• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

O Celta suma de dous en dous

As viguesas tiñan dobre cita en Navia que resolveron con dúas vitorias, ante o Azkoitia Azpeitia e o Magec Tías

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
01/03/2021
en Liga Feminina 2 Basket, Baloncesto
Stamenkovic no Celta - Magec / CELTA BALONCESTO

Stamenkovic no Celta - Magec / CELTA BALONCESTO

41
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O Celta Zorka Recalvi está en racha e non perdoa. A pasada fin de semana as celestes tiña dobre compromiso e cumpriron nos dous. Dúas vitorias (ante Azkoitia Azpeitia e Magec Tías) que lle valen para volver ao podio da Liga Feminina 2.

O primeiro destes trunfos colleitouse ante as vascas do Azpeitia, un rival directo na loita por ter opcións para ascender. Cun 85-58 final as galegas gañan os dous puntos e o average, o que lle permite superar ás súas adversarias.

O seguinte, nun partido celebrado o domingo, a vítima foi un Magec Tías que case lle arrebata a vitoria ás celestes. Finalmente, o Celta Zorka Recalvi recuperouse e tamén sumou un trunfo (54-46).

Dous puntos o sábado

A vixésima xornada que enfrontaba ao Celta e ao Azpeitia non se puido celebrar na súa data orixinal. Deste modo, aproveitando a viaxe das vascas para visitar ao Arxil, o partido recuperouse o pasado sábado.

Este duelo prometía ser un exemplo de igualdade e alto nivel entre dous conxuntos que aspiran a competir en Liga Endesa a próxima tempada.

Porén, as vascas non chegaron preparadas a terras galegas e xogaron completamente desconectadas. O equipo dirixido por Cristina Cantero aproveitou a baixa forma das rivais para asinar un contundente 50-16 para o tempo de descanso que deixaba sentenciado o encontro.

O cadro local enfilou o partido desde o inicio, coa destacada asociación de Coello e Davidova. Tres minutos foron suficientes para que todas as titulares celestes anotaran e asinaran un parcial 12-2 que sería un anticipo da tónica do duelo. O Azpeitia repondía con Morgan Green desde a liña de tres, pero sen espabilar o suficiente para achegarse ao empate.

Se o primeiro cuarto xa foi demoledor para as visitantes, as galegas aumentaron considerablemente a súa renda no segundo tempo. Un espectacular parcial 28-5 noqueaba ás vascas, que foron incapaces de reaccionar.

Segundo tempo mantendo o control

Na segunda metade, a conexión grupal do Celta e as súas acertadas rotacións mantiveron o control do partido no seu poder. Con todo en contra e case sen opcións para remontar, o Azpeitia espertou e comezou a anotar de maneira regular, pero sen ser superiores ás locais.

Cun parcial 4-10, Cantero pediu un tempo morto para que as súas non se relaxasen, malia que o resultado global non estivera ameazado en ningún momento. Aínda así, as vascas seguiron presionando para reducir distancias, que co tamén acertado Celta, se estabilizaron nos 25 puntos.

No último cuarto o guion xa estaba escrito e nada cambiou nel. As celestes mantivéronse fortes na súa pista e afianzaron unha vitoria antes de prepararse para o partido do días seguinte. O duelo rematou no 85-58.

Con esta vitoria, e por se quedaba algunha dúbida, o Celta certifica a súa clasificación para a Liga2 PRO para o próximo curso. As galegas teñen o basketaverage contra o GDKO Ibaizabal e seis partidos de marxe.

Consulta nesta ligazón as estatísticas do Celta – Azkoitia Azpeitia.

Revive os mellores momentos dándolle ao play:

E outros dous o domingo

Case sen descanso, o Celta volvía a Navia, desta vez para recibir ao Magec Tías no marco da 22ª xornada. O rival nesta ocasión semellaba fácil de controlar, ao ser o colista da clasificación, pero deu mostras de seguir moi vivo e puxo en perigo ás viguesas.

O comezo xa foi desalentador para as celestes. Cun parcial 0-8 as canarias chegaban pisando forte. Tres minutos en branco obrigaron a Cantero a pedir unha pausa para facer reaccionar ás súas. Con Lacorzana á cabeza, as galegas comezaron a remontar o primeiro cuarto deixándoo nun 7-10.

Para o segundo tempo as viguesas retomaron o seu característico ritmo anotador, chegando ao empate no 16-16 da man de Rosemarie Julien. O Magec seguía presionando, pero o Celta era xa superior e chegaba ao descanso cunha vantaxe de tres puntos (26-23).

Para a segunda metade o encontro seguiu coa mesma tónica. As canarias amezaban a defensa viguesa lideradas pola galega Regina Gómez, que logrou anotar oito puntos neste parcial. No bando do Celta, Stamenkovic asumiu o rol de líder para manter ao seu equipo por diante. O duelo converteuse nun vaivén de puntos e ocasións, deixando o último cuarto completamente aberto (39-38).

Neste cuarto final os dous equipos careceron de acerto anotador, polo que as súas defensas resultaron vitais na loita por vencer. As galegas seguían por diante, pero unha canastra de Haidara poñía en cabeza ao Magec (44-45). Porén, estes foron os últimos puntos dun tiro de campo das canarias.

Cos puntos sumados por Davydova, o Celta entraba no tramo final de novo con vantaxe: con tres minutos aínda por diante vencían de tres. Finalmente, as celestes afianzaron a súa vitoria, cun resultado final de 50-46.

Consulta nesta ligazón as estatísticas do Celta – Magec.

O Celta é o segundo equipo con mellor racha

Con nove vitorias seguidas, o Celta Zorka Recalvi é o segundo equipo en mellor momento. Sempre por detrás das tamén galegas do BAXI Ferrol, as celestes son o segundo conxunto que máis vitorias acumula de maneira consecutiva.

Ademais, os resultados das últimas xornadas permiten que as de Vigo volvan ao podio da LF2, onde xa teñen a praza asegurada de cara a tempada que ven. Con 38 puntos son terceiras, a dous do Ardoi (rival dentro de dúas xornadas) e seis do BAXI (rival dentro de tres semanas).

Así, o próximo partido podería significar a consecución do obxectivo principal: clasificarse matematicamente para a fase de ascenso.

Etiquetas Azkoitia AzpeitiabaloncestobasketCeltaCelta Zorka RecalviCritina CanteroLF2liga femenina 2liga feminina 2Magec Tías
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

por Redacción As Nosas
10/08/2022
0

As instalacións da pista do barrio da Sagrada Familia na Coruña melloráronse recentemente co puído da superficie para acondicionar a...

Presentación do campus co alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, o concelleiro de Deportes e Xuventude, Daniel Mallo, o director técnico do Campus e árbitro grupo 1 da Federación Española de Baloncesto, Cristian Martín Vázquez, o coordinador do Campus e membro da directiva do Xuncas Diversia, Carlos Pascual Faura, e o secretario do CB Cambre, Marcos Prieto Souto / CONCELLO DE CAMBRE

Cambre acolle un campus estatal de perfeccionamento técnico para árbitros de baloncesto

por Redacción As Nosas
07/08/2022
0

  A vila coruñesa de Cambre converterase, nos próximos días, na sede do II Campus de Árbitros, organizado polo Club...

Patricia Soler, na imaxe no Real Canoe, ficha polo BAXI Ferrol 2022-23 / UNI FERROL

Patricia Soler, nova fichaxe do BAXI Ferrol

por Redacción As Nosas
01/08/2022
0

  O Baxi Ferrol completa o persoal coa que vai competir na liga Challenge, coa incorporación da pivote malagueña Patricia...

Nevena Dimitrijevic, nova base do BAXI Ferrol 2022-23 / UNI FERROL

Nevena Dimitrijevic, nova base do BAXI Ferrol

por Redacción As Nosas
27/07/2022
0

  O Baxi Ferrol confirmou a segunda base para o seu novo proxecto da próxima tempada, trátase da serbia Nevena...

Doniyah Cliney ficha polo Celta Zorka Recalvi 2022-23

Doniyah Cliney suma a súa versatilidade ao Celta Zorka Recalvi 2022-23

por Redacción As Nosas
17/07/2022
0

  A beirado estadounidense Doniyah Cliney (New Jersey, 1996) formará parte do bloque do Celta Zorka Recalvi para a tempada...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

10/08/2022
Quen Makkinga, Kyra Elzinga e Nicky Dix, tres fichaxes holandesas do CRAT para este curso 2022-23 / CRAT RESIDENCIA RIALTA

Tres xogadoras internacionais holandesas reforzan ao CRAT esta tempada 2022-23

10/08/2022
Beach Rugby Vila das Pontes 2022 / SANDI LÓPEZ

As Pingüinas de Burgos levan a vitoria no II Beach Rugby Vila das Pontes

10/08/2022
Iria Barreiro Navarro, campioa galega benxamín, Celia Cerviño foi a campioa absoluta / FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS

Celia Cerviño, campioa Galega Absoluta de tenis

10/08/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.