• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto LF Challenge

O Celta Femxa Zorka acada un valioso triunfo na pista do Osés Construcción (62-66)

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
07/11/2025
en Baloncesto, LF Challenge
As celestes Diana Cabrera e Boquete reciben o recoñecemento do FNB Ardoi antes do inicio do partido co Celta Femxa Zorka / FNB ARDOI

As celestes Diana Cabrera e Boquete reciben o recoñecemento do FNB Ardoi antes do inicio do partido co Celta Femxa Zorka / FNB ARDOI

35
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Celta Femxa Zorka logrou unha meritoria vitoria na pista do Osés Construcción Ardoi no partido adiantado da oitava xornada, debido ás ventás FIBA de seleccións nacionais. Como ocorreu diante do Recoletas Zamora e do Melilla Ciudad del Deporte La Salle, as celestes déronlle a volta ao marcador nos derradeiros segundos do encontro, cando perdían por seis puntos.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Celta Baloncesto Femenino (@celtabaloncestofemenino)

Como indica a crónica de Nano Ameneiro na páxina oficial do club, o Celta Femxa Zorka está a facer da epopea a súa rutina. Dos sete partidos da presente tempada, en tres das súas vitorias conseguiu darlle a volta a un marcador que noutros contextos sería unha derrota segura.

Nesta ocasión, as celestes puideron remontar de novo ante Osés Construcción Ardoi, que durante moitos minutos presentou unha batalla na súa pista e vendeu cara a súa derrota. O partido, como tantos outros desta tempada, foi un motivo de reencontros. Ambos equipos foran os que descenderan a tempada pasada da Liga Feminina Endesa.

Nas filas do Osés Construcción estaban dúas xogadoras con pasado recente en Vigo: a base madrileña Lucía Gutiérrez (2024-25) e a escolta canaria Sara Castro (2021-22).

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de FNB Ardoi (@fnbardoi)

Nas filas celestes militan dúas protagonistas do ascenso da entidade navarra na tempada 2023-24 á Liga Feminina Endesa: a dupla arxentina Boquete – Diana Cabrera, que foi homenaxeada no seu regreso a Pamplona recibindo un recordo no centro do campo antes do inicio do partido.

De acordo co recollido na web do cub, o conxunto celeste comezou moi activo, e en só dous minutos endosou un parcial de 0-8 para colocarse rapidamente por diante.

A mala noticia chegou coa segunda falta persoal de Jessica Kelliher no terceiro minuto, que a mandou directamente ao banco. Mentres estivo en pista, rendeu, pero apenas puido estar 17 minutos en cancha polas faltas. Non era normal o desacerto do Osés Construcción Ardoi e, tras o tempo morto solicitado por Juancho Ferreria, co marcador en 2-12, as súas xogadoras comezaron a producir en ataque.

Froito diso o partido igualouse en intensidade, tirando o Celta Femxa Zorka do acerto de Sara Vizmanos, que, áxil no rebote ofensivo, converteu tras rebote dúas accións que permitiron manter por diante ás viguesas ao final do primeiro cuarto (10-19).

Ao comezo do segundo cuarto, ambos equipos estiveron dous longos minutos sen anotar, ata que Vicu Llorente, cun triplo, rompeu a seca, o que levou ao tempo morto de Cristina Cantero (13-19 a 7:36, 2ºC). Ardoi culminaba a remontada e púñase por diante. Coas celestes en defensa zonal, o parcial elevouse a 11-0, cortado cun tiro libre de Uxía Rodríguez.

O certo é que as olívicas do Celta Femxa Zorka tardaron máis de cinco minutos en volver anotar en xogo. As locais encadearon varias accións de tres puntos que romperon a defensa celeste, que en ataque se centrou nas súas pívots. Unha motivada Sara Castro lideraba o seu equipo en ataque, mentres que as celestes caían en imprecisións. O resultado ao descanso (32-29) devolvía a iniciativa ás navarras. Tras a pausa regulamentaria, o partido converteuse nun toma e daca en ambas zonas.

O Celta Femxa Zorka pecaba de conceder segundas opcións por non pechar ben o rebote defensivo. Tampouco era o momento das pamplonesas, que tras lograr unha boa vantaxe (39-31), non foron quen de afianzala, e depois dunha técnica ao banco local, as viguesas lograron empatar de novo o encontro (41-41, 3ºC a 3:30). Os dous equipos naufragaron no tiro exterior (0/10 as navarras, 0/6 as viguesas).

Aínda así, as visitantes sacudiron o dominio local e unha canastra baixo o aro de Kelliher, nos seus mellores minutos sobre o parquet e coincidindo coa bucina de final do cuarto, colocou ás olívicas por diante (45-49). A cuarta falta persoal da xogadora nacida en Wisconsin mandouna ao banco cando faltaban oito minutos para o final. Semellaba que se repetía a historia do segundo cuarto, co Celta bloqueado tras un arranque positivo para as locais (51-49 a 7:23) e Cristina Cantero pedía tempo morto.

A polémica chegou tras un roubo de Diana Cabrera, que pasou de ter opción de empatar o encontro a converterse tras unha falta persoal e unha técnica sinalada a Cristina Cantero (60-55 a 4:00). Kelliher cometeu unha falta innecesaria que a expulsou do partido a 2:30 do final, co equipo seis abaixo tras o tempo morto (61-55 a 1:38). Todo parecía tinguirse de negro no horizonte celeste.

O Celta Femxa Zorka a cada a vitoria na recta final

Con todo, a reacción produciuse de novo. Todo comezou cunha canastra de Andrea Boquete pisando a liña de tres puntos, que achegou ás viguesas, seguida dun novo roubo tras o tempo morto local, para empatar a 62 a falta de 58 segundos. Tras dous ataques fallidos e cando quedaban 18 segundos, Diana Cabrera dispuxo de dous tiros libres, que converteu.

A última defensa do Celta Femxa Zorka foi satisfactoria e Carlota Menéndez sentenciou desde a liña de tiros libres a 2 segundos do final. A remontada volvía ser unha realidade, nunha pista complicada como a do Osés Construcción, e nunha xornada intersemanal que deixa ás celestes, ás portas de recibir ao colista da competición, con ganas de marchar ao parón polas ventás FIBA en racha de vitorias.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de FNB Ardoi (@fnbardoi)

FICHA TÉCNICA

62) OSÉS CONSTRUCCIÓN: Faustine Parra (5), Lucía Gutiérrez Lancho (2), Sara Castro (21), Julieta Mungo (2), Aixa Wone (4) – cinco inicial -. Tamén xogaron: Mamen Blanco (2), Vicu Llorente (9), Amaia Díez (6), Miriam Recarte (4), María Asurmendi (7).

66) CELTA FEMXA ZORKA: Carlota Menéndez (10), Uxía Rodríguez (2), Andrea Boquete (13), Jessica Kelliher (10), Diana Cabrera (16) – cinco inicial -. Tamén xogaron: Martina Vizmanos (9), Deva Bermejo (3), Sara Vidal (0), Naiara Martínez (0), Jiselle Thomas (3), Paula Salinas (0).

PARCIAIS: 10-19, 22-10, 13-20 e 17-17.

EQUIPO ARBITRAL: Javier Sáez Ruíz e Alexis Fuentes Magarzo. Sinalaron 24 faltas ao Osés Construcción e 25 faltas ao Celta Femxa Zorka.

INCIDENCIAS: partido anticipado da oitava xornada da Liga Femenina Challenge da tempada 2025-26 disputada no pavillón municipal de Arrosadía (Pamplona).

Etiquetas baloncestoCelta Femxa ZorkaCristina Cantero
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

A concelleira de Deportes de Compostela, Pilar Lueiro, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, visitando Santa Isabel, pavillón que acollerá o estatal de basket 3x3 de clubs U17 / FEGABA

Santiago de Compostela, sede do Campionato de España de Baloncesto 3×3 de clubs U17

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  A capital galega acollerá do 12 ao 14 de xuño o Campionato de España de Baloncesto 3x3 de clubs...

Na presentación da II Eleas seguen na cancha que terá a Mar Rovira como protagonista participou o presidente da FEGABA, Julio Bernárdez, e a concelleira de Deportes do Concello de Santiago de Compostela, Pilar Lueiro / FEGABA

A psicóloga deportiva Mar Rovira, protagonista da II Xornada “Elas seguen na cancha”

por Redacción As Nosas
05/05/2026
0

Mar Rovira, psicóloga deportiva, autora do informe Basket Girlz e responsable do Departamento de rendemento mental do Rcd Espanyol, Protagonista...

Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
22/02/2026
0

Baloncesto do bo e derbi galego. Ese é o cartel do partido que esta tarde (18:00 h, Pazo Municipal dos...

As xogadoras do Baxi Ferrol visitan a iogurtería de Clesa / CLESA

As xogadoras do BAXI Ferrol visitan a fábrica de CLESA e reforzan a histórica relación da marca co baloncesto ferrolán

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

As deportistas do BAXI Ferrol fixeron un percorrido polas instalacións e coñeceron en detalle os procesos de calidade, innovación e...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

12/05/2026
Representación de Galicia no podio da proba de 5.000 mts do Campionato de España categoría Sub-18 feminina, na que foi primeira Sabela Castelo, do Sanysec-Ourense e segunda, Paula Fernández da Sociedad Gimnástica de Pontevedra / RFEA

Cinco medallas para Galicia no Campionato de España de atletismo de 5.000 e 10.000 metros

12/05/2026
Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO

O Mecalia Atlético Guardés cae na final da Copa da Raíña diante do Super Amara Bera Bera (26-21)

10/05/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés métese na súa segunda final copeira contra vento e marea (20-24)

09/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.