestrecoruna) January 9, 2023
A carreira, que tivo que ser aprazada o pasado 31 de decembro debido ao temporal de choiva e vento con alerta meteorolóxica, celebrarase finalmente o vindeiro domingo 15 de xaneiro ás 11.00 horas.
Nesta ocasión, de maneira excepcional, a carreira recupera o percorrido dos primeiros anos, con saída e meta en María Pita, algo que non se podía facer na praza debido ás atraccións que se instalaban durante o período do Nadal.
¡Tenemos fecha! La #SanSilvestreCoruña se correrá finalmente el próximo domingo 15 de enero a las 11.00 horas. La principal novedad será que salida y meta estará ubicadas en esta ocasión en la plaza de María Pita. Os iremos contando todas las novedades según vayamos confirmando. pic.twitter.com/u9C8cFPFPd
— sansilvestrecoruna (@silvestrecoruna) January 4, 2023
Xogadoras e xogadores do HC Deportivo Liceo darán a saída
Xogadores e xogadoras de todas as categorías do Deportivo Liceo, que este ano celebra o seu primeiro medio século de vida, serán os encargados de dar a saída á carreira absoluta. Un pouco antes, ás 10.30 horas, comezarán as probas infantís para nenos e nenas de 7 a 10 anos.
Na presente edición, o éxito da San Silvestre para os máis pequenos fixo que se tivesen que aumentar as prazas ata as 220 que se cubriron. O mesmo sucedeu coa marcha nórdica, a principal novidade deste ano, que tamén quedou pequena, ata alcanzar as 130 persoas anotadas nesta categoría.
Na San Silvestre Coruña hai dez categorías deportivas, divididas en dous infantís, dous xuvenís e seis absolutas, ademais da de marcha nórdica e a de empresas, que se obtén sumando os tempos dos corredores da mesma organización. Tamén hai dous premios ao mellor disfrace, individual e colectivo.
A proba absoluta sairá de María Pita e discorrerá pola Mariña ata Juana de Vega e logo polo Paseo Marítimo para regresar de novo a María Pita.
Máis de 1.200 persoas en Riazor para ver ao Dépor
A bolsa do corredor da XIII San Silvestre Coruña incluía, entre outras promocións e agasallos, un pase para ir ver o encontro entre Dépor e Unionistas no Estadio Municipal ABANCA-Riazor. Quen acudiu aos despachos de billetes para cambiar o vale, máis de 1.200 persoas, puideron gozar do mellor partido da tempada, ata o momento, con todas as entradas esgotadas para ver o retorno de Lucas Pérez como xogador deportivista.
A proba mantén o seu carácter solidario, co apoio a dous proxectos. Ademais de prestar apoio á campaña Reis Magos de verdade, tamén se recollen alimentos para a Cociña Económica, durante a entrega de dorsais e o mesmo día da carreira. Este ano, co aprazamento por causas meteorolóxicas, xa se tivo que realizar unha primeira entrega de alimentos, un total de 450 quilos, á Cociña Económica, pola caducidade dalgúns produtos. A entrega foi realizada por Saunier Duval e a peña O Silbato, que se encargan de coordinar a recollida.
Con el cambio de fechas de la #sansilvestrecoruña hemos tenido que adelantar la entrega de alimentos para evitar que algunos caducasen. Casi media tonelada de productos que entregamos esta semana en la Cocina Económica gracias a la ayuda de @saunierduval y la peña @OSilbato pic.twitter.com/N2lmpfmdIN
— sansilvestrecoruna (@silvestrecoruna) January 8, 2023
Ademais, na súa intención de ser unha carreira integradora, a San Silvestre Coruña dispón de “dorsais solidarios” de apoio aos corredores e corredoras con capacidades especiais que o necesiten.
A XIII San Silvestre Coruña está organizada por Club Rialto, coa colaboración do Concello da Coruña.