• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Fútbol Primera Federación

O Dépor ABANCA queda a un gol da elite e terá que loitar polo ascenso no ‘play-off’ contra o CP Cacereño Femenino

As futbolistas que adestra Irene Ferreras rematan o seu partido contra do DUX Logroño cun 0-0, de ter gañado, terían ascendido directamente

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
14/05/2023
en Fútbol, Primera Federación
Dépor ABANCA / RCD

Dépor ABANCA / RCD

53
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A festa do Dépor ABANCA adíase. As Nosas deportivistas quedaron a un gol do ansiado ascenso. O retorno á elite do futfem estatal deberá pasar, se acontece, polo play-off para o que as galegas están clasificadas. O conxunto coruñés rematou en táboas (0-0) o seu partido contra o DUX Logroño. De ter gañado, aínda que fose so por un gol, terían ascendido.

O Dépor ABANCA quedou a un só gol de retornar á máxima categoría estatal do futfem, pois unha vitoria sería suficiente para as futbolistas que adestra Irene Ferreras trala derrota do CDF Osasuna Feminino en Cáceres e o empate da SD Eibar en Granada.

Deste xeito, o SD Eibar logra o ascenso directo e as deportivistas deberán disputar a semifinal do play-off ante o CP Cacereño Femenino. No caso de superar esa eliminatoria deberían loitar polo ascenso na final ante o vencedor da outra eliminatoria, entre CDF Osasuna Femenino e Granada CF. Ambas as roldas dispútanse a dobre partido.

#AsNosas xogarán a semifinal do playoff de ascenso a #LigaF contra o CP Cacereño Femenino.

Parabéns ao @SDEibar polo seu ascenso á máxima categoría. pic.twitter.com/WJSeiF3u7I

— RC Deportivo (@RCDeportivo) May 14, 2023

O Dépor ABANCA non foi capaz de ver porta na Ciudad del Fútbol de Pradoviejo. A cousa non empezou demasiado ben cando, aos 45 segundos, a marfileña Ida Guehai fíxose cun mal pase atrás da zaga coruñesa e no man a man con Yohana, con todo a favor, disparou fóra.

O primeiro achegamento do Dépor ABANCA, que controlou o xogo pero careceu de profundidade, chegou no minuto 13, por medio dun disparo afastado de Henar que se foi por riba do traveseiro. A mellor ocasión coruñesa chegou no minuto 17. E non foi unha soa ocasión, senón tres. Millene disparou de socato e a porteira despexou o coiro, que caeu a pés de Laura Fernández. O remate da ’10’ sacouno unha defensa baixo paus. Ainhoa Marín recolleu o rebote e volveu pasar o balón cara a Laura pero Belem interpúxose para despexar a córner.

Aos 20 minutos, a colombiana Marcela Restrepo disparou desde 20 metros. Yohana respondeu con seguridade desde a portaría do Dépor ABANCA.

Na segunda metade, os achegamentos a portería foron aínda menos. Millene enviou o esférico ás nubes a centro raso desde a dereita de Ainhoa Marín, no minuto 55.

Cambios no  Dépor ABANCA que modificaron o debuxo

Irene Ferreras moveu o banco coa entrada de Charle por Laura Fernández á hora de xogo. O cambio non produciu modificacións tácticas, xa que a soriana ocupou a posición de mediapunta.

O dominio coruñés unicamente traduciuse en infinidade de saques de esquina. Nin Paula Gutiérrez nin despois Sara Navarro conseguiron colocar algún deses centros na cabeza dalgunha compañeira para crear perigo ante a meta rival.

O DUX Logroño gozou das máis claras ocasións nos minutos finais. No minuto 79, Yohana detivo con seguridade unha falta afastada lanzada por Olga García. Un minuto despois, a porteira branquiazul saíu providencialmente para tapar o remate da surafricana Leandra Smeda após peitear unha falta de Ida Guehai.

Consumiuse o tempo e o marcador non se moveu. Táboas na Ciudad del Fútbol de Pradoviejo e o Dépor ABANCA queda a un gol do soño do ascenso directo.

Toca pensar xa no seguinte asalto ao retorno á elite. Será a vindeira fin de semana visitanndo ao Cacereño Femenino no partido de ida de semifinais desta fase de ascenso a Primera División do futfem estatal.

FICHA TÉCNICA

0) DUX LOGROÑO: Poza, Iria Castro, Annelie Leitner, Belem, Laura Martínez, Leandra Smeda, Aixa Salvador (Valderas, min. 87), Olga García (Sofía, min. 89), Restrepo, Amani Kahounan e Ida Guehai.

0) RC DEPORTIVO ABANCA: Yohana, Cris, Inés Altamira, Raquel García, Samara, Paula Gutiérrez, Henar, Ainhoa Marín (Carlota Sánchez, min. 86), Laura Fernández (Charle, min. 61), Eva Dios (Sara Navarro, min. 72) e Millene.

GOLES: Sen goles.

EQUIPO ARBITRAL: Ane Asla Borrallo (colexio vasco). Amosaron cartón amarelo a Restrepo (min. 45+1), Paula Gutiérrez (min. 79) e Belem (min. 84).

INCIDENCIAS: Partido da 30ª e última xornada de liga regular na Primera Federación Ibredrola disputado na Ciudad del Fútbol de Pradoviejo en Logroño.

Etiquetas Ainhoa MarínCharleDépor ABANCADUX LogroñofútbolIrene FerrerasMillenePaula Gutiérrez
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Dépor ABANCA / RCD

Primeira xornada e primeira vitoria con remontada para o Dépor ABANCA (1-2)

por Redacción As Nosas
10/09/2023
0

  O primeiro paso do Dépor ABANCA na tempada 2023-24 na Primera Federación Iberdrola foi á fronte. As galegas asinaron...

I Xornada Solidaria AFAC / AFAC

O Torneo Solidario da AFAC recada 2.200 litros de leite para a Cocina Económica

por Redacción As Nosas
10/09/2023
0

  Na mañá de onte, sábado 9 de setembro, o fútbol e a solidariedade déronse a man na I Xornada...

Irene Ferreras e Kevin Cabado / DÉPOR ABANCA

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA: “Estamos preparadas, con moitas ganas”

por Redacción As Nosas
09/09/2023
0

  Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA compareceu na previa do inicio de competición na sala de prensa de Abegondo...

Vero Boquete / AS NOSAS

Vero Boquete sobre Rubiales: “Pensei que era un vídeo de intelixencia artificial”

por Redacción As Nosas
08/09/2023
0

  O programa La Sexta Columna, da cadea estatal de televisión La Sexta, analizou o machismo que se vive no...

A pontevedresa Sara Debén ficha polo Dépor ABANCA / RCD

Sara Debén, lesionada

por Redacción As Nosas
08/09/2023
0

  A futbolista do Dépor ABANCA Sara Debén foi sometida a probas médicas para ditaminar o alcance exacto das molestias...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Susana Rodríguez e a súa guía, Sara Loehr, no Mundial Pontevedra de paratriatlon / FETRI

Prata con sabor amargo para Susana Rodríguez no Mundial de Triatlón Paralímpico de Pontevedra

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Susana Rodríguez e a súa guía, Sara Loehr, no Mundial Pontevedra de paratriatlon / FETRI

Prata con sabor amargo para Susana Rodríguez no Mundial de Triatlón Paralímpico de Pontevedra

25/09/2023
Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

25/09/2023
Dépor ABANCA / RCD

Primeira xornada e primeira vitoria con remontada para o Dépor ABANCA (1-2)

10/09/2023
I Xornada Solidaria AFAC / AFAC

O Torneo Solidario da AFAC recada 2.200 litros de leite para a Cocina Económica

10/09/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.