O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar e a Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE) asinaron un convenio para sumar forzas e defender os intereses da industria do deporte no seu conxunto e contribuir ao desenvolvemento dunha actividade económica que xa supón o 2.5% do PIB de Galicia.
A través deste acrodo, ambas entidades asumen o compromiso de fomentar o intercambio de experiencias e persoal nos campos da docencia e investigación, particularmente, no ámbito da actividade física e do deporte.
Da mesma forma, tanto Sofía Toro, xerente do Clúster, como Eduardo Blanco, presidente de AGAXEDE, destacaron a impostancia de impulsar o desenvolvemento de proxectos comúns de interese.
Durante a firma do convenio, Sofía Toro sinalou que “desde a creación do Clúster consideramos importante a sinatura deste convenio, pois cremos que para o ben do sector é moi positiva a vinculación académica e científica que establecemos a través deste acordo”.