• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

O Dépor ABANCA suma a cuarta derrota consecutiva (1-2)

As branquiazuis caen diante do Santa Teresa pese a amosar un bo xogo na segunda metade

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
31/10/2020
en Liga Iberdrola Fútbol, Fútbol
Dépor ABANCA unido baixo un único latido / RCD

Dépor ABANCA / RCD

73
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Cae o Dépor ABANCA en Abegondo e suma catro derrotas seguidas, algo inédito para as galegas en Liga. As deportivistas acudían ao cruce co Santa Teresa con baixas significativas en diferentes liñas. A primeira parte non amosou a súa mellor faciana e, pese a que na segunda o xogo branquiazul mellorou moito, acabou pagandoo cunha derrota por 1-2 na casa. A boa nova foi o debut co primeiro equipo coruñés da xogadora galega do filial Eva Dios. 

Quecemento rematado en Abegondo! Ás 13:00 h., #DéporABANCASantaTeresa #TocaVolverseMollar ⚽️ #UnÚnicoLatido 💙 #razónDÉcorazón pic.twitter.com/s2kZdkzDE7

— RC Deportivo (@RCDeportivo) October 31, 2020

O conxunto deportivista chegaba ao cruce coas destadas ausencias de Peke, Arbeláez, Cris e Kenni. A cambio entraban na convocatoria rapazas do segundo equipo: María Calvo, Tati e Eva Dios, quen remataría por ter minutos.

As coruñesas recibiron o primeiro gol antes de cumplirse os dez minutos de xogo. O 0-1, obra de Mascaró, xurdía dun pase en profundidade de Belén ao que Patri Mascaró foi quen de sacar proveito ao vencer no man a man á cancerbeira local Noelia Bermúdez. 

Coa defensa máis adiantada do habitual, o Dépor ABANCA deixaba ocos na zaga que as estremeñas utilizaban para levar perigo á meta deportivista. Ademais as de Manu Sánchez estaban obrigadas a buscar a remontada e adiantar liñas. Pero as coruñesas ían a remolque no marcador fronte a un rival que agardaba cómodo a súa oportunidade cun resultado que lles era favorable no electrónico de Abegondo.

Quecemento rematado en Abegondo! Ás 13:00 h., #DéporABANCASantaTeresa #TocaVolverseMollar ⚽️ #UnÚnicoLatido 💙 #razónDÉcorazón pic.twitter.com/s2kZdkzDE7

— RC Deportivo (@RCDeportivo) October 31, 2020

Intentos sen éxito e novo mazazo

As herculinas volcáronse na área rival con intentos de Kika Moreno, Iris Arnáiz e Noelia Villegas. Pero Yolanda Aguirre estivo expléndida baixo paus e conxurou o perigo da súa meta unha vez tras outra.

Sen embargo, xusto canto máis o tentaba o Dépor ABANCA, chegou o segundo do Santa Teresa. Xustamente Belén, que dera o pase no primeiro tanto, foi quen asinou o segundo tanto das estremeñas. Corría o minuto 31 e esa volta a sacar de medio campo supuxo un mazazo anímico ás coruñesas 0-2.

Tras o paso por vestiarios quedaban na caseta Gaby e Kika, deixando o seus postos para Lady Andrade e a galega Lía Muíños. Manu Sánchez quería que o seu Dépor mandase sobre o tepe abegondés, e conseguiu. Os segundos 45 minutos foron de dominio branquiazul.

Chega o premio do gol pero non evita a derrota

Foi precisamente unha combinación entre Lady Andrade e Helena Torres (que entraba no equipo nesta xornada) a que transformou o control do xogo local en gol. Andrade entrou pola zona de extremo esquerdo e enviou o esférico á área pequena onde Torres so tivo que empuxala para poder achegar ás branquiazuis no marcador 1-2.

O Dépor ABANCA seguiu mandando e colleitando ocasións, pero o empate non chegaba. Alba Merino ou Lía foron algunas das que contaron con oportunidades claras diante de Yolanda Aguirre. De feito, a ocasión máis clara foi de Alba Merino xa en tempo engadido. Pero ás veces a redonda non quere entrar, e hoxe foi un deses días. O partido rematou cun resultado de 1-2 e derrota para as locais.

A nota positiva, o debut de Eva Dios

Que unha xogadora do filial debute co primeiro equipo é sempre unha boa nova. Hoxe foi un deses días para festexar o paso adiante dunha futbolista do segundo equipo branquiazul. No minuto 75, Helena Torres, autora do gol, deixaba o seu sitio no campo a Eva Dios. 

#DéporABANCASantaTeresa: cambio n #asnosas no minuto 75, Eva Dios entra no lugar de Helena Torres#TocaVolverseMollar ⚽️ #UnÚnicoLatido 💙 #razónDÉcorazón pic.twitter.com/PiD3Ofk8lx

— RC Deportivo (@RCDeportivo) October 31, 2020

Trátase dunha deportistas da Illa de Arousa que chegou ao Dépor ABANCA B logo dunha traxectoria deportiva na que o fútbol sala e o fútbol 11 conviviron, como sucede noutros moitos casos. Empezou xogando co Céltiga cando era unha nena. Defendeu as elásticas do Portonovo, Victoria FC e Viajes Interrías. No fútbol sala chegou a militar no Poio Pescamar e no O Fisgón de Marín.

Eva Dios, ten dificultades auditivas. A sordeira nunca foi un problema para esta futbolista que goza acariñando a redonda e que hoxe deu un paso máis na súa carreira deportiva ao debutar na máxima categoría do fútbol español.

O Dépor, coa mirada posta no seguinte reto

Xa o dicía en rolda de prensa antes do partido Manu Sánchez, o Dépor ABANCA ten diante de si quince días de non parar. Así que se tempo a dixerir o resultado co Santa Teresa CD, mañá mesmo As Nosas deportivistas voltan ao campo. Están citadas ás 10:00 horas no mesmo escenario onde hoxe caían derrotadas, a Cidade Deportiva de Abegondo. O mellor lugar para volverse erguer.

O calendario de competición chega apretando ás futbolistas da Primera Iberdrola. No caso das deportivistas, toca preparar o cruce que terán o vindeiro mércores, 4 de novembro ás 16:00 horas nada menos que co Real Madrid. As branquiazuis visitan ás merengues, o conxunto no que milita este ano a galega ex deportivista Tere Abelleira. 

Ao final do partido, na súa conta de Twitter o técnico coruñés, Manu Sánchez. reflexionaba asumindo que a situación do equipo non é a idónea pero mirando cara ao futuro. Concretamente facía exame de conciencia, non tiraba balóns fóra e explicaba: “Moi consciente de que lle estamos a fallar ao deportivismo. Pero sobre todo a nós mesmas. Este é o noso inicio. Na nosa man está mudar o camiño e o final. Mañá, a partir das 10:00 horas, empezamos…”

Muy conscientes de que le estamos fallando al deportivismo
Pero sobretodo a nosotras mismas
Este es nuestro inicio
En nuestra mano está cambiar el camino y el final
Mañana a partir de las 10h empezamos… pic.twitter.com/Q1tUIEINX8

— Manu Sánchez (@ManuSanchez04) October 31, 2020

A resposta da afición deportivista ao chío do míster non se fixo esperar. Pese á derrota, e conscientes que xa van catro seguidas, da reflexión do adestrador penduran unha morea de mensaxes de alento. Abundan as palabras como “ánimo”, “Imos” ou mensaxes como “quen dixo medo”, “confiamos no voso traballo” ou “nas malas, moito máis”.

Unha vez más, a afección branquiazul amosa o seu respaldo incondicional As Nosas deportivistas.

FICHA TÉCNICA

RC DEPORTIVO: Noe Bermúdez, Patri López (Michelle, min 85), Ainoa, Blanco, Noelia Villegas, Alba, Iris Arnáiz, Gaby (min 46, Lía), Kika Moreno (Lady Andrade, min 46), Helena Torres (Eva Dios, min 75) e Athenea del Castillo.

SANTA TERESA: Yolanda Aguirre, Caeley Lordemann, Parralejo, Van Slambrouck, Mascaró (Lisette Tammik, min 64), Estefa, Belén, Mireya (Nayadet, min 64), Raquel Ayuso, Blanca (Sini Laaksonen, min 89) e Amanda Visco.

GOLES: 0-1, min 9: Mascaró; 0-2, min 32: Belén; 1-2, min 54: Helena Torres.

ÁRBITRO: Olatz Rivera Olmedo. Amosou cartón a Alba M. (7′) e Ainoa (51′) por parte do RC Deportivo ABANCA E e Belén (22′), Mascaró (38′) e Caeley Lordemann (55′) do Santa Teresa CD.

INCIDENCIA: Partido correspondiente á 4ª xornada da Primera Iberdrola disputado na Cidade Deportiva de Abegondo. Xogouse a porta pechada por mor da situación sanitaria a causa da pandemia de COVID-19.

Etiquetas Dépor ABANCAEva DiosfútbolHelena TorresRC DeportivoRCDSanta Teresa
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Coñece o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

A tempada 2026-2027 comezará cun tinte favorable para as herculinas do Dépor ABANCA: xogarán o primeiro partido en casa. A...

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.