O CRAT Residencia Rialta xa iniciou a segunda sede do GPS 7s Copa da Raíña Iberdrola, que se está a disputar na localidade catalá de Sant Cugat. Na primeira xornada, celebrada este sábado, as galegas acumularon dúas vitorias e unha derrota. Desta forma, o club parte como cuarto na loita polo tiítulo.
Antes da disputa dos partidos do sábado, o equipo coruñés partía na posición de bronce, tras os resultados acadados na primeira sede, celebrada na cidade da Coruña.
O CRAT finaliza terceiro na Copa da Raíña 7s celebrada na Coruña
Así foi a primeira xornada para o CRAT
Pero esta edición da Copa da Raíña 7s está a ser moi rifada e todos os equipos están a demostrar un alto nivel competitivo. No que corresponde ao CRAT, cabeza do grupo C, os seus rivais para a competición catalá foron o Sanse Scrum RC, CDU Sevilla e XV Hortaleza.
O primeiro encontro da mañá foi ante o Hortaleza, con vitoria galega cun resultado de 21-17. No segundo partido da xornada, as galegas tropezaron e caeron derrotadas ante o Sevilla, que venceu por un 12-19. No derradeiro duelo, ante o Sanse Scrum, as herculinas alzáronse de novo coa vitoria, sendo superiores ás súas rivais e triunfando cun 24-12.
Con este balance, o equipo herculino marcha cuarto na clasificación, quedando dentro dos oito equipos que loitarán por facerse co título de campión. As galegas só teñen por diante ao Sevilla, Majadahonda e ao Cisneros, que lidera a clasificación.
Así queda la lucha por la II #GPS
1 @Rugby_Cisneros 9P +101
2 @CRMajadahonda 9P+44
3 @CDrugby7US 9P +32
4 @CRAT1976 7P +9
5 @eibarugbytaldea 7P +7
6 @RugbyTuria 7P -2
7 @SanseRugby 5P -11
8 @iirugby 5P -16 pic.twitter.com/IS2rtEQnky— C.R.A.T. A Coruña 😷 (@CRAT1976) June 26, 2021
Podes revivir a primeira xornada aquí:
A xornada do domingo
Para este domingo, as coruñesas deberán competir contra o Eibar Rugby, quinto clasificado, ás 09:22 horas. O resto de encontros celebraranse en función dos primeiros resultados da mañá.
👉🏻Los partidos de mañana domingo serán
II #GPS @CopaReina7s
Por el 🏆del 1 al 8
9h @Rugby_Cisneros – @iirugby
9h22 @CRAT1976 – @eibarugbytaldea
9h44 @CRMajadahonda – @SanseRugby
10h06 @CDrugby7US – @RugbyTuria #FamiliaCRAT💙 pic.twitter.com/LkiXHbNBmH— C.R.A.T. A Coruña 😷 (@CRAT1976) June 26, 2021
Podes seguir os partidos en directo vía streaming aquí: