• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

O derbi Vigo-Pontevedra queda na casa do Celta

Cun partido moi disputado, as celestes lograron con moito esforzo impoñerse ante un duro Arxil

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
18/01/2021
en Liga Feminina 2 Basket, Baloncesto
O Celta logrou a vitoria ante o Arxil / CELTA BALONCESTO IG

O Celta logrou a vitoria ante o Arxil / CELTA BALONCESTO IG

68
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Coa décimo sexta xornada de LF2 chegaba o derbi pontevedrés entre Celta Zorka Recalvi e CB Arxil, dous equipos distanciados na táboa, pero igualados sobre a pista. Os dous puntos quedaron na casa das celestes, pero non sen esforzo, ao ver como as verdes loitaban cada balón e case dan a sorpresa (73-70).

O equipo dirixido por Cristina Cantero chegaba forte a este partido como local, tras gañar tres partidos seguidos. Pola súa banda, as de Maite Méndez chegaban nunha peor posición e tendo que disputar dous encontros na mesma fin de semana.

A superioridade na traxectoria da Liga Feminina 2 do Celta sobre o Arxil non se viu sobre a pista, onde as pontevedresas foron superiores no tiro de campo, sobre todo desde a liña de tres. Un acerto que case lles da a vitoria, que finalmente foi para as viguesas.

O Celta sufriu para gañar

Nos primeiros dez minutos, as xogadoras locais lograron impoñer o seu xogo, seguras en defensa e en ataque, e sen perder ningún balón. Desta forma, con 25 tiros a canastra fronte aos 12 contrarios, o acerto celeste traduciuse en 28 puntos, a maioría grazas a Maja Stamenkovic e a Clara Prieto, con dous triples cada unha.

Para o segundo cuarto, o plantel dirixido por Méndez reaccionou e atopoulle o punto ás viguesas. As verdes saíron fortes á pista, asinando un parcial 0-6 nos primeiros minutos e obrigando a Cantero a pedir un tempo morto. Canastra a canastra, o Arxil recortaba distancias e situábase a cinco puntos do Celta, que acusou de moitas perdas de balón pola boa presión das pontevedresas. O bo facer das visitantes non foi suficiente para superar ás locais, que gañaban de once ao descanso.

Tras o paso por vestiarios, a igualadade cada vez era maior sobre o parqué de Navia. Un parcial 1-15 das verdes, lideradas por María Lago, mantiña o encontro cun resultado aberto. Ambos equipos turnábanse ao sumar puntos, aínda que o Arxil facíase máis forte a medida que pasaban os minutos. No final do terceiro tempo, o dúo celeste Stamenkovic-Comesaña lograban empatar o marcador a falta de dez minutos para o final.

O partido decidiuse no último minuto

No último cuarto, a iniciativa foi da man das viguesas, que aumentaban a súa distancia no electrónico respecto ás verdes. Isto non freou ás pontevedresas, que lonxe de baixar os brazos, seguiron apretando e poñendo en apuros ás locais. A falta de pouco máis dun minuto para a bocina final, a igualdade volvía reinar sobre o resultado.

Así, o partido decidiuse no minuto final. Tres ataques do Arxil achegábanas á vitoria, pero sen resultado, ante o bo facer de Stamenkovic nas celestes. A 18 segundos da fin do duelo, as locais gañaban de dous. Pero o partido non rematou aí. Unha xogada de Celia García logrou frear o ataque de Natalia López, convertindo dous tiros libres para o Celta. Pola súa banda, María Lago seguía tirando das pontevedresas, anotando un valioso tanto, que as deixaba a un punto das locais.

Finalmente, un tiro libre de Celia García debido a unha falta antideportiva lograba deixar os dous puntos da vitoria en casa, converténdose no cuarto trunfo consecutivo das xogadoras de Cantero.

Así, o Celta segue na cuarta posición, con 28 puntos, mentres que o Arxil sitúase na undécima, con 19.

Desfruta aquí do resumo do derbi pontevedrés entre Celta e Arxil:

FICHA TÉCNICA

73) CELTA ZORKA RECALVI: Mariona Martín (2), Lucía Fontela (-), Celia García (15), Maja Stamenkovic (20), Marita Davydova (4) -cinco inicial-. Tamén xogaron: Noa Comesaña (8), Florencia Niski (3), Clara Prieto (6), Angela Coello (4) e Rose Marie Julien (11).

70) CB ARXIL: Carla Fernández (2), María Lago (22), Noelia Masiá (5), Heather Forster (14), Bineta Ndoye (4) -cinco inicial–. Tamén xogaron: Cristina Díaz-Pache (2), Margarita Moreira (2), Natalia López (11) e Sara Castro (8).

PARCIAIS: 28-13, 15-19, 12-23 e 18-15.

ÁRBITROS: Christian Abalo Buceta e Adrián Pérez Álvarez. Sinalaron 20 faltas a Celta Zorka Recalvi e 16 faltas a CB Arxil.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 16ª xornada da LF2 disputado no pavillón municipal de Navia a porta pechada.

Etiquetas baloncestobasketCB ArxilCelta Zorka RecalviCristina CanteroderbiLF2liga femenina 2liga feminina 2Maite Méndez
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Valencia BC vs Durán Maquinaria Ensino / MIGUEL ÁNGEL POLO

O Valencia BC suma a 13ª vitoria consecutiva a costa do Durán Maquinaria Ensino (85-50)

por Redacción As Nosas
21/01/2023
0

  Xa dixera Antonio Pernas na previa que o Valencia BC non é un equipo da liga do Ensino. A...

Laura Aliaga no partido Movistar Estudiantes vs Durán Maquinaria Ensino / ENSINO LUGO

Antonio Pernas: “O Valencia non é un equipo da nosa liga pero en momentos do partido estaremos aí”

por Redacción As Nosas
21/01/2023
0

  O Durán Maquinaria Ensino visita a complicada cancha do Valencia BC hoxe sábado 21 de xaneiro. O partido, que está...

Antonio Pernas, adestrador do  Durán Maquinaria Ensino / ENSINO LUGO

Antonio Pernas: “Ter bóla para gañar a falta de 17 seguntos é un meritazo”

por Redacción As Nosas
16/01/2023
0

  Antonio Pernas, adestrador do  Durán Maquinaria Ensino Lugo estaba contento co esforzo e o traballo do bloque que adestra...

Duran Maquinaria Ensino Lugo vs Casademont Zaragoza / ENSINO LUGO TW

Pese a ir case todo o partido por diante, o Ensino Lugo remata perdendo co Casademont Zaragoza (65-69) na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
15/01/2023
0

  O Durán Maquinaria Ensino Lugo perdía na casa 65-69 logo de ir por diante no electrónico na maior parte...

Duelo no futsal galego entre Burela Pescados Rubén vs Poio Pescamar / PRBFS

Derbi das costas do futsal co segundo posto en xogo entre o Pescados Rubén Burela e Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
14/01/2023
0

  Pescados Rubén Burela e Poio Pescamar protagonizan o partido da xornada na Primera División do FutSalFem da RFEF. O...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A Selección Galega, subcampioa de España campo a través con Joselyn Brea, Edymar Brea, Laura Santos, Ester Navarrete, Begoña Domínguez e Sofía Fernández / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Joselyn Brea, campioa de España absoluta de campo a través

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A Selección Galega, subcampioa de España campo a través con Joselyn Brea, Edymar Brea, Laura Santos, Ester Navarrete, Begoña Domínguez e Sofía Fernández / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Joselyn Brea, campioa de España absoluta de campo a través

30/01/2023
As cadetes María Filgueiras e Uxía Soto, prata e bronce respectivamente no Campionato de España de ciclocrós / FGC

María Filgueiras e Uxía Soto entran na lista da Selección Española para o Mundial de Ciclocrós

30/01/2023
Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, reuniuse con Francisco B. Ortega, catedrático da Universidad de Granada e principal experto do proxecto FIitBack Europe no que se integra DAFIS / XUNTA DE GALICIA

A plataforma DAFIS aglutina deporte e saúde

30/01/2023
Celebración do Burela, campión da Supercopa de España 2023 / BURELA FS

Quinta Supercopa de España de futsalfem para o Burela FS

29/01/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.