• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

O Cortegada perde a súa racha de vitorias (69-80)

Unha espectacular Dembele no Adareva fulminou ás galegas na súa pista

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
01/03/2021
en Liga Feminina 2 Basket, Baloncesto
Rosalía vs Cortegada / ROSALÍA FEDESA

Imaxe de arquivo Rosalía vs Cortegada / ROSALÍA FEDESA

60
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O AD Cortegada recibía en boa forma, en casa, a un rival de media táboa, o Vega Lagunera Adareva Tenerife, cunha xogadora no máis alto das MVP: Gnere Alima Dembele. Así, a superioridade da malí foi unha apisoadora para as galegas, que saíron derrotadas 69-80.

Un resultado que pon final á boa racha pola que pasaban as de Vilagarcía, que acumulaban tres vitorias e se perfilaban como o conxunto en mellor momento deportivo da parte inferior da táboa.

O Cortegada aguantou o que puido o arreón de Dembele

O xogo coral das galegas viuse completamente ensombrecido por unha xogadora individual do bando rival: Dembele. A baloncestista do conxunto tinerfeño foi a protagonista do partido, guiando ao seu equipo á vitoria.

Os primeiros minutos deixaron ver un duelo igualado, con ocasións para ambos conxuntos baixo o aro, pero cun ritmo favorecedor para o Cortegada. O plantel dirixido por Javier Nogueira aproveitaba a escasa intensidade defensiva para manterse dentro do partido e incluso colocarse por diante momentaneamente.

Entón, as canarias fixeron gala da súa superioridade e pisaron o acelerador, esixíndolle máis ás galegas. A isto engaiuse que nas filas do equipo de Vilagarcía tanto Patricia Vicente como María Centeno fixeron dúas faltas, trastocando os plans locais. Catro minutos en branco pasáronlle factura ás galegas, que remataron o primeiro cuarto en inferioridade, cun 14-17 no marcador.

Para o segundo tempo o Adareva saiu forte desde o primeiro momento, dificultando o xogo local de cara á canastra á vez que non perdoaba baixo o aro. Un parcial 2-11 marcou a tónica deste segundo cuarto.

Foi entón cando Dembele, fundamental en calquer partido das tinerfeñas, comezou a relucir. Aproveitando á súa máixma anotadora e a presenza física das súas xogadoras interiores, as visitantes abríanse paso no luminoso.

O Cortegada chegou a verse a 16 puntos de distancia das rivais. Non existía un punto na pista desde o cal a de Mali non soubera anotar, chegando ao descanso con 22 puntos ás súas costas. Porén, as galegas anotaron dous triplos consecutivos que mantiñan os seus ánimos para afrontar a segunda metade. O tempo de descanso chegou co 26-39.

Malia as dificultades que tiñan por diante, as xogadoras de Nogueira saltaron á pista tras o paso por vestiarios con ganas e enerxía. Subindo o nivel da defensa e con maior acerto cara o aro, as galegas apretaban o marcador e achegábanse perigosamente ás canarias.

O Cortegada aferrábase á liña de tres como a salvación ante unha espectacular Dembele. Os primeiros puntos das locais nesta segunda metade chegaron desde o triplo, cunha inspirada Zeltia Presas que poñía o electrónico no 43-49.

Pero xusto cando o cadro local rozaba o empate, reapereceu a africana nas filas visitantes para salvar o partido. As de Vilagarcía estaban xa a dous puntos (53-55), no momento no que comezou o segundo asalto de Dembele.

O conxunto dirixido por Nogueira non baixaba os brazos e seguía sendo a sombra dun Adareva superior, pero que non remataba o duelo. O 64-69 chegaba ao marcador cun triplo da ala pívot visitante, sendo a guinda dos seus 11 puntos consecutivos.

Finalmente, malia as oportunidades creadas polo Cortegada, a mellor xogadora da competición foi superior e levou ao Adareva ao trunfo, sendo responsable da metade de puntos do seu propio conxunto.

FICHA TÉCNICA

69) AD CORTEGADA: Patricia Vicente (13), Sara (11), María Centeno (7), Cris Loureiro (9) e Sedlakova (17) -cinco inicial-. Tamén xogaron:  Zeltia (9), Lorena, Miriam e Wanyama (3).

80) VEGA LAGUNERA ADAREVA TENERIFE: Luque (12), Negrín (2), Ilunga (8), Ibáñez (6) e Dembele (41) -cinco inicial-. Tamén xogaron: Contino, Adebayo (9), Reynés e Expósito (2).

PARCIAIS:  14-17, 12-22, 27-19 e 16-22.

ÁRBITROS: Alonso e Martínez. Sinalaron 16 faltas ao Cortegada e 19 ao Adareva.

INCIDENCIAS: Partido de baloncesto correspondente á 22ª xornada da Liga Feminina 2 disputado no pavillón de Fontecarmoa.

Etiquetas ad cortegadabaloncestobasketcortegadaLF2liga femenina 2liga feminina 2Vega Lagunera Adareva Tenerifevilagarcía
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

A concelleira de Deportes de Compostela, Pilar Lueiro, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, visitando Santa Isabel, pavillón que acollerá o estatal de basket 3x3 de clubs U17 / FEGABA

Santiago de Compostela, sede do Campionato de España de Baloncesto 3×3 de clubs U17

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  A capital galega acollerá do 12 ao 14 de xuño o Campionato de España de Baloncesto 3x3 de clubs...

Na presentación da II Eleas seguen na cancha que terá a Mar Rovira como protagonista participou o presidente da FEGABA, Julio Bernárdez, e a concelleira de Deportes do Concello de Santiago de Compostela, Pilar Lueiro / FEGABA

A psicóloga deportiva Mar Rovira, protagonista da II Xornada “Elas seguen na cancha”

por Redacción As Nosas
05/05/2026
0

Mar Rovira, psicóloga deportiva, autora do informe Basket Girlz e responsable do Departamento de rendemento mental do Rcd Espanyol, Protagonista...

Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
22/02/2026
0

Baloncesto do bo e derbi galego. Ese é o cartel do partido que esta tarde (18:00 h, Pazo Municipal dos...

As xogadoras do Baxi Ferrol visitan a iogurtería de Clesa / CLESA

As xogadoras do BAXI Ferrol visitan a fábrica de CLESA e reforzan a histórica relación da marca co baloncesto ferrolán

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

As deportistas do BAXI Ferrol fixeron un percorrido polas instalacións e coñeceron en detalle os procesos de calidade, innovación e...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou A 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou A 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

13/05/2026
Gran Premio Cantones de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES

O G.P. Cantones de marcha contará cun novo circuíto e novas distancias

13/05/2026
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

12/05/2026
Representación de Galicia no podio da proba de 5.000 mts do Campionato de España categoría Sub-18 feminina, na que foi primeira Sabela Castelo, do Sanysec-Ourense e segunda, Paula Fernández da Sociedad Gimnástica de Pontevedra / RFEA

Cinco medallas para Galicia no Campionato de España de atletismo de 5.000 e 10.000 metros

12/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.