PUBLICIDADE - DEPORTE GALEGOPUBLICIDADE - DEPORTE GALEGOPUBLICIDADE - DEPORTE GALEGO

Nova final para o Dépor ABANCA coa visita a Abegondo do Granada CF, outro aspirante ao ascenso

Irene Ferreras recupera para este choque a Millene

En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O Dépor ABANCA recibe esta fin de semana en Abegondo a outro rival directo na loita polo ascenso de categoría. Nesta ocasión é o Granada CF. A cita é hoxe, sábado 1 de abril a partir das 12:00 horas con transmisión a través da canle de Youtube RC Deportivo. O partido corresponde á 25ª xornada na Primera Federación Iberdrola da RFEF.

Chega o Dépor ABANCA a esta xornada ubicado na terceira praza da táboa con 42 logo do empate colleitado en Córdoba. Teñen As Nosas deportivistas os mesmos puntos que o CDF Osasuna Femenino. Por diante delas vai a SD Eibar que é 2ª con 43 puntos. O líder continúa sendo o FC Barcelona B, con 49 puntos. Hai que lembrar que ao ser filial non pode ascender así que o ascenso directo sería agora mesmo para a SD Eibar. O quinto lugar con 41 puntos é, precisamente, para o Granada CF, rival das galegas hoxe.

A adestradora do Dépor ABANCA, Irene Ferreras, recupera para este choque a Millene, que non viaxou a Córdoba a semana pasada a consecuencia dunha lumbalxia. Paula Monteagudo será a representante do filial, da nosa canteira deportivista. A convocatoria ten a 18 futbolistas citadas e son estas:

A adestradora deportivista, Irene Ferreras, congratulouse na previa ao partido, na sala de prensa, de “ter a todo o cadro dispoñible, adestrando con moita enerxía”.

Desvelaba Irene Ferreras que “cando as cousas non saíron do todo ben e empeza a semana custa levantarche; cando as cousas se torcen hai que tirar de disciplina. Foi unha semana de cambio de mundo. Revertemos unha situación emocional que nos estaba minguando un pouquiño. Estou moi satisfeita e moi contenta co que respirei estes días”.

Ve a un equipo “con ganas de quitarse esa tensión, de volver ser o Dépor ABANCA que estabamos afeitos ver sobre todo aquí en Abegondo. Estou moi contenta por iso. Moitas veces poñemos o foco no adestramento, na formulación de partidos e o máis importante é que a cabeza che permita estar tranquilo e ter a calma suficiente como para crer nisto”.

No partido da primeira volta, disputado o pasado 15 de xaneiro na Ciudad Deportiva del Granada CF, venceron as deportivistas cun gol de Ainhoa Marín no minuto 70. O encontro foi accidentado posto que Laura Fernández, nun choque fortuíto con Henar Muiña, viuse obrigada a pasar por un centro hospitalario para suturar unha ferida na cella e ser sometida a observación.

O Dépor ABANCA chega ao encontro após un empate (1-1) logrado en Córdoba no tempo engadido. Pola súa banda, as granadinas preséntanse en Abegondo após derrotar (2-0) no seu campo ao Athletic Club B a pasada fin de semana.

Lonxe do seu campo, o Granada CF é un equipo perigoso, posto que suma 5 vitorias, 3 empates e 4 derrotas. Caeu ante o SE AEM (1-0), Cacereño Femenino (2-1), Athletic Club B (1-0) e CDF Osasuna Femenino (2-0); empatou co UDG Tenerife B (1-1), SD Eibar (1-1) e Rayo Vallecano (1-1); e gañou ao CD Juan Grande Ginelux (1-2), CD Alba Fundación Femenino (0-1), Real Oviedo (0-2), Córdoba CF (1-2) e DUX Logroño (1-2).

Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas