O sábado o Dépor ABANCA asinaba a súa primeira vitoria en liga desta tempada. Fíxoo ante a SD Eibar. Hoxe, domingo, as futbolistas que adestra Manu Sánchez volvían ao traballo. Pero o corpo técnico deulle as xogadoras libre ata o vindeiro mércores. Así, As Nosas deportivistas poderán festexar ese triunfo na Primera Iberdrola 2020 – 2021 colléndose a denominada Ponte da Constitución.
As branquiazuis están citadas para traballar na Cidade Deportiva de Abegondo o vindeiro mércores 9 de decembro. Nese momento empezarán a preparar o seu seguinte compromiso, visita a terras coruñesas do EFD Logroño.
Trátase dun rival directo co que medir forzas en Abegondo o vindeiro domingo 13 de decembro ás 12:00 horas.