Hoxe, sábado 18 de febreiro, o Club Waterpolo Pontevedra recibirá ao Agrupació Esportiva Santa Eulàlia (AESE) na piscina da Escola Naval Militar de Marín para despedir a primeira fase da liga Nacional de Primera División Feminina.
O partido, que comezará ás 17:00 horas, servirá para que o público poida homenaxear ás xogadoras pontevedresas polo gran éxito alcanzado ata o momento, nada menos que co billete para xogar un ano máis na categoría nacional e a falta de xogar toda a segunda fase.
As pontevedresas saltarán ao auga como sempre con intención de lograr os dous puntos. Cun refacho de 5 vitorias consecutivas (e 7 nos últimos 8 partidos), o Club Waterpolo Pontevedra buscará ampliar o seu récord nesta tempada histórica para o waterpolo pontevedrés e galego.
En fronte terán ás catalás do Agrupació Esportiva Santa Eulàlia (AESE), equipo que ocupa a quinta posición, e que non poñerá fácil o obxectivo das galegas.
Para asistir como público, haberá que cubrir o seguinte formulario antes do venres: Formulario de acceso para o público. Desde o Club Waterpolo Pontevedra reiteran o seu “sincero agradecemento á Escola Naval Militar de Marín polas súas continuas facilidades para que os nosos equipos adestren e xoguen nas súas instalacións”.