Difícil xornada para o CRAT Residencia Rialta que recibe mañá, domingo 13 de febreiro, ás 12:00 horas ao Corteva Cocos Rugby de Sevilla no tepe do estadio universitario de Elviña na Coruña. O partido, correspondente á 13ª xornada da Liga Iberdrola de Rugby, será arbitrado por Iñaki Muñoz.
O seu alcume ‘Cocos‘ ven de Cocodrilas, pero e que ademais agora mesmo será un coco (dos que asustan) para as xogadoras do CRAT Residencia Rialta.
As andaluzas son as segundas clasificadas na Liga Iberdrola de rugby, suman 32 puntos, so dous menos que as líderes, o C.R. Majadahonda. Mentres que as coruñesas ocupan agora mesmo a sexta posición con 19 puntos, aínda lonxe dos 28 do Eibar Rugby Taldea, as súas inmediatas predecesoras na táboa clasificatoria. As galegas son terceiras pola cola e teñen detrás ao CR Sant Cugat (15 puntos) e a o Sanse Scrum RC (1 punto).
Pese á complicada tarxeta de presentaco das andaluzas, as galegas aspiran a ir sumando puntos para poder, dese xeito, irse alonxando da zona de descenso e do perigo. Toca confirmar que a súa traxectoria tomou rumbo de mellora, pero como xa dixemos, toca facelo cun ‘coco‘ por partida dobre.
No partido da primeira volta o CRAT Residencia Rialta caía en Sevilla por 48-7. Daquela Maica Martí (ensaio) e Estela Salas (transformación) anotaran para o club coruñés nese encontro.