Tres son as baixas que presenta o Dépor ABANCA para o cruce contra o Rayo Vallecano que xoga mañá, domingo 28 de febreiro, ás 12:00 horas na Ciudad Deportivo Fundación Rayo Vallecano. Manu Sánchez non poderá contar con Noelia Villegas (por sanción), e as lesionadas Lady Andrade e Carolina Arbeláez.
Tal e como confirmaba en rolda de prensa o técnico deportivista, á baixa xa esperada por sanción de Noelia Villegas (que foi expulsada no partido ante o Real Betis), súmanse á de Carolina Arbeláez, que non remata de recuperarse, e Lady Andrade que levaba un golpe no último partido. “Carolina sigue aí co tratamento coos médicos e Lady continúa con molestias logo desa contusión que tivo no xeonllo”, daba conta o adestrador das galegas na rolda de prensa previa o partido.
#AsNosas convocadas para unha nova xornada de #PrimeraIberdrola. O domingo ás 12:00 h. na Cidade Deportiva Fundación Rayo Vallecano: #RayoFemeninoDÉPORABANCA#TocaVolverseMollar ⚽️ #UnÚnicoLatido 💙 #razónDÉcorazón pic.twitter.com/dJC6hIKz45
— RC Deportivo (@RCDeportivo) February 26, 2021
Así, a convocatoria do conxunto coruñés para este partido está composta por: Esther Sullastres, Blanco, Iris Arnaiz, Michelle, Athenea del Castillo, Alba Merino, Kika Moreno, Gaby, Noe Bermúndez, Helena, Bedoya, Peke, Ainoa, Cris Martínez, Carlota, Patri López, Eva Dios e María Figueroa.
O desta matinal de domingo é un artido adiado da sétima xornada que está pendente desde o 5 de novembro por positivos en COVID-19. As casualidade desta tempada tan atípica, fan que, en so unhas semanas, sexa o Rayo Vallecano o que visite Abegondo xa nun partido da segunda volta. “Son os caprichos deste calendario que estamos sufrindo con tema do coronavirus”, apuntaba o técnico coruñés ao respecto desta circunstancia.
O Dépor adestrou en San Tirso en herba artificial
Para adaptarse á superficie sintética do campo no que xogará esta fin de semana, o Dépor ABANCA adestrouse no campo de herba artificial do Monte, en San Tirso, tamén no municipio de Abegondo.
E non selle da mal a superficie sintética ás deportivistas xa que, tal e como destacaba o entrenador branquiazul: “Paradóxicamente, levamos máis puntos en campos de herba artificial que en natural nesta tempada. Non podo dicir que nos veña nin ben, nin mal”. Con todo, avisaba Manu Sánchez que “máis que o céspede artificial, o problema que ten a Ciudad Deportiva do Rayo Vallecano son as dimensións do campo: excesivamente reducido, abierto ao aire… Un campo complicado pero igual para os dous equipos. Así que non debera ser unha excusa”, comenta Manu Sánchez.