O Dépor ABANCA segue medrando nesta tempada, dando paso para manter unha presenza forte non só na Reto Iberdrola, senón tamén na Copa da Raíña. As coruñesas xogaron ante o CF Pozuelo a primeira eliminatoria, xogada a partido único, na que venceron por un contundente 1-9.
Para este encontro, Miguel Llorente realizou varios cambios no once inicial para repartir minutos no seu plantel, dando espazo a xogadoras recuperadas das súas lesións e a aquelas que competiron menos na liga.
Intensidade branquiazul
De principio a fin, o dominio foi das nosas. A través de xogadas combinadas, chegadas e oportunidades transformadas, o Dépor ABANCA fíxose co control total do encontro. Non tardou en chegar a primeira ocasión, a bota de Adule, que porén realizou un disparo cruzado aos cinco minutos de xogo.
Inés Altamira e Laura Fernández tamén o intentaron sen éxito, así como Paula quen predixo o primeiro tanto coruñés. Malia a superioridade branquiazul, o gol que abriría o marcador non chegaría ata o minuto 16, cando Paula recibiu nun pase en profundidade ás costas da defensa e picando ante a saída de Yaira.
Coa vitoria xa de cara, o equipo de Llorente baixou o ritmo, feito que aproveitou o Pozuelo para realizar o seu primeiro achegamento cun remate de cabeza de Lucía Mazón. Con todo, o dominio seguía sendo galego, e o segundo tanto visitante non se faría esperar.
Antes do descanso, Patri recuperou un balón, creando un movemento rápido de balón entre Laura e Ale, quen serviu para Adule. Yaira rexeitou o disparo da camerunesa, pero o esférico quedou nos pés de Carlota, que deu de novo contra a porteira nun primeiro intento, pero non fallou no segundo. A pausa chegou co 0-2.
Festival de goles do Dépor ABANCA
Despois de pasar por vestiarios, o Dépor ABANCA saiu aínda máis enchufado. Xa no primeiro minuto tras a reanudación o terceiro branquiazul subiu ao marcador grazas a Inés Altamira. Polo bando local, as ocasións escaseaban e Ana Valles impedía que se transformaran en gol.
O Pozuelo logrou anotar nunha presión na saída, con Marina batendo á gardameta deportivista. Entre as visitantes, o seguinte gol estábase a cociñar. O cuarto foi obra de Patri López e Adule, e o quinto chegaría da man de María Ruiz. Unha das perlas do ataque herculino incorporouse na segunda metade ao campo, marcando de novo de falta directa desde os tres cuartos de campo.
A dianteira tamén puido anotar o sexto, así como Patri e Jone, pero este subiría o marcador tras unha triangulación rápida na saída de balón, que chegou ao espazo para Aroa, quen picou coa esquerda para anotar.
Na seguinte xogada, sen dar descanso ao Pozuelo, o Dépor ABANCA anotou o sétimo, cunha xogada pola dereita que chegou a María Ruiz e goleu de vaselina. Xa a catro minutos do final, unha gran xogada de Ainhoa brindaríalle o seguinte tanto a Paula, quen anotaba por segunda vez. O noveno e último tanto galego sería outra vez o resultado do bo facer de Ainhoa, quen definiu tras quedarse soa ante a porteira.
Revive o partido entre o Pozuelo e o Dépor ABANCA aquí:
FICHA TÉCNICA
CF POZUELO: Yaira, Lucía Mazón (Marina, min. 46), Carlota Tovar, Cuevas, Chantal (Laura, min. 73), Moya (Olmedo, min. 46), Sara, Yuste (Paula López, min. 46), María López, María Sánchez (Patri Díaz, min. 73) e Orejón.
DÉPOR ABANCA: Ana Valles, Patri López, Inés Altamira, Raquel García, Goretti Neira (Cris, min. 50), Paula Gutiérrez, María Figueroa (Jone, min. 50), Alejandra Serrano (Ainhoa Marín, min. 79), Laura Fernández (María Ruiz, min. 60), Carlota Sánchez e Adule (Aroa Guerra, min. 60).
MARCADOR: 0-1 Paula (min. 16); 0-2 Carlota (min. 44); 0-3 Inés Altamira (min. 46); Adule (min. 56); 1-4 Marina (min. 64); 1-5 María Ruiz (min. 75); 1-6 Aroa Guerra (min. 81); 1-7 María Ruiz (min. 83); 1-8 Paula Gutiérrez (min. 86); 1-9 Ainhoa Marín (min. 88).
ARBITRAXE: Espinosa Ríos (c. madrileño). Amonestou a María Figueroa (min. 23) e Sara (min. 33)
INCIDENCIAS: Primeira eliminatoria da Copa da Raíña disputada na Ciudad Deportiva Valle de las Cañas, ante afección deportivista.