• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga F

O Dépor ABANCA cae 8-0 diante dun imparable FC Barcelona

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
10/11/2025
en Liga F, Fútbol
María León, futbolista do FC Barcelona en Riazor xogando contra do Dépor ABANCA/ WYKAZSZKOWSKI

María León, futbolista do FC Barcelona en Riazor / WYKAZSZKOWSKI

34
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • Dura, contundente e sen discusións. Así foi a derrota que recibía o Dépor ABANCA no Johan Cruyff no seu enfrontamento diante do todopoderoso FC Barcelona. O tanteo. 8-0, non deixa lugar á dúbida.

Como se recolle na páxina oficial do club, o Dépor ABANCA concluíu este domingo 9 de novembro cunha derrota (8-0) no Estadi Johan Cruyff fronte ao FC Barcelona, poñendo fin a unha esixente semana con tres partidos lonxe de ABANCA-RIAZOR. Así, aos desgastes propios dos encontros houbo que engadir os case 7.850 quilómetros acumulados nas pernas das futbolistas.

Con este resultado, As Nosas deportivistas quedan con 7 puntos na 14ª posición. Paula Monteagudo causou baixa para o partido debido a unha rotura do compoñente medial da fascia plantar do seu pé dereito. Michi Apóstol foi a representante da canteira deportivista e contou con minutos de xogo na recta final.

Pola súa parte, o FC Barcelona chegaba ao encontro tras caer ante a Real Sociedad por 1-0 na súa primeira derrota como visitante na competición doméstica desde o 21 de maio de 2023. Nese mesmo partido, quedou sen marcar por primeira vez desde o 25 de xaneiro de 2020, cando empatou (0-0) co Atlético de Madrid. “Eso nos pone las cosas aún más difíciles”, advertira Fran Alonso na rolda de prensa previa ao partido. E non se equivocou.

Ainhoa Marín, novamente referencia ofensiba do Dépor ABANCA

O partido comezou con dominio azulgrana e un Dépor ABANCA agardando en bloque baixo. Ainhoa Marín foi a referencia ofensiva, buscando aproveitar a súa velocidade. No minuto 12, Vicky, que a pesar da súa xuventude cumpriu 100 partidos coa camiseta barcelonista, rematou de cabeza ao segundo pau un balón ao traveseiro da portería de Inês Pereira.

Dous minutos máis tarde, Marina Artero despexa cara á súa propia portería e Inês Pereira envía a córner con moitos apuros. No saque en curto, o balón chega de novo a Vicky que, na frontal da área, coloca o disparo na escuadra dereita da portería do Dépor ABANCA.

As culés abrían abría así o marcador. Alexia logrou o segundo no minuto 18 tras unha combinación entre Vicky e Aïcha, rematando soa a poucos metros da liña de gol.

O terceiro do partido chegou por medio de María León, de novo nun saque de esquina. A defensa azulgrana sorprendeu a Inês Pereira ao primeiro pau, cando todas agardaban un centro.

María León, futbolista do FC Barcelona en Riazor / WYKAZSZKOWSKI
María León, futbolista do FC Barcelona en Riazor / WYKAZSZKOWSKI

Case á media hora, Laia Aleixandri recibe na frontal da área e cun disparo colocado asinou o 4-0.

Co partido xa encarrilado, as xogadoras do Barcelona seguiron buscando máis goles. María León anotou o 5-0 tras aproveitar un balón solto na área deportivista despois dun remate ao pau de Torrejón. O sexto chegou por medio de Pina, tras unha serie de paredes na frontal da área do Dépor ABANCA.

Sen respiro, Inês Pereira realizou unha gran parada a un tiro axustado de Vicky desde fóra da área. Foi o preludio do sétimo gol, obra de Sydney, tras un centro desde a banda esquerda de Ona Batlle. No desconto da primeira parte, Graham fixo o oitavo adiantándose de cabeza nun balón dividido ante a saída de Inês Pereira.

Inês Pereira, porteira do Dépor ABANCA no Teresa Herrera / @RAULFC_FILM
Inês Pereira, porteira do Dépor ABANCA no Teresa Herrera / @RAULFC_FILM

Co 8-0 chegouse ao descanso. Tras pasar polos vestiarios, o Dépor ABANCA tapou espazos e o marcador xa non se moveu. Ainhoa Marín refrescou o equipo coa entrada de futbolistas como Lía, Barth, Millene e Marisa.

Co encontro xa sentenciado na primeira metade, As Nosas do Dépor ABANCA cando menos foron capaces de frear o caudal ofensivo dun rival que tamén moveu o banco.

FICHA TÉCNICA:

FC BARCELONA: Cata Coll, María León (Paredes, min. 46), Aleixandri, Sydney, Marta, Pina (Pajor, min. 58), Graham (Serrajordi, min. 58), Alexia (Kika, min. 46), Vicky, O. Batlle (Carla Julià, min. 58) e Aïcha.

DÉPORTIVO ABANCA: Inês Pereira, Samara, Vera, Marina Artero (Lía, min. 51), Elena (Barth, min. 51), Paula Novo, Raquel, Paula Gutiérrez, Olaya (Millene, min. 66), Bárbara (Marisa, min. 66) e Ainhoa Marín (Michi Apóstol, min. 80).

EQUIPO ARBITRAL: Elisabeth Calvo Valentín, do comité madrileño. Amonestou a Paula Gutiérrez (min. 84) e Serrajordi (min. 90).

GOLES: 1-0 Vicky (min. 15); 2-0 Alexia (min. 18); 3-0 María León (min. 22); 4-0 Aleixandri (min. 28); 5-0 María León (min. 31); 6-0 Pina (min. 35); 7-0 Sydney (min. 41); 8-0 Graham (min. 45+1).

INCIDENCIAS: partido disputado no Estadi Johan Cruyff correspondente á 10ª xornada da Liga F.

  • Consultar clasificación da Liga F Moeve
Etiquetas Ainhoa MarínDépor ABANCAFC BarcelonaFran AlonsofútbolInês Pereira
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou a 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

por Redacción As Nosas
13/05/2026
0

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol (CTGAF) organizou este sábado 9 de maio, en Vigo, a segunda xornada...

A Nosa Champions de fútbol, en Vilagarcía / RFGF FUTGAL

Vilagarcía albergou a 2.ª xornada da Nosa Champions Fútbol

por Redacción As Nosas
11/05/2026
0

  O campo de fútbol municipal de Berdón, o fogar do Vilagarcía SD, vestiu as súas mellores galas este sábado...

Ascenso do Victoria CF á 2.ª Federación feminina / RFGF - FUTGAL

O Victoria CF da Coruña acada un histórico ascenso á 2ª Federación Feminina

por Redacción As Nosas
11/05/2026
0

O Victoria CF da Coruña acadou o ascenso a 2ª Federación logo de superar ao Zaragoza nunha gran eliminatoria. Con...

Marisa García e Mella protagonizan un encontro con seareiros da man de FEIRACO en Xuxán / CLUN

Feiraco fai que os afeccionados e futbolistas do RC Deportivo se encontren no Eroski de Xuxán na Coruña

por Redacción As Nosas
07/05/2026
0

  David Mella e Marisa García, xogadores do RC Depotivo e do Dépor Abanca, protagonizaron un encontro con afeccionados do...

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

13/05/2026
O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, compareceu na compareceu na Comisión 1ª do Parlamento de Galicia / XUNTA DE GALICIA

A Xunta destina este ano 2026 máis de 5,5 M€ ás federacións deportivas galegas

13/05/2026
Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou a 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

13/05/2026
Gran Premio Cantones de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES

O G.P. Cantones de marcha contará cun novo circuíto e novas distancias

13/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.