• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

O Dépor ABANCA visita ao colista para fuxir da cola

As deportivistas xogan en Las Gaunas contra o EDF Logroño mentres Betis e Santa Teresa se miden a rivais da zona media-alta

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
20/03/2021
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
EDF Logroño, rival do Dépor, en Las Gaunas / EDF LOGROÑO

EDF Logroño en Las Gaunas / EDF LOGROÑO

107
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A ocasión é inmellorable para escalar na táboa e emprender a fuxida dos postos de cola. Mentres o Dépor ABANCA visita ao colista, os seus inmediatos predecesores na clasificación, Real Betis e Santa Teresa mídense a UDG Tenerife Egatesa e Madrid CFF respectivamente. En ambos os dous casos, rivais da zona media – alta. Polo que lles custará puntuar.

Así, coa única baixa de Carolina Arbeláez afronta o Dépor ABANCA a súa visita a Las Gaunas, un campo clásico do balompé español. Alí espéralle o faroliño vermello, o EDF Logroño, ao que as galegas aspiran a vencer para seguir na súa liña ascendente e escapar da queima dos postos de descenso. O cruce está marcado para as 12:00 horas de mañá domingo 21 de marzo e o encontro pertence á xornada 23ª da Primera Iberdrola.

O técnico das rioxanas, Javier Moncayo, citou para enfrontarse ás deportivistas as seguintes 20 futbolistas

📋✅ ¡Nuestras 20 jugadoras convocadas para el partido 🆚 @RCDeportivo !
.#SomosEDF🍇 | #EDFLogroñoDeportivo pic.twitter.com/GVaLU2SOz9

— EDF Logroño Femenino (@edflogronofem) March 20, 2021

Mentes que a convocatoria do Dépor ABANCA que fixo Manu Sánchez está conformada polas seguintes xogadoras branquiazuis: Esther Sullastres, Noelia Villegas, Stephannie Blanco, Iris Arnaiz, Michelle Romero, Athenea del Castillo, Alba Merino, Kika Moreno, Gaby, Noe Bermúdez, Helena Torres, Lorena Bedoya, Lady Andrade, Peke, Ainoa, Cris Martínez, Patri López e Eva Dios.

Xustamente a achega da canteirana Eva Dios foi salientada por Manu Sánchez na súa comparecencia previa ao partido contra o EDF Logroño. O técnico deportivista apuntaba que a futbolista foi para el “unha das xogadoras destacadas” no último partido disputado, no que o RC Deportivo ABANCA vencía ao Rayo Vallecano 3-0.

Eva Dios e Carlota Sánchez, fútbolistas do Dépor ABANCA B / RCD
Eva Dios e Carlota Sánchez, fútbolistas do Dépor ABANCA B / RCD

“Estamos falando dunha nena que aínda se está afacendo aos ritmos e aos tempos da Primeira División”, matizaba o adestrador sobre Eva Dios. Manu Sánchez puña en valor que nunha “posición moi atípica para ela, deunos moitísimo traballo en defensa e desequilibrio desde fóra. Estamos moi contentos con ela. Haille que dar tempo para que vaia dixerindo todo isto, a realidade que ten agora. Eva ten a cabeza bastante ben amoblada. Sabe que esto é Primeira División. Se estás á altura, estás, se non o estás, tes que traballar para estalo. Esa é a mensaxe que lle mandamos e a acepta ben”.

Javier Moncayo: “O Deportivo leva unha traxectoria ascendente”

O adestrador do EDF Logroño, Javier Moncayo, comparecía ante os medios para reafirmarse na súa intención de ir a polos tres puntos diante do Dépor. “Buscamos a vitoria”, sinalaba. “Levamos unha dinámica con empates ante rivais da zona alta e imos con boas sensación á disputa dos tres puntos en Las Gaunas”.

O club viño tinto reforzouse nos últimos meses coa chegada de futbolistas como a media punta Shameeka Fishley, unha británica que xogou no Chelsea antes de cruzar o charco e militar na liga estadounidense, e que posteriormente estivo na serie A italiana, e na liga de Islandia. Outro dos reforzos foi a dianteira Lova Lundin, sueca procedente do Umea IK. Polo que as rioxanas recargaron a súa zona de ataque para conseguir maior pegada e efectividade nesta recta final da competición.

EDF Logroño en Las Gaunas / EDF LOGROÑO
EDF Logroño en Las Gaunas / EDF LOGROÑO

Consciente de que o rival é un contrincante directo na loita pola salvación e que tamén acude ao enfrontamento con boas sensacións, o técnico das logroñesas apelaba ao factor cancha e ao alento do público. Declaraba Javier Moncayo que o conxunto galego “leva tamén unha traxectoria ascendente. Saíu dunha situación na que agora estamos nós, pero xogamos en Las Gaunas. Temos posibilidades de conseguir os tres puntos aínda que elas leven unha boa dinámica. O público da puntos. O outro día empurrounos e espero que este domingo tamén o faga”.

Javier Moncayo apuntaba que o bloque que adestra vese capaz. “Vexo ás miñas xogadoras moi mentalizadas, moi involucradas e con fame de lograr unha vitoria que hai tempo que non acadamos. O noso plantexamento só se basa na vitoria”, advertía. “Queremos manter a nosa portaría a cero e acadar un mellor balance ofensivo, aí estamos escasas”, admitía o preparador do EDF Logroño.

🔊 @JJmoncayo : ”Veo a las jugadoras muy involucradas, muy mentalizadas y con mucho hambre de conseguir una victoria”
🔜🆚 @RCDeportivo https://t.co/ltEGF4VOYE

— EDF Logroño Femenino (@edflogronofem) March 20, 2021

Manu Sánchez: “Teñen diferentes armas, imos ver que leva o gato á auga”

Pola súa parte, na rolda de prensa previa a o desprazamento, Manu Sánchez opinaba sobre o conxunto rioxano destacando que “ten unha moi boa base de traballo”. Nese sentido destacou o labor desenvolvido polo ex adestrarod Gerardo García “tanto o ano pasado como este, fixo que fose un equipo que nos encandeou a moitos. Sobre esa base agora Javier Moncayo está pincelando a súa estrutura”, analizaba o preparador coruñés.

Non vai confiado o técnico coruñés a medirse as  Escuelas de Fútbol Logroño, un equipo do que advirte: “pode desenvolver diferentes armas, estilos…”. Con todo, Manu Sánchez é precavido pero ambicioso e optimista e remataba a súa reflexión sobre o conxunto rival do RC Deportivo ABANCA dicindo “Imos ver quen se pode levar o gato á auga”.

Manu Sánchez, adestrador do Dépor ABANCA en rolda de prensa / RCD
Manu Sánchez, adestrador do Dépor ABANCA en rolda de prensa / RCD

Ambos conxuntos teñen as ideas claras e o traballo feito entre semana, así que está preparados para medir forzas sobre o tepe. Como apuntaban neste chío desde o conxunto viño tinto, todo está xa listo tamén en Las Gaunas. Será, a todas luces un enfrontamento no que ambas as dúas escuadras son conscientes do que se xogan no campo e de que deberán deixarse a pel nesta cancha mítica do fútbol español, para loitar pola permanencia na elite do fútfem estatal. O espectáculo está garantido, aínda que, nesta ocasión, non haberá televisión para poder seguir a As Nosas deportivistas na distancia.

👊🏻✊🏼 Todo listo en #Logroño para el último #entrenamiento antes de enfrentarnos al @RCDeportivo en el partido correspondiente a la @PrimerIberdrola
.#VamosMiLogroño #HastaElUltimoMinuto #FamiliaVinoTinto pic.twitter.com/jbdwxN0rXD

— EDF Logroño Femenino (@edflogronofem) March 20, 2021

Xa se xogaron catro partidos da xornada 23ª

En xornada de sábado xa se disputaron os seguintes cruces desta vixesimo terceira xornada de liga na Primera Iberdrola:

  • Athetic Club – Valencia FCF 2-0
  • SD Eibar – RCD Español 0-1
  • Sporting de Huelva – At. Madrid 1-0
  • Rayo Vallecano – FC Barcelona 0-4

Para a xornada dominical restan os seguintes enfrontamentos:

  • Real Betis Balonmpié – UDG Tenerife Egatesa
  • CD Santa Teresa – Madrid CFF
  • Real Sociedad- Sevilla FC
  • Real Madrid – Levante UD
  • EDF Logroño – RC Deportivo ABANCA

Arbeláez foi intervida no Quirón

Polo que respecta á única baixa deportivista nesta xornada, a colombiana Carolina Arbeláez foi sometida a unha intervención ambulatoria no Hospital Quirón Salud da Coruña para aliviar os problemas que ten no lombo. O seu entrenador no Dépor explicaba que a futbolista está “en tratamento cos médicos e xa comeza a ver o sol. Ese sol que se está a ver na Coruña estes días, tamén o ve ela. Estamos moi contentos de que vai a mellor”.

Manu Sánchez: “O Dépor leva vivindo no barro desde a primeira xornada e fomos capaces de refacernos e manter mente competitiva”

 

Etiquetas Carolina ArbeláezDépor ABANCAEDF LogroñoEva DiosfútbolJavier MoncayoLas GaunasLogroñoManu SánchezRC DeportivoRCD
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

por Silvia Carregal
13/08/2026
0

Dous goles, un de Millene e outro de Eva Dios, deron o triunfo ao Dépor ABANCA no 14.º Trofeo Teresa...

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Coñece o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

A tempada 2026-2027 comezará cun tinte favorable para as herculinas do Dépor ABANCA: xogarán o primeiro partido en casa. A...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.