• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de Galicia
Inicio Fútbol Primera Federación

O Dépor ABANCA non renuncia a nada e está disposto a soñar con todo ante o DUX

O ascenso directo é matematicamente posible

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
13/05/2023
en Fútbol, Primera Federación
DUX Logroño vs Depor ABANCA / RCD

DUX Logroño vs Depor ABANCA / RCD

54
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
Contido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de Galicia

 

Última xornada e todo por decidir na Primera Federación Iberdrola. O Dépor ABANCA chega ubicado na terceira praza e con opcións matemáticas para o ascenso directo. O plan B é o play-off. O ascenso, o regreso á máxima categoría do futfem estatal é, en definitiva a meta final, sexa polo camiño curto ou polo longo.

Disposto a soñar en alto, o Dépor ABANCA visita mañá domingo 14 de maio ás 12:00 ao DUX Logroño na Ciudad del Fútbol de Pradoviejo, na última xornada da competición regular nesta categoría de prata do futfem español.  O partido, decisivo para a praza de ascenso directo a Primeira División, poderase seguir en directo pola canle de YouTube e a APP do RC Deportivo.

Contido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de Galicia

O triunfo (6-2) da pasada semana sobre o CD Juan Grande Ginelux, unido aos resultados do resto da xornada, deixou ás Nosas deportivistas en 3ª posición con 52 puntos, os mesmos que SD Eibar (2º) e CDF Osasuna Femenino (4º). Por detrás vén o Granada CF (5º con 49 puntos). Por diante, xa campión aínda que non pode ascender de categoría pola súa condición de filial, queda o FC Barcelona B (59 puntos).

Á mesma hora que o Dépor ABANCA, o Granada CF recibe á SD Eibar e o CDF Osasuna visita ao Cacereño Femenino. Co play-off xa no peto, varias combinacións colocan ás Nosas deportivistas a próxima temporada na máxima categoría nacional.

Fagamos cálculos e combinacións posibles para determinar se o RC Deportivo ABANCA é quen de levar o primeiro premio, o ascenso directo:

  • Se o Dépor ABANCA gana e o SD Eibar empata ou perde, ascenderán as branquiazuis, posto que se tamén gañase o CDF Osasuna Femenino, un hipotético empate favorece ás coruñesas, que gañaron ambos os partidos ante as pamplonicas.
  • Se o Dépor ABANCA empata e SD Eibar e CDF Osasuna Femenino perden os seus encontros.
  • Se perden Dépor ABANCA, CDF Osasuna Femenino e SD Eibar, que o faría ante o Granada CF, provocaría un cuádruplo empate que tamén daría o ascenso ao equipo herculino, que suma 11 puntos ante eses rivais, por 8 das guipuscoanas, 7 das navarras e 6 das andaluzas.

O triplo empate entre Dépor ABANCA, CDF Osasuna Femenino e SD Eibar daría o ascenso ao conxunto vasco, xa que os resultados entre os tres equipos dan un novo empate a 7 puntos entre branquiazuis e azulgranas, que se resolvería a favor das segundas ao empatar en Abegondo e gañar en Unbe, do mesmo xeito que o empate simple entre deportivistas e armeiras.

Irene Ferreras comentou na rolda de prensa previa a esta última xornada de liga na Primera Federación Iberdrola que “xa tivemos dous días (en referencia ao mércores e ao xoves) para estar a barruntar sobre o que podía ser, o que se podía dar para que todo o mundo tivese claras as contas. A partir de aí xa non nos achega absolutamente nada estar a perder enerxía en que van facer uns ou outros. Temos que pensar en nós. Todo o que non sexa estar ocupado e concentrado no teu presente réstache rendemento. E esa é a parte máis difícil e máis importante”.

De feito, a adestradora deportivista Irene Ferreras comentou que en Logroño “non quero saber nada. Quero estar a vivir o partido, gozándoo como o que é, o último partido de liga. Cando chegue a noticia final imos estar xuntos para o bo e para o malo. O equipo está concienciado, tranquilo e esa é a maneira de conseguir o obxectivo”.

A convocatoria do Dépor ABANCA 

Todo o cadro, que está en condicións de competir, viaxa a Logroño ademais de Paula Monteagudo, representante do conxunto filial deportivista.

“Agora mesmo daría igual como estivesen as xogadoras. É unha semana na que todas queren estar. Teño a todas dispoñibles e con moi boas sensacións. Onte (polo xoves) gocei dun dos mellores adestramentos desde o punto de vista colectivo porque vía a todas a un nivel moi alto. Iso ponme a min as cousas complicadas de cara a decidir o once pero faime respirar moita confianza porque as vexo moi ben, moi centradas”, apuntou Irene Ferreras ante os medios de comunicación nesa rolda de prensa previa ao partido do domingo en Logroño ante o DUX.

Todas #AsNosas, convocadas para a 30ª xornada de #PrimeraFederaciónIberdrola, o #DUXDéporABANCA de mañá ás 12:00 h. na Ciudad del Fútbol de Pradoviejo!

Tamén convocada toda #anosaforza (📺 https://t.co/QZVeDvLAIp y📱APP del RC Deportivo) pic.twitter.com/cEz5N1apNY

— RC Deportivo (@RCDeportivo) May 13, 2023

A ex deportivista Kika Moreno las filas do DUX Logroño

Pola súa banda, o DUX Logroño, no que milita a ex deportivista Kika Moreno, unicamente xógase tres puntos. O conxunto rioxano marcha 8º na clasificación con 42 puntos despois do seu empate a pasada fin de semana en Barcelona ante o RCD Espanyol (1-1).

RC Deportivo contra Athletic Club de Bilbao/ SABELA MOSCOSO
RC Deportivo contra Athletic Club de Bilbao/ SABELA MOSCOSO

No partido da primeira volta disputado en Abegondo o pasado 24 de setembro venceron as deportivistas (3-0) con tantos de Paula Gutiérrez, Ainhoa Marín e unha futbolista rival en propia meta.

Esta temporada no seu campo de Pradoviejo, o DUX gañou a Athletic Club B (5-0), UDG Tenerife B (2-1), CD Juan Grande Ginelux (1-0), Cacereño Femenino (2-1), Córdoba CF (4-1) e Real Oviedo (2-1); empatou con CD Alba Fundación Femenino (1-1), FC Barcelona B (2-2) e Rayo Vallecano (1-1); e caeu con SD Eibar (0-1), RCD Espanyol (1-2), Granada CF (1-2), SE AEM (0-2) e CDF Osasuna Femenino (0-3). En total, as rioxanas gañaron seis partidos, empataron tres e perderon cinco encontros.

Hoxe sábado 13 de maio non houbo actividade no campo para As Nosas. O cadro reuniuse unicamente na sala de vídeo ás 10:00 antes de subirse ao autocar rumbo a Logroño.

Irene Ferreras “Ningún equipo depende de si mesmo para o ascenso directo e nós estamos preparadas para todo”

Etiquetas Dépor ABANCADUX LogroñofútbolIrene FerrerasRC Deportivo
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA 2025-26 toma forma

por Redacción As Nosas
09/07/2025
0

  Renovacións, fichaxes, futbolistas da canteira que se incorporan definitivamente ao primeiro equipo... o Dépor ABANCA 2025-26 vai tomando forma...

Presentación Torneo F11 'Ría de Arousa' / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

A Pobra reunirá a unha decena conxuntos no seu primeiro Torneo F11 ‘Ría de Arousa’ de fútbol feminino

por Redacción As Nosas
18/06/2025
0

  O campo de fútbol de Cadreche da Pobra converterase este sábado, 21 de xuño, no escenario do primeiro Torneo...

Kevin Cabado / RCD

Kevin Cabado considera que no RC Deportivo hai unha “aposta clara e decidida polo fútbol feminino”

por Redacción As Nosas
18/06/2025
0

  Kevin Cabado, responsable do Dépor ABANCA, fixo balance da temporada 2024-25, renovacións, incorporacións e obxectivos foron algúns dos temas...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

O Dépor ABANCA arrinca a Liga F na última fin de semana de agosto de 2025

por Redacción As Nosas
14/06/2025
0

  O Dépor ABANCA comezará a Liga F a fin de semana do 30 e 31 de agosto segundo o...

Lóstrego, campión da Liga Galega Alevín Feminina / RFGF

O Lóstrego CF proclámase campión da Liga Galega Alevín Feminina de fútbol

por Redacción As Nosas
31/05/2025
0

O Lóstrego CF levantou o trofeo de campión da Liga Galega Alevín Feminina na fase final que se disputou esta...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Bea Seijas é a deseñadora gráfica responsable do novo escudo do Ourense FSF que ten unha flor de toxo como elemento central / BEA SEIJAS DESEÑO GRÁFICO

Bea Seijas: “Conseguimos captar no escudo do Ourense FSF a esencia de todos os elementos: a ponte, as augas termais, os ríos, Galicia e a flor de toxo”

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Bea Seijas é a deseñadora gráfica responsable do novo escudo do Ourense FSF que ten unha flor de toxo como elemento central / BEA SEIJAS DESEÑO GRÁFICO

Bea Seijas: “Conseguimos captar no escudo do Ourense FSF a esencia de todos os elementos: a ponte, as augas termais, os ríos, Galicia e a flor de toxo”

16/07/2025
Novo escudo do Ourense Ontime FSF / BEA SEIJAS DISEÑO GRÁFICO

O Ourense Ontime FSF redeseña o seu escudo e incorpora unha flor de toxo con moito significado

16/07/2025
Selección de Galicia feminina de fútbol gaélico / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GÁELICO

As seleccións de Galicia fan o seu ‘Camiño Celta’ en Irlanda con tres días preparando os World Games”

15/07/2025
Selección Galega / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Galicia remata en sexta posición o Campionato de España de Atletismo de federacións autonómicas

14/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.