• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Reto Iberdrola Fútbol

O Deportivo presenta a súa campaña de abonos

Baixo o lema "Moito por vivir", o club coruñés chama ao apoio da afección | As renovacións comezarán este mesmo luns, 26 de xullo

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
26/07/2021
en Fútbol, Liga Reto Iberdrola Fútbol
O Deportivo presenta a súa campaña de abonos / RCD

O Deportivo presenta a súa campaña de abonos / RCD

199
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O R.C. Deportivo presenta este luns, 26 de xullo, a súa nova campaña de abonos. Co Dépor ABANCA en Reto Iberdrola, e o primeiro equipo masculino en Primera RFEF, o club anuncia o procedemento para renovar os carnés.

Desde hoxe, as persoas que foran socias na tempada 2020/2021 poderán renovar o seu asento, quedando á espera as novas altas, con data aínda por anunciar por parte da entidade. O propio club insistiu na importancia dos abonos, debido a que serán a principal fonte de ingresos para toda a estrutura branquiazul.

Renovacións telemáticas

Polo de agora, as renovacións deberán realizarse de maneira telemática. O Deportivo pon a disposición da afección varias canles para facelo.

Unha opción é de maneira online, dispoñible as 24 horas, a través desta ligazón, tendo como alternativas a liña telefónica de ABANCA no 981 910 544, de luns a sábado de 08:00 a 22:00 horas, ou mediante transferencia bancaria.

Nestes casos, a persoa socia recibirá o seu carné no seu domicilio, sen ningún custe extra polo envío, nun período estimado de 20 días desde a renovación.

O propio club insistiu na importancia de comprobar os datos e a dirección de envío, para evitar retrasos na entrega dos carnés.

Para renovar o abono do Deportivo presencialmente haberá que agardar ata o 16 de agosto, sempre solicitando cita previa para acudir á Oficina de Atención ao Deportivista. Este servizo, só posible cando non se puido renovar telemáticamente por causas de forza maior, seguirá ata o 21 do mesmo mes. Durante o mesmo mantéñense as opcións telemáticas.

E se quero cambiar de localidade?

A liberación de asientos daquelas persoas socias que non renovaran realizarase a partir do luns 23 de agosto. Desde esta data, aquelas persoas que xa renovaran o seu abono poderán proceder á solicitude de cambio de localidade.

Estas modificacións poderán realizarse ata o 27 de agosto de maneira presencial solicitando cita previa nesta ligazón.

Quero darme de alta no Deportivo, cando poderei facelo?

Aínda non hai data para as novas altas. O Deportivo anunciou este luns que polo momento non se realizarán altas de abonos con localidade ata que se poida garantir o aforo a toda a afección socia durante a tempada 2020/2021.

O Deportivo compensa ás socias

Seguindo a Campaña de Compensación iniciada na tempada 2019/2020, polos partido que non se puideron disputar da segunda volta da competición masculina, o club establecerá a “Cuota de Abono” a aquelas persoas socias que solicitaran a opción “Monedero Dépor”.

Ditas socias verán descontado o importe correspondente á compensación desa tempada no total do abono da presente tempada automáticamente no proceso de renovación telemática.

Tipos de abono para persoas e tamén para mascotas

Despois da atípica tempada 2020/2021, o Deportivo volve a contar con abonos de valor completo. Desde a entidade coruñesa recordan que o mesmo servirá para acceder aos partidos do equipo masculino, así como os do Dépor ABANCA, Fabril, Xuvenil e canteira.

Para este curso, ademais dos tipos habituais de abono, hai algunhas novidades:

  • Normal. Abono xeral, sen bonificación, e transferible a calquera persoa
  • VIP. Acceso aos Palcos VIP privados de Preferencia Superior para as empresas que queiran presenciar os encontros cun ambiente exclusivo. Acceso á Área 1906 en Tribuna Inferior, detrás dos bancos. Pode pedirse máis información no mail areasvip@rcdeportivo.es
  • Bonificado. Estes abonos son só transferibles a outras persoas que cumpran os mesmos requisitos.
    • Maiores de 65. Para as persoas nadas antes do 31/12/1956.
    • Diversidade funcional. Persoas que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
    • Desempregado. Persoas demandantes de emprego expedida polo SEPE.
    • Sub 25. Persoas nadas entre o 01/01/1996 e o 31/12/2005.
    • ADN Branquiazul. Persoas nadas despois do 01/01/2006.
  • Grada familiar. Cun mínimo de tres membros da mesma familia.
  • Grada peñas deportivistas. Cun mínimo de tres persoas da mesma peña. Situada en Preferencia Superior Córner Impar.
  • Grada estudantes. Para estudantes universitarios, presentando o Carné Universitario ou matrícula do ano académico en curso.
  • Grada especial nen@s. Para deportivistas menores de 15 anos. Situada en Pavillón Superior Impar.
  • Socio Amigo. Deseñado para a afección que reside fóra da Coruña. Poderán manter a antigüidade e asistir a un encontro de Primera RFEF ou os partidos de Abegondo.
  • Nen@ Dépor. Para bebés de entre 0 e 2 anos.
  • Carné mascota. As Mascotas Deportivistas terán o seu propio carné, con foto, número de socio e antigüidade.

A principal novidade desta tempada é o carné para as mascotas. Un 15% do prezo deste abono destinarase ás principais protectoras de animais da cidade da Coruña. Ademais, servirá como desconto e vantaxes en diversas empresas do sector.

Os precios dos abonos varían entre os 152 e os 452 euros no abono normal, cun precio medio de 185 euros.

Táboa de prezos dos abonos do Deportivo / RCD
Táboa de prezos dos abonos do Deportivo / RCD

Limitacións de aforo

O Deportivo non pode garantir que todos os socios acudan ao estadio, xa que cómpre seguir as regulacións e limitacións do aforo dispoñible.

Neste sentido, o club ifnorma de que se o aforo redúcese a un número inferior que o número de abonados, a entidade devolverá o importe correspondente ás persoas afectadas. Nestes casos é necesario solicitar unha prereserva de entradas.

Non se verán recompensadas aquelas persoas socias que non prereservaran entrada neste suposto. A prioridade do Deportivo é garantir o aforo dos xa socios, por este motivo, as novas altas deberán agardar á confirmación do aforo final por parte das autoridades.

Convenio co Liceo

Ademais do acceso aos partidos do Dépor ABANCA, por cinco euros máis poderáse acceder co mesmo carné aos encontros do Deportivo Liceo, nun proceso de alta como abonado verdibranco que pode xestionarse no proceso de renovación branquiazul.

Haz clic para acceder a c.calendario.pdf 

Etiquetas A CoruñaAbegondoDépor ABANCAfútbolRC DeportivoRCDRiazor
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación do 'Palco sensorial' en Balaídos pensado para persoas con trastorno do espectro autista (TEA) / FUTGAL

Balaídos conta cun ‘Palco sensorial’ destinado a que persoas con trastorno do espectro autista (TEA) gocen mellor do fútbol

por Redacción As Nosas
08/10/2026
0

Un grupo de persoas con trastorno do espectro autista (TEA) poderán gozar mellor dos partidos do Real Club Celta de...

Presentación da "I Xornada de Xestión de Fútbol e Fútbol Sala" organizada pola RFGF e AGAXEDE / FUTGAL

Presentada a “I Xornada de Xestión de Fútbol e Fútbol Sala”

por Redacción As Nosas
02/10/2026
0

A sede da  Federación Galega de Fútbol (RFGF) na Coruña albergou este venres a presentación oficial da "I Xornada de...

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

por Silvia Carregal
13/08/2026
0

Dous goles, un de Millene e outro de Eva Dios, deron o triunfo ao Dépor ABANCA no 14.º Trofeo Teresa...

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

11/10/2026
A Selección Española, campioa do mundo de hoquei a patins feminino nos World Skate Games con María Sanjurjo nas súas filas / FEP

María Sanjurjo repite como campioa do mundo de hoquei a patíns coa Selección Española

11/10/2026
Selección Española de fútbol sala feminino / RFEF

A Selección Española vence con autoridade a Eslovenia (0-9) con varias galegas nas súas filas

11/10/2026
O Burela FS, campión por sétima vez da Copa da Raíña / RFEF

O pavillón da Raña, sede da fase final da Copa da Raíña de fútbol sala

09/10/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.