PUBLICIDADE - DEPORTE GALEGOPUBLICIDADE - DEPORTE GALEGOPUBLICIDADE - DEPORTE GALEGO

Sumar de tres para ser líderes

O Dépor ABANCA recibe á SD Eibar e ten a tiro recuperar a primeira praza na Primera Federación

En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Duelo en todo o alto da táboa en Abegondo na Primera Federación. O Dépor ABANCA recibe ás líderes,  SD Eibar, coa rotunda intención de sumar de tres e quitarlles o liderato. O partido terá lugar na Cidade Deportiva de Abegondo, mañá, sábado 29 de outubro, a partir das 12:00 horas e será retransmitido en directo pola canle de Youtube do RC Deportivo). O cruce corresponde á sétima xornada. A adestradora deportivista avisaba na previa “Xogamos na casa e queremos os tres puntos”.

O Dépor ABANCA é segundo na táboa de Primera Federación FutFem con 13 puntos. O seu rival, a SD Eibar, é líder con 16. As matemáticas deixan claro que se as galegas vencen, será líderes novamente da categoría.

Deportivistas e eibarresas víronse as caras en terras asturianas en pretempada. Aínda que obviamente nese tempo de preparación os equipos está por facerse, o certo é que o Dépor ABANCA xa sabe o que é perder a SD Eibar este ano. Aquel partido foi a única derrota das galegas no verán. Prodúxose pola mínima, cun marcador de 1-2. Desde agosto a este mes de outubro, ambos os dous equipos evolucionaron.

SD Eibar / TW SD EIBAR
SD Eibar / TW SD EIBAR

A adestradora das deportivistas, Irene Ferreras, cualificaba aquel partido como “unha experiencia previa”. A técnica sabe que “a SD Eibar, do mesmo xeito que nós, evolucionaría. Baseámonos máis en partidos máis recentes que puidemos analizar e que puidemos ver”.

Irene Ferreras augura sobre o cruce coa SD Eibar: “Creo que imos ver un partido moi bonito e moi competido”

Con todo, daquel partido en Asturias Irene Ferreras explicaba aos medios de comunicación na rolda de prensa previa que lle gustara “especialmente porque nos expuña a un tipo de fútbol e a un xogo que nos custaba máis. Creo que o equipo vai dando pasos niso. Sabemos que facetas temos que ter moi controladas, conscientes de que nin elas son as mesmas nin nós as mesmas que nos enfrontamos en pretemporada. Creo que imos ver un partido moi bonito e moi competido”.

Dúas lesionadas no Dépor ABANCA: Carlota Sánchez e Letti Sevilla

Nesta sétima xornada, a coruñesa Carlota Sánchez súmase á lista de lesionadas que estaba integrada nas últimas xornadas unicamente por Letti Sevilla.

No caso de Carlota Sánchez, xa informabamos en As Nosas de que sofre unha lesión muscular que podía apartala do equipo. Concretamente ten un problema nos isquiotibiais da perna esquerda. A súa adestradora, confirmaba este extremo: “Tivo un pequeniño problema muscular e probablemente perdámola unha semaniña”.

Carlota, Dépor ABANCA / RCD
Carlota, Dépor ABANCA / RCD

En canto a Letti Sevilla, Irene Ferreras é optimista e di que “pronto se incorporará a facer cousas co grupo. Así que estamos co cadro case ao completo”.

Desde a canteira deportivista súmase á convocatoria a futbolista Noela. Estas son as deportistas que recibiron a chamada de Ferreras para o partido coa SD Eibar. 

Así é a traxectoria da SD Eibar, rival do Dépor ABANCA

A SD Eibar descendía o pasado curso á Primera Federación desde a Primera División. O seu obxectivo é, polo tanto, retornar á elite. É dicir, o mesmo ca o do Dépor ABANCA. 

Actualmente son líderes con 16 puntos, tres máis cas galegas. Chegan á Cidade Deportiva de Abegondo após de gañar fóra da casa a outro dos aspirantes, o CDF Osasuna. O seu triunfo foi pola mínima (0-1), pero o que contan son os puntos, e na sexta xornada os tres en xogo dese partido foron para o Eibar.

Outras das vítimas da SD Eibar foi o DUX, ao que tamén gañou por 0-1 en Logroño. No terceiro dos seus choques fóra da casa tamén gañou. Falamos do seu cruce co Cacereño (1-2). Outra vez vitoria pola mínima. Pero, o dito, un gol máis abonda para quedar cos tres puntos.

Se botamos contas, a SD Eibar suma cinco vitorias e un empate. Curiosamente na súa cancha e na primeira xornada ante o CD Juan Grande Ginelux. A partir de aí, sumou sempre de tres en tres. Á marxe dos partidos como visitante, impúxose na súa casa ao Rayo Vallecano de Madrid SAD (2-0),  Athletic Club B (3-1).

En defensa adoita encaixar poucos goles. Tres para se exactas en seis partidos de Liga, dous fóra de casa e un no seu campo. Así que será complicado perforar a súa meta.

Finalizado o choque ante a SD Eibar, está previsto que As Nosas deportivistas descansen o domingo e e regresen aos adestramentos de novo o luns 31 de outubro ás 10:00 na Cidade Deportiva de Abegondo.

Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas