Celta Zorka Recalvi e Ulla Oil Rosalía protagoniza un dos duelos galegos da primeira xornada la Liga Feminina 2 (LF2). O cruce, previsto para este sábado 10 de outubro no pavillón vigués de Navia, terase que disputar a porta pechada por mor da situación sanitaria provocada pola COVID-19.
Segundo comunica o Celta Zorka Recalvi: “tras realizar por parte do noso club, a petición oportuna ao Concello de Vigo como propietario da instalación, aconséllasenos disputar o mesmo sen acceso de espectadores á espera de observar como evoluciona a situación sanitaria actual”.
Explican desde o club que desexan “fervientemente que en datas próximas a nosa afección poida regresar a Navia e acompañar ao equipo gozando desta competición”.
Tamén informan desde o club vigués que “todos os partidos que Celta Zorka Recalvi dispute en Navia, serán ofrecidos en directo vía streaming por Canle FEB.