A palabra clave é evolución. Gañar importa, e moito. Ao final da competición relamente é o único que conta. Pero o Dépor ABANCA, que case non tivo pretempada, é un equipo claramente en construción. Por iso as galegas, máis que saír ao campo á procura dun triunfo, que tamén, saltarán moi probablemente pensando na súa propia evolución como equipo nesta Primeira Ibedrola da tempada 2020 – 2021.
O RC Deportivo quere volver namorar sobre o tepe. Non renuncia a volver ser o centro das miradas do fútbol femino español. E sabe que iso pasa por recuperar a frescura e o bo fútbol que foi quen de pór en marcha a tempada pasada. Esta, pese ás baixas e o tempo de acoplamento das novas futbolistas, non ten por qué non pasar o mesmo.
Manu Sánchez, entrenador do Dépor ABANCA: “Non é bo obsesionarse con conseguir a vitoria. É importante, non es algo que teña que descobrir eu, pero paréceme máis importante non cometer erros e axustar certos mecanismos que nos está a costar. Iso vainos achegar máis ás vitorias”
Mesmo o adestrador das branquiazuis teno claro e explicaba en rolda de prensa que non é bo “obsesionarse con conseguir a vitoria. É importante, non es algo que teña que descobrir eu, pero paréceme máis importante non cometer erros e axustar certos mecanismos que nos está a costar. Iso vainos achegar máis ás vitorias”.
Non acacha Manu Sánchez que ás braquiazuis fáltalles “esa certa rodaxe, ese acoplamento que hai que facer na pretempada e que non puidemos facer. Estamos tranquilos. As xogadoras están confiadas. Imos seguir a progresar e buscar os puntos canto antes”.
Paseniño e con pasos firmes, sen pés de barro. Así parece quere reconstruir Manu Sánchez o Dépor ABANCA de cara a este curso 2020-21.
O Dépor ABANCA viaxa sen Helena Torres nin Cris
Esta fin de semana toca xogar lonxe de Abegondo. Visitan as de Manu Sánchez nada menos que ao RCD Espanyol. E para esa saída son baixa Helena Torres e Cris, bajas por lesión. O partido vaise xogar o domingo 18 de outubro ás 12:30 horas na Ciudad Deportiva Dani Jarque.

No penúltimo adestramento antes de poñer rumbo a Barcelona, o do venres, Cris sufría unha escornadura de nocello. As deportivistas aínda adestrarían unha última vez na Cidade Deportiva de Abegondo antes de pór rumbo á Cidade Condal.
Manu Sánchez, entrenador do Dépor ABANCA: “Xogaremos nun campo de herba artificial ao que non estamos afeitas. É diferente”
Consultado sobre o partido contra o RCD Espanyol, Manu Sánchez admitía que é un encontro “complexo, nun campo de herba artificial ao que non estamos afeitas. É un campo diferente”, advertía o técnico galego. Para Manu Sánchez, as catalás “están nun bo momento. Veñen dunha boa vitoria fóra, contra o Madrid CFF. Nós imos tentar encarar o partido para complicarlles a vida na súa casa”, apunta.

Nas filas pericas o adestrador das branquiazul salienta o papel da futbolista galega Anaïr Lomba. O preparador das deportivistas fala dela como “o pegamento de todas as futbolistas dentro do equipo”.
Manu Sánchez, entrenador do Dépor ABANCA: “Anaïr Lomba é o pegamento de todas as futbolistas dentro do RCD Espanyol”
O adestrador galego pensa no rival pero sobre todo, como deciamos previamente, no progreso do bloque que prepara: “Estamos nese proceso de construción, buscando de que xeito podemos afrontar mellor os partidos. Este ano tenemos maior versatilidade e dependiendo do rival e do campo no que xogemos, poderemos variar bastante nese aspecto. A ver se atinamos coas xogadoras para o que podemos buscar”, explicaba o técnico galego.
Manu Sánchez, entrenador do Dépor ABANCA: “Estamos nese proceso de construción, buscando de que xeito podemos afrontar mellor os partidos. Este ano tenemos maior versatilidade e dependiendo do rival e do campo no que xogemos, poderemos variar bastante nese aspecto.