• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Rugby

O CRAT volve á competición recibindo ao Sanse Scrum

Á fin da tempada anterior ambos conxuntos remataron moi igualados, con 44 puntos

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
12/12/2020
en Máis Deporte, Rugby
O CRAT será cabeza de serie na Copa da Raíña 7s 2021 / CRAT

O CRAT vs Majadahonda en Elviña / CRAT

77
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Volve a Primera División de Honor de rugby e en Galicia o fai co CRAT Residencia Rialta estreandose en casa contra o Sanse Scrum. O partido será en Elviña, o domingo, 13 de decembro, ás 12:00 horas. O duelo promete ser de moita altura, entre dous rivais que, no forzado fin de tempada do curso anterior, contaban con 44 puntos, ocupando a cuarta posición as madrileñas e a quinta as galegas.

Ambos equipos, aínda que remataron con números moi parellos a tempada anterior, chegan en condicións non moi igualitarias. O que será o cadro visitante, ao ser orixinario de Madrid, comunidade que conta con máis clubs de rugby de alta competición, tivo xa a oportunidade de disputar algún amistoso.

Pola contra, o CRAT leva sen competir varios meses, polo que terá a desvantaxe de ter menos partidos de preparación. Por iso, o obxectivo que se marcan as coruñesas para esta primeira toma de contacto é a de xogar con orde e, segundo explica a adestradora, Helen Roca, “loitar de ti a ti neste encontro”.

Novidades en ambos equipos

Do lado das madrileñas do Sanse Scrum esta tempada terán, por primeira vez, competindo na máxima categoría á primeira fornada de xogadoras formadas integramente na Escuela y Academia del Sanse Scrum. Nas filas do sénior feminino, estarán nomes como Eloisa García, Itziar Salinas, Celia Esteban ou Alba Caballero.

Con todo, o seu xogo aínda é unha incógnita. O cambio no corpo técnico fai que o seu estilo de xogo cambie. A saída de María Ribera e o seu equipo técnico deixou así a porta aberta para a volta de Alfonso de la Cruz, quen xa dirixiu o sénior feminino no curso do 2018/2019. Ante esta incertidubre, Helen Roca explica que a súa estratexia será a de “tratalas como as coñecemos. Son xogadoras moi duras nos contactos, cunha loita moi forte nos puntos de encontro”.

Pola súa banda, Roca volve ao banco do CRAT para dirixir a un gran grupo de xogadoras. Máis de trinta conforman un plantel no que hai moitas veteranas e rostros coñecidos pola afección coruñesa como Paula Alevín Medín ou Mónica Castelo, pero tamén algunhas novidades como Maica Martí, Elena Martínez, Paula Requena, Paz Marín e Miriam Roig.

https://asnosas.gal/caras-novas-conecidas-pisaran-elvina-esta-tempada

Debut en casa e posible estreo das novas xogadoras do CRAT

Para o primeiro encontro de Liga, as coruñesas poderán contar coa calor da súa bancada. As galegas debutarán nesta tempada en casa, no campo de Elviña e, aínda que o partido será aberto ao público, as restricións da Universidade da Coruña limitan o aforo a 75 personas.

Unha cifra moi baixa para o CRAT. “Sempre dicimos que non vai ninguén a ver o rugby. Pero nos puxemos a facer o listado e faltan asentos. Entre non convocadas e políticas no palco, case non da para familiares e socias”, explica a técnico coruñesa. Está será unha das poucas oporunidades da afección para ver ao seu equipo na casa. O conxunto galego só xogará tres partidos na Coruña, e catro fóra. O apoio do público é vital e, por este motivo, a directiva do club tentará negociar que se amplíe o aforo.

Esta será unha oportunidade para que xogadoras como Maica Martí se estreen no céspede de Elviña ás ordes de Helen Roca. A nova incorporación chegou dunha lesión pero, en palabras da adestradora, “agora xa está a tope para empezar como titular esta fin de semana”.

A adestradora contará con todo o seu plantel á súa disposición para o esperado regreso á Liga Iberdrola. O CRAT non ten que lamentar baixas, aínda que “a única dúbida que tiñamos é cando van xogar coa Selección. Estivemos mirando que ningunha se lesionase no partido das Estrellas”, relata Roca.

A boa preparación física na que levan traballando desde hai meses, a pesar de non ter competido, debería bastar para que as lesións respeten ao equipo. “O único deste ano é ese medo que tes de facer test e que algunha dea positivo. Aí o efecto dominó sería fatal”, recorda a adestradora.

Etiquetas A CoruñaCRATCRAT Residencia RialtaElviñaPrimera División de Honor rugbyrugbysanse scrum
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

por Redacción As Nosas
25/09/2023
0

  Este domingo tivo lugar unha nova edición da Carreira da Muller, na Coruña na que correron máis de 5.000...

I Xornada Solidaria AFAC / AFAC

O Torneo Solidario da AFAC recada 2.200 litros de leite para a Cocina Económica

por Redacción As Nosas
10/09/2023
0

  Na mañá de onte, sábado 9 de setembro, o fútbol e a solidariedade déronse a man na I Xornada...

Irene Ferreras e Kevin Cabado / DÉPOR ABANCA

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA: “Estamos preparadas, con moitas ganas”

por Redacción As Nosas
09/09/2023
0

  Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA compareceu na previa do inicio de competición na sala de prensa de Abegondo...

Carlota Suárez celebra gol co Dépor ABANCA na Primera Federación / RCD

Todo listo para que a redonda empece a rodar na Primera Federación Iberdrola co Dépor ABANCA como claro aspirante a subir

por Redacción As Nosas
08/09/2023
0

  O balón empeza a rodar nos terreos de xogo da Primera Federación Iberdrola. A liga iníciase o sábado 9...

I Xornada solidaria AFAC

O fútbol como ferramenta de solidariedade da man da AFAC cun torneo no que participan persoeiros da vida pública da cidade

por Redacción As Nosas
07/09/2023
0

  Fútbol e solidariedade van da man na I Xornada Solidaria AFAC 'Facendo Cidade' que organiza a Asociación de Fútbol...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Susana Rodríguez e a súa guía, Sara Loehr, no Mundial Pontevedra de paratriatlon / FETRI

Prata con sabor amargo para Susana Rodríguez no Mundial de Triatlón Paralímpico de Pontevedra

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Susana Rodríguez e a súa guía, Sara Loehr, no Mundial Pontevedra de paratriatlon / FETRI

Prata con sabor amargo para Susana Rodríguez no Mundial de Triatlón Paralímpico de Pontevedra

25/09/2023
Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

25/09/2023
Dépor ABANCA / RCD

Primeira xornada e primeira vitoria con remontada para o Dépor ABANCA (1-2)

10/09/2023
I Xornada Solidaria AFAC / AFAC

O Torneo Solidario da AFAC recada 2.200 litros de leite para a Cocina Económica

10/09/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.