Nove xornadas, seis derrotas, dúas vitorias e un partido adiado despois, a AD Cortegada está estancada na parte baixa da clasificación. Cunha mala racha de tres partidos perdidos consecutivos, as galegas reciben a un duro rival, o Azkoitia Azpeitia ISB, este sábado, 5 de novembro, ás 19:30 horas.
Esta será unha proba de lume para as xogadoras de Rubén Domínguez, que se xogan na casa dous puntos vitais para permanecer na categoría. O AD Cortegada ven dunha derrota moi pelexada contra o Vega Lagunera Adareva Tenerife.
Para o próximo encontro, as galegas deberán solventar os erros do pasado, apretando desde o primeiro minuto e mellorando na defensa. Así mesmo, deberán evitar darlle oportunidades ao rival desde a liña de tiro libre.
Estes puntos marcaron a diferenza no anterior partido contra o Tenerife e poderían volver facelo contra o Azpeitia, que ten unha media de acerto do 70,1%.
Esta efectividade sitúa ás vascas na quinta posición da táboa. Con máis de 550 puntos anotados, lonxe dos 427 do Cortegada, as xogadoras do Azpeitia suman seis vitorias e 14 puntos.
A última vitoria que lograron foi na casa, fronte a un Arxil inferior e que non foi quen de frear a Marguerita Effa, a quinta máxima anotadora en tiros de 2 da categoría e que asinou 17 puntos no anterior encontro.
Gorabeherakin baino Azkoitiko Kiroldegian 👍 atsedenaldian@AzpeitikoUdala @Azkoitikoudala 43@cbarxil 34
Hemen Marguerite Effak sartutako kanasta bikain bat pic.twitter.com/rN76rf4Msz— Iraurgi SB (@iraurgisb) November 29, 2020
O Cortegada deberá frear a racha de vitorias das vascas, que suman xa catro consecutivas, para poder así rematar coa súa propia de derrotas que as deixa no máis baixo da Liga Feminina 2.