• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

O Maristas Coruña vence en Mataró (48-61) e mantén o liderado, mentres que o CB Arxil leva o duelo galego ante a AD Cortegada (77-60)

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
01/12/2025
en Liga Feminina 2 Basket, Baloncesto
CB Arxil, LF2 / CB ARXIL IG

CB Arxil, LF2 / CB ARXIL IG

52
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Maristas Coruña continúa polo bo camiño na competición ligueira na LF2. Na última xornada volveu imporse ao Romakuruma U.E. Mataró por 48-61, sumando así a oitava vitoria do curso, un resultado que mantén ao cadro herculino no máis alto da clasificación estatal. Pola súa banda, no duelo galego entre o CB Arxil e o Mariscos Antón Cortegada, foron as pontevedresas as que levaron o triunfo (77-60). Unha vitoria de gran mérito ao tratarse dun enfrontamento ante un dos conxuntos da parte alta da clasificación, que apunta a certos indicios de mellora nunha tempada especialmente complicada para o equipo da cidade do Lérez.

O Maristas Coruña mantense líder

O Maristas Coruña continúa líder na táboa tras vencer na última xornada en Mataró (48-61).

O conxunto dirixido por Fernando Buendía non afrouxa e afiánzase como líder do campionato tras sumar esta nova vitoria ante o Romakuruma UE Mataró, en campo rival. O cadro herculino acada así o seu oitavo triunfo da tempada, na que sufriu unha única derrota, fronte ao Aceites Abril Abda Sanfer (63-69), nos nove encontros disputados.

Uns resultados que fan que o que resta de curso se presente de cara para as coruñesas, quen se consolidan como principais candidatas a facerse co título ligueiro, sempre que manteñan os bos resultados e o seu alto nivel competitivo.

O Maristas Coruña medirase ao Siroko Gijón Basketballl o vindeiro día 6 de decembro, ás 18:00 horas no Maristas Col. (A Coruña).

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Club Maristas Coruña (@clubmaristas)

FICHA TÉCNICA

PARCIAIS: 14-13, 17-19, 8-14, 9-15

EQUIPO ARBITRAL: Lucas Arias Expósito e Jorge Gamiz Álvarez.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á novena xornadada LF2, disputado no Pavelló d’Esports Josep Mora (Mataró).

Triunfo significativo do CB Arxil ante a AD Cortegada

O CB Arxil impúxose ao Mariscos Antón Cortegada (77-60) e logrou unha vitoria cómoda no duelo galego que enfrontaba ao ambos equipos. O Cortegada partía como favorito, cun partido aparentemente ao seu alcance, xa que ocupa a parte alta da clasificación, mentres o CB Arxil pelexa por afastarse dos postos de descenso. Porén, o deporte sempre pode sorprender.

AD Cortegada, LF2/ AD CORTEGADA IG
AD Cortegada, LF2/ AD CORTEGADA IG

O conxunto pontevedrés viase obrigado a reaccionar e cambiar o rumbo dun curso cheo de obstáculos, e así o fixo: deu un golpe sobre a mesa e conseguiu a vitoria fronte a un rival moi complicado. Este triunfo permite ao equipo dirixido por Marina Janeiro escalar á 11ª posición da táboa e sumar a súa terceira vitoria da tempada, un sopro de aire fresco que pode reforzar a moral e o rendemento do cadro da boa vila de cara aos vindeiros encontros.

Pola súa banda, esta derrota non supón grandes problemas para o Cortegada, que se mantén no cuarto posto con seis vitorias e tres derrotas nos nove encontros celebrados ata o de agora.

O Mariscos Antón Cortegada disputará o seu próximo encontro ante o Romakuruma U.E. Mataró, o  sábado 6 de decembro ás 19:30 h, no Pabellón Municipal Sara Gómez de Vilagarcía de Arousa.

O CB Arxil medirase ao Robles Lleida o domingo 7 de decembro, as 12:15 h, no Pabellón Barris Nord de Lleida. 

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de CB ARXIL (@cbarxil)

FICHA TÉCNICA

PARCIAIS: 23-15, 22-17, 10-11 e 22-17

EQUIPO ARBITRAL: Daniel López Illán e Sergio Álvarez González.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á novena xornadada LF2, disputado no Pabellón del C.G.T.D. (Ponrevedra).

RESULTADOS DA XORNADA DA LF2. GRUPO B

  • ROMAKURUMA U.E. MATARÓ – MARISTAS CORUÑA 48-61
  • IBAIZABAL – MMANRESA CBF A -61-49
  • SMARTLOG OINNTXE – TALENOM BOET MATARÓ 78-64
  • B ARXIL – MARISCOS ANTÓN CORTEGADA 77-60
  • ABRIL ABDA SANFER – ROBLES LLEIDA 53-65
  • MIPELLETYMAS B.F. LEON – TNG BÀSQUET A 83-76
  • SIROKO GIJON BASKETBALL – HORBISA SPIRIT GREENKW BARAKAL (sen disputar)

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de AD Cortegada (@adcortegada)

  • Consultar estatísticas da competición na FEB
Etiquetas ad cortegadabaloncestoCB ArxilLF2Maristas Coruña
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.