As matemáticas non llo poñían fácil ao CRAT Residencia Rialta, que, tras un cuarto posto en Valladolid, e unha quinta praza en Eibar que fixo pouca xustiza á brillante actuación do equipo naquela serie, non dependía de se mesmo para alzarse coa Copa da Raíña de rugby, máxima competición a nivel clubs da modalidade de Rugby Olímpica.
As coruñeses cumpriron coa súa parte e, tras un torneo impecable onde contou os seus partidos por vitorias, venceu na Gran Final a Eibar cunha solvencia sen case precedentes no histórico de resultados de últimos partidos da competición.
A actuación do CRAT Residencia Rialta foi memorable, 158 puntos a favor por 31 en contra xogando contra os mellores conxuntos de Rugby a 7 de todo o país, pero, con todo, non foi suficiente para remontar o lastre das pasadas series.
Finalmente, Eibar alzouse coa Copa e tampouco se puido superar a puntuación total de Majadahonda. Un terceiro posto para o CRAT Residencia Rialta que deixa bo sabor de boca, non tanto polo que é, se non pola maneira de conseguilo.