O Dépor ABANCA recibe ao Santa Teresa mañá sábado 31 de outubro ás 13:00 horas na Cidade Deportiva de Abegondo e as baixas obrigan as coruñesas a tirar de futbolistas da canteira na convocatoria. O partido ía se disputar inicialmente con público. Sería o día do reencontro de As Nosas Deportivistas coa súa bancada. Pero as restricións impostas hoxe na cidade da Coruña, que pasa a ter un confinamento perimetral, levaron ao RC Deportivo a tomar a decisión de xogar o partido a porta pechada.
A lista de convocadas por Manu Sánchez para este enfrontamento futbolístico conta con tres xogadoras da canteira branquiazul e a novidade de Helena Torres e é a seguinte:
Un cento de seareiras ían a poder animar desde as gradas ás deportivistas, pero a situación sanitaria provocada pola pandemia de COVID-19 está a castigar á cidade herculina.
Na mañá do venres a Xunta de Galicia anunciaba diferentes restricións para varias cidades galegas. Entre delas estaba o peche perimetral da Coruña. Así que o alento da xogadora número 12 do equipo branquiazul, terá que agardar. O primeiro é o primeiro, e agora toca protexer a saúde de toda a comunidade.
Na rolda de prensa previa a o partido, o adestrador coruñés, Manu Sánchez, resaltaba a importancia de “sumar e referendar o traballo que estamos a facer estes últimos días para corrixir erros”.
O Dépor ABANCA recibe en Abegondo, na 4ª xornada da Primera Iberdrola , a un equipo complicado, que coñece a categoría e que pode poñerlle as cousas difíciles ás branquiazuis. As estremeñas do Santa Teresa ocupan a undécima praza na táboa clasificatoria con un partido gañado, un perdido e un empatado. En total acumulan catro puntos no seu casilleiro.
Manu Sánchez, adestrador do Dépor ABANCA: “Chegamos a este partido con moitísimas ganas. O equipo está moi motivado para o partido, desexando que chegue. Facer un bo partido e corrixir erros”
Por contra, o RC Deportivo ABANCA é penúltimo. Aínda no sabe o que é sumar. Conta todos os seus partidos, tres, como derrotas, e quere gañar e mellorar canto antes. Dicía o adestrador das galegas que chegaban a esta xornada con “moitísimas ganas, o equipo está moi motivado para o partido, desexando que chegue. Facer un bo partido e corrixir eses erros, que eu creo que nos vai a achegar a sumar puntos non só este sábado senón en diante”. Pero as lesións complican máis as cousas e obrigan ao adestrador a botar man da canteira para completar a convocatoria.
Manu Sánchez, adestrador do Dépor ABANCA: “Temos que incidir na concentración, no que temos que buscar con balón, en temas de vixilancias defensivas, que o equipo estea un pouco máis xunto, que haxa menos espazos para o rival e buscar a mellor maneira posible para facerlles dano a elas”.
Sen Peke, Arbeláez, Cris e Kenni, entran da canteira María Calvo, Eva Dios e Tati
Para este partido o Dépor ABANCA perde efectivos. Tal e como explicaba en rolda de prensa o técnico das galegas “Kenni, ten uns problemas nos isquiotibiales. Carolina Arbeláez, lesionouse ante el Espanyol no nocello. Cris, anda a voltas cun esguince de nocello; e Peke está enferma”. O propio técnico avisou que nin está illada nin a súa doenza ten nada que ver coa COVID-19″.
Todas estas ausencias fan que o RC Deportivo tire de canteira. Manu Sánchez convocou para este cruce a tres xogadoras do filial, o Dépor ABANCA B: María Calvo, Eva Dios e Tati.
De cara á mellora do equipo, Manu Sánchez pretende que as súas futbolistas incidan “na concentración, no que temos que buscar con balón, en temas de vixilancias defensivas, que o equipo estea un pouco máis xunto, que haxa menos espazos para o rival e buscar a mellor maneira posible para facerlles dano a elas. O que era nosos acenos de identidade reforzalas e pór o acento sobre elas para que volvamos ter esa consistencia como bloque”.
Juan Carlos Antúnez: “O Dépor ten podido puntuar e gañar”
O adestrador do Santa Teresa, Juan Carlos Antúnez, puña en valor o xogo realizado polas branquiazuis no que vai de Liga. “Non pezaron ben”, admite ao tempo que matiza que “sen embargo, as sensacións son boas. Teñen podido puntuar e gañar nalgún partido”.
Antúnez, entrenador do Santa Teresa: “O Dépor xoga moi ben co balón. Ten unha liña de xogo moi identificada, trata moi ben o balón e sabe saír desde atrás xogando”
Na opinión do técnico visitante, o Dépor ABANCA non deixa de ser o cuarto clasificado da competición o pasado ano, destaca que conta nas súas filas con “dúas internacionais na parte de arriba”. Na súa análise salienta que o equipo galego “xoga moi ben co balón. Ten unha liña de xogo moi identificada, trata moi ben o balón e sabe saír desde atrás xogando” a pelota, explicaba.
Para Juan Carlos Antúnez, o RC Deportivo ABANCA “é un equipo duro que estará arriba ao final da tempada”. Pero advirte que o Santa Teresa “tamén quere puntuar”.
Consultado por como pode afectar o parón ás estremeñas o adestrador explica que na súa opinión os paróns “non veñen ben xa que paras o ritmo de competición”. No caso do Santa Teresa ademais o técnico explicaba que os “tres primeiros partidos foran unha continuación da pretemporada pero sumando puntos. Gústannos as sensacións. Este equipo está ben armado. Pode competir en Primera Iberdrola aunque con esforzo”.
📷 El primer equipo ya se encuentra en Galicia, concentrado para el #DeporAbancaSantaTeresa de mañana a las 13:00 en Abegondo 🔴⚪💪🏽 #AúpaSanta #PrimeraIberdrola pic.twitter.com/UA76saU0ah
— Civitas Santa Teresa Badajoz (@SantaBadajoz) October 30, 2020
Ao respecto dos cinco partidos en 15 días que terán que disputar ten claro que “os cinco partidos son para todas” e advirte que “ningunha xogadora da Liga está afeita”, polo que pensa que esta circunstancia “vai sobrecargar a todo o mundo”. Por ese motivo avisas de que serán importantes “as rotacións e os cambios. Hai que extraerse tamén do aspecto psicolóxico. Logo aínda teremos por diante moitos partidos”, apunta.
4ª Xornada Primera Iberdrola
Na fin de semana de paso de outubro a novembro vaise disputar a cuarta xornada da Primera Iberdrola cos seguintes partidos e horarios:
DATA | HORARIO | PARTIDO |
Sábado, 31 outubro | 12:00 h. | Real Betis Balompié-FC Barcelona |
Sábado, 31 outubro | 12:00 h. | RCD Espanyol-SD Eibar |
Sábado, 31 outubro | 13:00 h. | RC Deportivo de la Coruña-CD Santa Teresa |
Sábado, 31 outubro | 13:30 h. | Madrid CF Femenino-Real Sociedad |
Sábado, 31 outubro | 16:00 h. | Valencia Féminas CF-Athletic Club |
Domingo, 1 novembro | 11:00 h. | Rayo Vallecano-UD Granadilla Tenerife |
Domingo, 1 novembro | 11:30 h. | Sevilla FC-Sporting de Huelva |
Domingo, 1 novembro | 14:00 h. | Levante UD-Real Madrid CF |
Domingo, 1 novembro | 16:15h. | Club Atlético de Madrid-CDEF Logroño |
Nesta 4ª xornada, na Primera Iberdrola o Xuíz de Competición decidiu suspender o partido que tiñan que disputar o domingo o Levante UD e o Real Madrid. O cruce adíase por mor da comunicación por parte do Levante UD dun caso positivo por COVID-19.
Manu Sánchez quere recuperar “os nosos acenos de identidade”