A excelente segunda volta do HC Deportivo Liceo parece imparable. As verdibrancas colleron carreira e non hai quen as pare.
As xogadoras que prepara o técnico Stanis García regresaron doutra paréntese competitiva con tres novos puntos, esta vez colleitados fronte ó CP Voltregà. Un total de 38 puntos atesoran as herculinas no seu casilleiro. Esta cantidade sérvelles para manterse na sexta posición da OK Liga Iberdrola.
Todo tras un partido táctico disputado no Palacio dos Deportes de Riazor que soubo manexar o HC Deportivo Liceo. O conxunto coruñés foi hábil para repoñerse de todo golpe e aproveitando a maioría das súas oportunidades.
Comezou o grupo liceísta errando unha falta directa, o cal non evitou o 1-0 no minuto 17. Unha por outra. Lucía Yáñez estreábase como anotadora no mellor momento. O CP Voltregà rozou o empate moi pouco despois, pero a pena máxima de Esther Visós fracasou.
Aquel foi un guión calcado ó da segunda metade. Primeiro o 2-0, obra doutra pouco habitual como Ale Martín (gol número dous do curso), e minutos despois outro penalti errado polas catalás (Aina Arxé). A única diferenza estivo en que si conseguiron acurtar distancias mediante Anna Bosch, aínda que o HC Deportivo Liceo xestionou ben a súa vantaxe.
Continúan as boas novas para o conxunto que adestra Stanis García, que o vindeiro sábado 30 deberá visitar ó PHC Sant Cugat (18:00h). Suma e segue para as liceístas na Ok Liga.
FICHA TÉCNICA
2) HC DEPORTIVO LICEO: Viki Caretta; Ale Martín, María Sanjurjo, Alba Garrote e Lara Yáñez – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Naiara Vaamonde, Luchy Paz, Lucía Yáñez, Cris Diz e Mencía Mosquera (meta suplente).
1) CP VOLTREGÀ: Uxue Otegi; Berta Tarrida, Aina Arxé, Esther Vistós e Paula Ferrón – quinteto inicial -. Tamén xogaron:, Anna Bosch, Paula Vilamala, Berta Ferran, Mar Franci e Queralt Sala (meta suplente).
EQUIPO ARBITRAL: Rubén Fernández García. Mostrou cartón azul á patinadora visitante Aina Arxé.
GOLES: 1-0 (Lucía Yáñez, min. 17). 2-0 (Ale Martín, min. 30). 2-1 (Anna Bosch, min. 42).
INCIDENCIAS: Xornada 22 da OK Liga Feminina 21/22. Pazo dos Deportes (A Coruña).