• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Opinión

O deporte, tamén en galego

Silvia Carregal

Silvia Carregal por Silvia Carregal
17/05/2021
en Opinión
107
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Cando artellamos As Nosas, antes de que este proxecto fose pouco máis ca un arrouto, un: “oíche… e se o facemos?”; desde o mesmo momento da súa concepción, As Nosas pensouse en galego. E levamos xa máis dun ano contándolle ao mundo historias de mulleres do deporte na lingua propia da terra das súas protagonistas.

Ao mesmo tempo que pensamos que era preciso que houbese un espazo informativo que recollese e visibilizase o que a muller estaba a facer no deporte en Galicia, vimos tamén necesario que esa narración se fixese en galego. Hai tantos eidos da vida nos que aínda nos custa pensar en galego, que quixemos sumar o noso grao de area para normalizar o uso desta lingua nosa desde algo que amamos: o deporte.

Levamos máis dun ano contándolle ao mundo historias de mulleres do deporte na lingua das súas protagonistas: o galego

Neste Día das Letras Galegas, a Real Academia Galega convídanos a homenaxear a Xela Arias, unha muller lucense e brava, inconformista, unha poeta transgresora, libre e de versos espidos, cunha escrita urbá que arrecendía e aínda arrecende modernidade e rebeldía.

Nunha conferencia que Xela Arias impartía na Universidad Complutense de Madrid aló polo ano 1989 a autora e tradutora de Sarria (Lugo) reflexionaba sobre como usamos o galego para uns ámbitos e non para outros. Atinaba en plantexar o debate dalquela e tamén agora.

Dicía así, Xela ante aquel público universitario na cidade de Madrid:

Ilustración de Xela Arias
Xela Arias

“Quere iso dicir que Galicia ten aínda hoxe os seus mitos, a súa tradición sen resolver porque ten aínda sen resolver a aceptación do seu propio idioma.

Porque sabe cava-la terra, recolle-las nasas ou fabricar un transatlántico en galego, pero aínda empeza a aprender a saír de copas ou facer un trapicheo urbano calquera en galego.

Porque o currante da fábrica de Citroën sabe comer en galego cos seus compañeiros pero aínda dubida se será bo para o seu fillo aprende-las matemáticas en galego, porque o mesmo mito que escoitou na súa infancia á inutilidade do seu propio idioma, aínda o ronda…”

O texto é de 1989. Na Galicia de 2021 non demos mudado ese sentimento de inutilidade que nos ronda por un de fachenda que nos encha o peito, e aínda dubidamos se estudar matemáticas en galego fará que a rapazada entenda peor un concepto que se expresa na súa propia notación simbólica: 1+1=2. Resulta que a propia matemática amósanos que todo suma, as diferentes linguas, tamén.

Nós coma pobo non rematamos de apreciar a riqueza que nos aporta culturalmente gozar dunha lingua propia. Eis un sentimento de inferioridade que non remato a comprender e que parece non esgotarse por moitas xeracións que se sucedan nesta terra.

Pero o certo é que o galego serve para comunicármonos en todos os eidos da vida. No deporte, tamén. Igual que o inglés, portugués, o checo, o francés, o castelán, o bengalí ou o chinés.

O certo é que o galego serve para comunicármonos en todos os eidos da vida. No deporte, tamén. Igual que o inglés, portugués, o checo, o francés, o castelán, o bengalí ou o chinés.

Simplemente aquí, en As Nosas, no canto de falar de goalkeepers, futebol, attaquant, córners, victoire, player, soccer, Basketbalový koš, roh o pruebas de relevos… O que narramos son trunfos, vitorias, substicións, cartóns vermellos, saques desde o curruncho, pinchacarneiros, recurtes, rexeites, cambadelas, canastras, triplas, temos dianteiras, peches, e gardamallas, falamos de partidos adiados, de balóns que se escorregan, de remudas de 4×100, de padexeiras que vogan…

A esencia é a mesma: deporte, esporte, sport…

O deporte pódese comunicar en galego.

En As Nosas, facémolo acotío e niso, somos únicas.

Etiquetas As NosasDía das Letras GalegasgalegoopiniónReal Academia GalegaSilvia CarregalXela Arias
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas
Silvia Carregal

Silvia Carregal

Licenciada en Xornalismo e máster en xornalismo dixital. Directora de As Nosas. En 1994 iniciu súa andaina como xornalista deportiva. Ten traballado en televisión, prensa, radio, medios dixitais e axencias, asumindo diferentes responsabilidades entre das que estivo a de xefa de deportes. Nos anos oitenta participa, como xogadora, na fundación do Sal-Lence Fútbol Sala. Como xornalista puxo en marcha o espazo Ellas También Juegan adicado á visibilización do papel da muller no deporte en Galicia. En 2013 o colectivo MUDEGA premia a súa traxectoria xornalística pola achega á hora de visibilizar o deporte feminino galego.

KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A Xunta entrega á Federación Galega de Remo unha embarcación skiff / XUNTA DE GALICIA

As 287 entidades beneficiarias das axudas para equipamento deportivo da Xunta xa poden pedir o anticipo do 100%

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
A Xunta entrega á Federación Galega de Remo unha embarcación skiff / XUNTA DE GALICIA

As 287 entidades beneficiarias das axudas para equipamento deportivo da Xunta xa poden pedir o anticipo do 100%

13/11/2025
Real Sociedad vs Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA ten rival para os 8.º de final da Copa da Raíña

11/11/2025
A ximnasta galega Melania Rodríguez / FIG

Melania Rodríguez fai historia: Segundo ouro mundial en dobre mini tramp

11/11/2025
Sara del Castillo, campioa de España Sub-17 e Inés Poncela, subcampioa, xuntas foron prata en dobres femininos / FEDERACIÓN GALEGA DE BÁDMINTON

BÁDMINTON | Sara del Castillo, campioa de España Sub-17 con Inés Poncela como subcampioa

10/11/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.