A deportivista María Ruiz, xogadora do Dépor ABANCA desde a presente tempada, foi homenaxeada en Almáchar, a súa localidade natal, que agora conta cun campo de fútbol municipal que leva o seu nome.
Acompañada pola súa familia, a futbolista acudiu ao acto no que o Concello de Almáchar descubriu o novo nome das instalacións, que pasan a chamarse Estadio Municipal María Ruiz Gámez. No evento estivo tamén presente o alcalde do municipio malagueño, Antonio Yuste, quen destacou o talento da xogadora, asegurando que “se converteu nunha gran figura do fútbol feminino e o seu pobo recoñéceo neste acto. Á súa corta idade recibirá o premio do seu pobo e do Concello que a viu nacer e medrar como futbolista. Ademais, leva o nome de Almáchar alá a onde vai e faino con orgullo”, recolle o RC Deportivo.
Con sete goles, María Ruiz é unha das xogadoras máis destacadas do plantel de Miguel Llorente, quen confía nela habitualmente nos seus equipos titulares.