O circuíto de carreira populares Coruña Corre do Concello da Coruña regresará o próximo domingo 11 de setembro coa Volta a Oza.
Onte luns 29 de agosto tivo lugar a presentación desta proba, na que participou a concelleira de Deportes, Mónica Martínez. Estiveron presentes no acto Paulo Sexto, presidente da Asociación de Veciños de Oza-Os Castros-A Gaiteira, e Juan Manuel Morales, do Marineda Atlético, entidades que colaboran na organización do evento, así como o exxogador de baloncesto Fernando Romay, veciño da Gaiteira, e Estrella Pérez, presidenta da Asociación de Comerciantes ACOCEM (Castrillón, Eirís y Monelos).
Xa hai 800 persoas inscritas na Volta a Oza
Preto de 800 persoas xa están inscritas nesta carreira popular integrada no circuíto Coruña Corre. A data límite para anotarse será o domingo 4 de setembro ás 23.59 horas. A Volta a Oza coincidirá co Día da Familia que se celebra no parque de Eirís. Alí desenvolverase un amplo programa de actividades para todos os públicos organidado por ACOCEM, segundo informa o Concello da Coruña.