• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte

O Coronavirus para o deporte galego

Parón xeneralizado de todas as competicións durante, canda menos, as vindeiras dúas semanas pola crise do COVID19

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
13/03/2020
en Máis Deporte
Bancada na Reigosa / LAURA G.

Bancada na Reigosa / LAURA G.

92
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O deporte galego paralízase pola crise do Coronavirus COVID-19 que está a afectar a moitos ámbitos da nosa sociedade e que detivo por completo o deporte, adestramentos e competicións, ante as recomendacións que as autoridades sanitarias establecen. Ata este momento non se coñecen con exactitude os prazos nin os tempos no que o deporte permanecerá pausado. Polo momento, as actividades deportivas veránse afectadas, al menos, dúas semanas polo que non teremos deporte ata principios do mes de abril.

O deporte, con esta pausa, non pretende crear ningún tipo de alerta nin alarma social pero esta decisión  entendeuse necesaria para un panorama totalmente extraordinario. Tanto as federacións coma os clubs, con esta medida, pretenden garantir a saúde e seguridade das deportistas e de todas as persoas que dun ou doutro xeito move cada día todos e cada un dos deportes.

Fútbol

O deporte rei foi un dos principais afectados polo número de xogadoras federadas e da repercusión que xenera, pero non o único estamento afectado.

A Real Federación Española de Fútbol recomendou esta misma mañá a todos os clubs de futbol de España que suspendan todos os adestramentos colectivos e preparen plans de adestramento individual para as súas futbolistas, así como que todas os xogadoras sigan escrupulosamente as indicacións das autoridades sanitarias e gubernativas.

Balón de fútbol / SABELA MOSCOSO
Balón de fútbol / SABELA MOSCOSO

A Federación fixo pública hoxe unha Circular dirixida a todos os clubs e estamentos da RFEF na que lembra que acordou suspender durante un prazo inicial de dúas semanas todos os partidos das competicións oficiais de ámbito estatal e recomendou o mesmo tipo de medida para todas as competicións oficiais de ámbito autonómico.

“Desde a RFEF entendemos que, nestes momentos, a prioridade é a protección dos futbolistas, dos adestradores, dos árbitros e todo o persoal dos clubs e das federacións que están implicados nas competicións -sinala a Circular- e por esta razón, recomendamos encarecidamente que todos os clubs suspendan tamén todos os adestramentos colectivos de todos os seus equipos mentres non existan competicións oficiais”.

Pide así mesmo aos clubs que, “de maneira complementaria, sigan todas as indicacións que se están dando desde as respectivas autoridades sanitarias, especialmente as accións de illamento e estancia nos respectivos domicilios con mobilidade mínima”.

“Entendemos que non proceden os adestramentos colectivos e aconsellamos que cada club elabore un plan de adestramentos individualizados para os seus xogadores”, finaliza a Circular.

LIGA IBERDROLA

Na Liga Ibedrola, o Deportivo ABANCA suspendeu os adestramentos ata novo aviso. As branquiazuis estaban citadas por Manu Sánchez en Abegondo o vindeiro luns 16 de marzo ás 17.00 horas.

Coa competición aprazada, a Liga Iberdrola, pola crise do coronavirus COVID-19, o míster do Dépor Abanca dediciu dar descanso as súas futbolistas sen data de regreso. A Liga, ademais, contaba cun parón ata finais do mes de marzo. Agora, haberá que esperar canto tempo estaremos sen desfrutar do conxunto branquiazul.

A pesar de non ter que pisar a cidade deportiva debido as medidas que se teñen que tomar polo COVID-19 según informou o Ministerio de Sanidade e o Consello Superior de Deporte, as xogadoras deportivistas levan deberes en forma de traballo físico para cada día desde os seus domicilios.

O obxectivo dos técnicos branquiazuis é o da readaptación á rutina semanal para encarar en boas condicións físcas o tramo final da competición nacional.

Cidade Deportiva Abegondo | RCD
Cidade Deportiva Abegondo | RCD

O Dépor tamén anunciou que toda a actividade diaria na Cidade Deportiva de Abegondo queda suspendida, excepto os adestramentos do equipo profesional masculino, que se realizarán a porta pechada. Do mesmo xeito quedan canceladas todas as actividades da Escola RC Deportivo nas instalacións de Pádel Plus Alvedro.

LIGA RETO

O Peluquería Mixta Friol, da Liga Reto, tomou a decisión de reducir os adestramentos pero ainda están pendentes das medidas que se recomenden desde as autoridades por si cancelan ou non definitivamente toda a actividade.

Geluco Villar, adestrador do Friol: “En principio reducimos os entrenos pero é peor parar que adestrar se logo a xente non queda en casa e sae por aí ou viaxa aos seus domicilios. Coas xogadoras que son de fóra é difícil saber que podemos facer pero iranse tomando as medidas segundo recomenden as autoridades”.

Bancos na Reigosa, Friol / LAURA G.
Bancos na Reigosa, Friol / LAURA G.

PRIMEIRA DIVISIÓN NACIONAL

Xa na Primeira División Nacional, son moitos equipos os que anunciaron a través das súas redes socais a suspensións dos adestramentos durante as vindeiras dúas semanas.

SÁRDOMA

📢 COMUNICADO OFICIAL
.
.
Siguiendo la misma linea de la @somosrfef y @futgal_oficial , quedan suspendidas a partir de mañana jueves todas las actividades, entrenamientos y partidos de todas nuestras categorías durante los próximos 15 dias. pic.twitter.com/lfwGfDAvu6

— Sardoma de Vigo C.F. (@SardomaCdF) March 11, 2020

VICTORIA CF

Comunicado oficial Victoria CF

🚨 Comunicado Oficial 🚨

Desde o dia de hoxe, 11 de marzo de 2020, suspéndense a actividade (adestramentos e competicion), de acordo con este COMUNICADO OFICIAL DEL VICTORIA CF👇https://t.co/4vvdzhJrnA

— Victoria Club Fútbol ⚽🦓 (@VictoriaCF1943) March 11, 2020

UMIA CF

View this post on Instagram

COMUNICADO URXENTE Ante ós últimos acontecementos que se están xerando a raíz da expansión do Coranovirus (SARS-CoV-2), virus asociado coa enfermidade COVID-19, e logo dos comunicados do CSD, da Secretaría Xeral para o Deporte, da Real Federación Española de Fútbol e da Real Federación Galega de Fútbol, no que se decreta a suspensión da competición estatal e autonómica de fútbol e fútbol sala durante as dúas próximas semanas, a Xunta Directiva do Umia C.F. comunica a suspensión de TODA ACTIVIDADE DEPORTIVA (partidos e adestramentos), como medida preventiva, ante unha situación extraordinaria, para evitar posibles contaxios, dende ás 15.00 horas de hoxe xoves día 12 de marzo, ata que as autoridades competentes garantan a saúde e seguridade dos nosos xogadores e xogadoras, e de todas as persoas vencelladas co club. A protección da saúde, das e dos deportistas do noso club, é unha das prioridades do Umia C.F., prioridade que está por enriba de calquera actividade deportiva competitiva ou formativa. O club manterá un contacto permanente coas autoridades deportivas e sanitarias de Galicia e informará puntualmente de calquera cambio que se produza no referente a esta situación. No obstante, recomendase ós/ás deportistas do club que na medida do posible non descoiden a súa actividade física, de cara a afrontar, se finalmente é posible, o tramo final da tempada 19/20. Grazas pola vosa comprensión e colaboración. Barrantes, 12 de marzo de 2020 O presidente do Umia C.F. Manuel Abuín Castro (“Piris”) Canles de comunicación do club: – e-mail: umiacf@hotmail.com – facebook: umiacf – instagram: umiacf – Área fútbol masculino: Jito (679 291 075) – Área fútbol feminino: Edu (662 006 070)

A post shared by Umia Club de Fútbol (@umiacf) on Mar 12, 2020 at 4:58am PDT

Fútbol sala

Tanto na Primeira como na Segunda División de futsal, a maoría dos equipos acataron a decisión de cancelar os adestramentos tras a suspensión oficial das dúas vindeiras xornadas de Liga.

O Cidade de As Burgas publicou esta comunicado oficial nas súas redes e o seu adestrador, Manolo Codeso, valorou deste xeito a situación e as medidas adoptadas: “O ideal é parar, por educación e para previr un maior risco. Non ten sentido que paren as competicións e nós sigamos adestrando. Cancelamos os adestramentos desta semana e a que vén e mandaremos traballo individualizado ás xogadoras. Agora os máis importante é a saúde das persoas. Temos que aceptar esta situación e achegar o noso granito de area para que este problema non vaia a máis. É importante que adoptemos estas medidas e deamos exemplo”.

Manolo Codeso, adestrador do Cidade de As Burgas: “O ideal é parar, por educación e para previr un maior risco. Non ten sentido que paren as competicións e nós sigamos adestrando”

COMUNICADO OFICIAL pic.twitter.com/f8pXDdXFj6

— Cidade de As Burgas FS (@cidadeasburgas) March 12, 2020

O Pescados Rubén Burela anunciou que só suspenderá os adestramentos do fútbol base e manterá, polo momento, os adestramentos dos primeiros equipos tanto feminino como masculino.

Despois das medidas que acaba de adoptar a Xunta de Galicia, o Pescados Rubén Burela FS decidiu suspender os adestramentos de base durante 14 días, período no que non haberá actividade lectiva nin extraescolar.
XUNTA DE GALICIA: Seguindo o criterio dos expertos, máis medidas para conter o coronavirus:
✔ Peche de centros sociocomunitarios
✔ Suspensión da actividade lectiva e extraescolar durante 14 días
✔ Limitar a 50 persoas o aforo en espazos pechados
✔ Protocolo de actuación no emprego público

📢 Quedan suspendidos los entrenamientos de la #BaseLaranxa desde este momento durante 14 días, tras la decisión tomada por la @Xunta de suspender la actividad lectiva y extraescolar como medida para contener el #COVID19. pic.twitter.com/HruF3NeEYc

— Pescados Rubén Burela FS (@burelafs) March 12, 2020

O Poio Pescamar seguiu a mesa liña que o conxunto laranxa e suspendeu todos os adestramentos dos equipos da base e o masculino sénior desde hoxe mesmo. O feminino de Primeira División seguirá adestrando pero a porta pechada e con todas as medidas oportunas a seguir.

¡Suspensión de partidos! 🚨 pic.twitter.com/emkqACRCFw

— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) March 11, 2020

No Ourense Envialia tras unha reunión entre o corpo técnico e as capitás onte a última hora da tarde decidiron suspender os adestramentos e facer traballo individualizado para evitar calquera risco.

Morenín, adestrador do Ourense Envialia: “Paréceme unha decisión moi acertada e sensata que paren as competicións. Ao final viaxas a outras comunidades e tes contacto con moita xente, creo que é unha decisión moi correcta e adecuada. Tras a reunión entre o corpo técnico e as capitás decidimos facer traballo individualizado ata que se normalice a situación”.

Porteira Viaxes Amarelle / SABELA MOSCOSO
Porteira Viaxes Amarelle / SABELA MOSCOSO

Na División de prata do fútbol sala a tónica seguir é moi similar á Primeira División. En lo relativo a la decisión sobre el primer equipo del club, la decisión está todavía por decidir y pendiente de valoración con el cuerpo técnico del primer equipo, jugadoras y la propia junta directiva, viendo la forma menos lesiva para la gran temporada que el equipo lleva en este curso.

O conxunto herculino anuncio mediante as súas redes sociais o suspensión dos adestramentos e actividades do filial. O Viaxes Amarelle suspende adestramentos e actividades do filial con motivo do coronavirus COVID-19. 

No relativo á decisión sobre o primeiro equipo do club, a decisión está aínda por decidir e pendente de valoración co corpo técnico do primeiro equipo, xogadoras e a propia xunta directiva.

⚽️😷🛑 SUSPENDEMOS ENTRENAMIENTOS ‼️

El @amarellefsf suspende entrenamientos y actividades de filial y categorías inferiores con motivo del coronavirus COVID-19#FutsalFemenino #StopEntrenamientos #StopCoronaVirus #COVID19 #vamosNaranjas

* más info en https://t.co/TG6VMAsxkt pic.twitter.com/QjiUcUTC9G

— Viaxes Amarelle FSF (@amarellefsf) March 11, 2020

O Fisgón anunciou a través das súas redes esta mesma mañá que suspende todos os adestramentos do club ata novo aviso seguindo as recomendacións sanitarias.

📢 Quedan suspendidos los entrenamientos de TODOS LOS EQUIPOS de O Fisgón Futsal (Segunda Nacional, Séniors y toda la base). Seamos responsables y adoptemos las medidas indicadas para contener el #COVID19. ⚽️ Así volveremos antes…💪 #futsal #futsalfem #SegundaNacional #acfsf pic.twitter.com/bc47aCL9Uy

— @ofisgonfutsal (@ofisgonfutsal) March 13, 2020

Patinaxe

Na Federación Galega de Patinaxe anunciouse no día de onte o aprazamento de todas as probas e competicións de ámbito autonómico de patinaxe. A entidade tamén publicou un escrito que recolle a decisión tomada:

Ao obxecto de asumir a nosa responsabilidade como federación ante as recomendacións dadas polos distintos organismos oficiais #ante o incremento de transmisión do COVID-19, na nosa comunidade autónoma, co obxecto de reducir o risco de contacto entre os deportistas.

Os clubs teñen un funcionamento autónomo, por tanto, serán eles os que deban asumir as súas propias decisións e responsabilidades para evitar a propagación e transmisión do COVID-19 entre os seus deportistas; considerando que deben ter en conta todas as recomendacións dadas e que son de dominio público ao ser constantemente difundidas polos medios de comunicación.

Ante as consultas recibidas sobre se devandito escrito refírese tamén aos adestramentos dos clubs, infórmaselles que non, que como consta no punto dous a decisión é exclusiva dos clubs, ao non haber a día de hoxe prohibición expresa por parte das autoridades.
Que desde esta Federación soamente pódese recomendar:

4.1 A suspensión dos mesmos mentres dure esta medida

4.2 Que os clubs que decidan continuar cos adestramentos, deberán tomar todas as medidas recomendadas polos organismos oficiais e que son difundidas polos medios de comunicación para evitar a propagación do COVID-19 entre os seus deportistas, técnicos, … (hixiene, medidas a tomar en caso de tose, reducir o contacto social físico, distancia de seguridade,…)

Que estamos todos expectantes á evolución do virus, polo que debemos estar pendentes da mesma e das decisións que tomen as autoridades pertinentes, xa que segundo evolucione, estas poden ser cambiantes.
Desde a Federación teráselles informados das decisións que se tomen en cada momento en función da situación e das instrucións recibidas.

O Hockey Club Liceo foi un dos clubs afectados e comunicaron que “en principio e ata novo aviso temos adestramentos cancelados”.

O HC Borbolla tamén pronunciouse ao respecto e comunicaron que “desde o viernes 13 suspendimos todos os adestramentos ata novo aviso”.

O APG Bierzo sacou un comunicado o pasado xoves que indicaba o seguinte:

Seguindo as indicacións das administracións públicas e das Federacións de Patinaxe de Galicia e Castela e León, decidimos por precaución ante a ameaza do coronavirus COVID-19, suspender os adestramentos de todas as categorías durante 15 días a partir deste xoves 12 de Marzo de 2010. Se todo vai ben pasado este período retomaranse os adestramentos e competicións.

Borbolla vs Cía de María, hoquei a patíns / P. LION
Borbolla vs Cía de María, hoquei a patíns / P. LION

Natación

Desde a FEGAN  sinalaron onte a suspensión da actividade federativa competitiva e de tecnificación. Destacan este feito como un exercicio de responsabilidade e prudencia, co ánimo de tentar controlar a propagación deste virus e co obxecto preservar a saúde dos deportistas, obxectivo intrínseco e fundamental da propia práctica deportiva. natación

O CW Pontevedra de waterpolo suspendou temporalmente toda a actividade, incluídos adestramentos de todas as categorías durante al menos as vindeiras dúas semanas. Este foi o comunicado do club galego: 

En vista do escenario de pandemia decretada pola OMS en relación coa propagación xeneralizada do COVID-19 e seguindo as recomendacións do Ministerio de Sanidade, o CSD, a S.X para ou Deporte da Xunta de Galicia e a propia Federación Galega de Natación ( FEGAN), o CW Pontevedra decidiu paralizar temporalmente a súa actividade, polo menos por un período de dúas semanas. Iso supón que como medidas cautelares tómense as seguintes decisións en relación a todos os actos e eventos que a curto prazo tiña previsto desenvolver o club e entre os que se inclúen:

1º. Cancelar a primeira sesión do seu Programa de Formación Complementaria prevista para o vindeiro venres 13 de marzo.

2º. Suspender a xornada de Ligas Galegas de Waterpolo que estaban previstas para o vindeiro sábado 14 de marzo na piscina do CGTD de Pontevedra seguindo as indicacións da FEGAN.

3º. Manter inicialmente a actividade de adestramentos en todas as categorías do club pero declaralos de carácter voluntario durante as dúas próximas semanas (polo menos desde hoxe 12/03 ata o 27/03), deixando a decisión a criterio dos/ as deportistas e os seus titores legais no caso dos menores de idade e baixo a súa propia responsabilidade persoal. En todo caso, deberanse extremar as medidas de hixiene e salubridade pertinentes antes e despois de cada adestramento, dado o carácter público das instalacións utilizadas.

Desde a Xunta Directiva do CW Pontevedra cremos que corresponde tomar esta decisión realizando un exercicio de responsabilidade e prudencia co ánimo de tentar controlar ou polo menos retardar, na medida do posible e no que está ao noso alcance, a propagación deste virus e co obxectivo primordial de preservar e garantir a saúde dos nosos/ as deportistas.

Sendo conscientes dos prexuízos que estas medidas poden supoñer para os nosos deportistas, socios e técnicos, apelamos á comprensión e colaboración por parte de todos/ as para minimizar os riscos e, dese xeito, poder recuperar a actividade habitual do club o máis axiña posible e a condición de que as autoridades sanitarias e deportivas estímeno oportuno.

En todo caso, seguiremos actualizando e mantendo informados/ as de maneira permanente aos nosos/ as socios/ as a través das nosas canles de comunicación habituais (páxina web, redes sociais, correo electrónico,…) sobre as novidades que vaian xurdindo no transcurso dos próximos días e semanas, quedando á vosa disposición para calquera consulta ou aclaración respecto a estas medidas excepcionais.
Xunta Directiva do CW Pontevedra

Baloncesto

O baloncesto non foi menos e a Federación Galega de Baloncesto comunicou a suspensión da totalidade das súas competicións, tanto de ámbito autonómico como zonal e independentemente da categoría. Esta decisión pasou a ser efectiva desde o pasado 11 de marzo ata o vindeiro 25 de marzo, nun inicio.

Varios foron os clubs que anunciaron a suspensión dos adestramentos. No caso do Ensino Lugo cancelaba onte os adestramentos da canteira a hoxe pola mañá ampliariao a todos as categorías do club.

📢COMUNICADO OFICIAL

Quedan suspendidas todas las actividades y entrenamientos de todos los equipos de cantera del club, desde mañana viernes dia 13 de Marzo hasta nuevo aviso.

También las Escuelas Deportivas de Ensino que se celebran en el polideportivo Municipal de Frigsa. pic.twitter.com/m0zp862LkD

— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) March 12, 2020

Ademais, as xogadoras norteamericanas do conxunto lucense regresarán ao seu páis por recomendación do Goberno americano.

⚠️ ACTUALIZACIÓN #Covid_19

– Se SUSPENDEN los entrenamientos del primer equipo del Ensino Lugo.

– Nuestras jugadoras 🇺🇸 americanas van a regresar a su país por recomendación de su Gobierno.

Seguiremos informado según tengamos más información.

— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) March 13, 2020

Balonmán

A Federación Galega de Balonmán acordou a suspensión desde onte xoves día 12, todas as competicións Autonómicas, provinciais e amigables durante un período de dúas semanas e recomendou aos clubs que suspendan os adestramentos de todas as categorías.

Varios clubs como o BM Porriño fixeron caso as recomendacións e publicaron a través das súas redes o suspensión das actividades durante dúas semanas.

Suspendidas todas las actividades durante dos semanas https://t.co/PuZfJIRlXb#SomosABANCA #fdeportegal #GaliciaSaudable

— Balonmano Porriño (@BmPorrino) March 11, 2020

O AD Carballal da División de Honra de Prata anunciou a suspensión dos adestramentos de todas as categorías desde onte xoves 12 e durante como mínimo 10 días. Añaden que as actividades volverán a retomarse o luns 23, salvo que as autoridades determienen o contrario.

pic.twitter.com/NjcRwnshQF

— AD Carballal Oficial (@ADCarballal1977) March 11, 2020

Rugby

Segundo as medidas adoptadas pola Secretaria Xeral para o Deporte a Federación Galega de Rubgy anunciou a suspensión de actividades desde o 11 de marzo e durante dúas semanas. 

Comunicado Federación Galega Rugby | FGR
Comunicado Federación Galega Rugby | FGR

O CRAT e o Muralla valoraron positivamente as medidas adoptadas e deron o seu apoio á FGR a través dos seus canles de información.

https://twitter.com/CRAT1976/status/1238138831326625794

⚠️ Comunicado da directiva anunciando a suspensión das actividades durante as 2 vindeiras semanas por mor da crise do #COVID19. https://t.co/Cwve1PmFCn pic.twitter.com/03PcSvePg1

— Muralla Rugby Club (@MurallaRugby) March 11, 2020

Volei

Seguindo as recomendacións recibidas dende CSD, RFEVB e Secretaría Xeral para o Deporte, ante a situación e evolución do coronavirus (COVID-19) e co fin de garantir a saúde e seguridade dos deportistas e afeccionados, a Federación Galega de Voleibol adoptou cinco medidas para frear a crise do coronovirus. 

O club Voleibol Emevé sumouse á FGV e decidiu suspender todas as actividades deportivas (tanto competicións como adestramentos para todos os equipos ARENAL EMEVÉ) desde onte día 12 de Marzo ata o Luns 23 de marzo, ante as recomendacións das Autoridades Sanitarias, así como o peche das instalacións deportivas.

https://www.instagram.com/p/B9ofB7VKbDW/?igshid=1pmpb3ld4hwp3

Halterofilia

A Federación Galega de Halterofilia anunciou, a través do comunicado feito polo secretario xeral, Juan Lama, da federación española deste deporte, que se pospoñen temporalmente as súas actividades ante o coronavirus, COVID-19. Moitas desas citas xa teñen novas datas, destacando as dúas competicións que se realizan en Galicia nas cidades da Coruña e de Vigo.

Etiquetas atletismobaloncestobalonmáncoronavirusCOVID19fútbolfútbol salafutsalhalterofiliahoqueiNATACIÓNpatinexerugbyvoleiVoleibol
Comparte22Chía
Publicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia

Relacionado co tema

Club Galaico Sincro no Campionato de España Junior e Senior de Natación Artística / FEGAN

O Club Galaico Sincro acada dúas medallas no Campionato de España Junior e Senior de Natación Artística

por Redacción As Nosas
27/03/2023
0

  Dúas medallas para Club Galaico Sincro no Campionato de España Junior e Senior de Natación Artística. Segundo informa a...

Celebración do ascenso do BAXI Ferrol na tempada 2022-23 á LF Endesa desde a LF Challenge na Malata / SANDY LÓPEZ - FEB

Regreso á elite do BAXI Ferrol que vence 76-52 na Malata

por Redacción As Nosas
26/03/2023
0

  Os números do BAXI Ferrol neste curso 2022-23 apuntaban ao que finalmente aconteceu. O Universitario regresa á élite do...

Pescados Rubén Burela vs ENCE Marín FutSal / BURELA FS

Goleada do Burela ao Marín nun novo derbi do futsalfem galego en Vista Alegre (5-0)

por Redacción As Nosas
26/03/2023
0

  No pavillón de Vista Alegre tivo lugar un derbi galego esperado no futsalfem. Víanse as caras o Pescados Rubén...

Viaxes Amarelle FSF vs CD Leganés / VIAXES AMARELLE FSF

Táboas que non abondan ao Viaxes Amarelle ante o CD Leganés (2-2)

por Redacción As Nosas
26/03/2023
0

  O equipo herculino do Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, chegaba do parón polo Europeo de seleccións con...

Dépor ABANCA vs Córdoba CV Femenino en Abegondo / RCD

O Dépor ABANCA visita ao Córdoba CF coas “cabezas preparadas” logo da derrota co Barça B

por Redacción As Nosas
25/03/2023
0

  Logo dunha derrota, o mellor é xogar canto antes para poder vencer e recuperar animicamente ao bloque. Iso, din,...

Ver máis
Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Alicia Babarro, no Extreme Barcelona / BLANCA FLORENZA

A galega Alicia Babarro entra no equipo estatal de Breaking Sub-16

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Alicia Babarro, no Extreme Barcelona / BLANCA FLORENZA

A galega Alicia Babarro entra no equipo estatal de Breaking Sub-16

30/03/2023
Os deportistas gañadores de cinco medallas galegas na 1ª proba da Copa de España de escalada de velocidade celebrada en Oviedo xunto coa presidenta da Federación Galega de Montañismo, Josefina Maestu / FGM

Galicia consegue cinco medallas na primeira proba da Copa de España de Escalada de Velocidade celebrada en Oviedo

30/03/2023
Guillermo Rey e Pedro Orgeira forman parte do equipo investigador deste proxecto de investigación ligado á ximnasia ritmica e á aeronáutica / UVIGO

Enxeñería aeronáutica e drons para axudar na puntuación de exercicios de ximnasia rítmica

29/03/2023
A ciclista galega Lorena Patiño, 2ª cadete no GP Pontevedra - Copa de España COFIDIS de ciclismo en estrada / RFEC

As galegas brillan na Copa de España Cofidis GP Pontevedra cun triunfo e dous segundos postos nesta proba de ciclismo en estrada

27/03/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.