• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

O Campionato Galego de marcha chega a Ames

A competición contará coas categorías Sub-10, Sub-12, Sub-14, Sub-16 e absoluta

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
25/01/2023
en Atletismo, Máis Deporte
Presentación do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta 2023, que se celebrará en Ames o 5 de febreiro / CONCELLO DE AMES

Presentación do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta 2023, que se celebrará en Ames o 5 de febreiro / CONCELLO DE AMES

195
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Na Casa do Concello de Ames tivo lugar a presentación do Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta, que se celebrará o vindeiro domingo 5 de febreiro, no circuíto da travesía do Porto, no parque empresarial Novo Milladoiro.

A este acto acudiron o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín; o alcalde do Concello de Ames, Blas García; a concelleira de Deportes, Susana Señarís; a responsable de promoción de menores e marcha da Federación Galega de Atletismo, Maika Jueguen Lago; o técnico do departamento de Deportes, Alberto Viaño así como Joao Fernández, en representación do club Millaraio e David García do club Ames Atletismo.

Na súa intervención, Iván Sanmartín declarou que para a Federación Galega de Atletismo era “un pracer” estar no Concello de Ames, “presentando este campionato, dunha especialidade que ten moito arraigo en Galicia e tamén a nivel internacional. Ogallá este sexa o berce para que saian máis marchadores de aquí, de Ames”.

Ademais, Iván Sanmartín loubou o traballo dos clubs de atletismo amesáns, destacando que “a marcha en ruta é moi promulgada tanto polo Millaraio como por Ames Atletismo, que son dous clubs que están a desempeñar un magnífico traballo coas súas escolas e potenciando estas especialidades. Eles tamén son responsables de que esta proba se vaia a celebrar aquí o vindeiro domingo 5 de febreiro“.

Ademais, expresou Iván Sanmartín que “unha das intencións que teño como presidente da Federación Galega de Atletismo é montar un circuíto de marcha en ruta, que teña tres ou catro probas en Galicia, e ogallá Ames poida estar nese circuíto”.

A a concelleira de Deportes, Susana Señarís, tamén indicou que “vai ser unha ocasión para ver esta nova modalidade. Todos estamos acostumados ás carreiras habituais e sempre gusta traer novas probas e ver novas modalidades de competición”, e animou “a todas aquelas persoas que se queiran inscribir a facelo. Está toda a información na páxina da Real Federación Galega de Atletismo”.

A rolda de intervencións foi pechada polo alcalde de Ames, Blas García. “Fai uns meses homologamos un circuíto no Milladoiro que inauguramos cunha carreira de milla urbana. Así conseguimos poder diversificar un pouco a disputa de varias probas no concello: por un lado temos o circuíto de Bertamiráns, tamén homologado, agora contamos con este do Milladoiro“, explicou.

O rexedor municipal engadiu tamén que “ese día imos ter 180 atletas federados competindo en diversas categorías de marcha. É un deporte vistoso, unha proba deportiva moi interesante, e animamos a que a veciñanza de Ames, e sobre todo a do Milladoiro, a que aproveite para saír e ver a proba”.

Aberta a inscrición no Campionato Galego de Marcha en ruta

No Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta poderán participar todos aqueles atletas que teñan ficha pola Federación Galega de Atletismo na tempada 2023. O prazo para anotarse xa está aberto, e as inscricións pódense facer a través do sistema online da web da RFEA ata o vindeiro luns, 30 de xaneiro, ás 20:00 horas. O número máximo de corredores por proba será 20, exceptuando a categoría absoluta, na que poderán participar ata 30 persoas. A responsabilidade das inscricións dos atletas, salvo que sexan independentes, corresponderá ao seu club.

Por outra banda, unha vez publicada a listaxe de aceptados, aqueles que o desexen poderán darse de baixa ata as 10:00 horas do mércores 1 de febreiro, informando a través enderezo electrónico competicion@atletismo.gal. Todas as baixas que sexan comunicadas fóra de prazo suporán unha multa de tres euros. Así mesmo, os participantes que se ausenten na proba sen aviso previo ou informando con menos de 48 horas de marxe serán sancionados cunha multa de cinco euros.

Empezan os Sub-12 cun recorrido de 2km

O Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta dará comezo coa proba Sub-12 masculina, que terá un recorrido de dous quilómetros e está programada para as 10:20 horas. Posteriormente, desenvolverase a carreira Sub-12 feminina, ás 10:35 horas, na que tamén se percorrerán dous quilómetros.

Ás 10:50 e ás 11:00 horas será a quenda dos participantes na categoría Sub-10 masculina e feminina, respectivamente, que correrán un quilómetro. Xa ás 11:10 terá lugar a proba Sub-14 masculina, e ás 11:35 a feminina. En ámbalas dúas o percorrido será de tres quilómetros.

Para finalizar, celebraranse as dúas probas mixtas da xornada, a da categoría Sub-16 e a absoluta. A primeira comezará ás 12:00 horas, e os participantes deberán correr cinco quilómetros; mentres que na segunda a sinal de saída darase ás 12:35 horas, e os participantes terán dez quilómetros por diante.

Todos os horarios son provisionais. Unha vez pechado o prazo de anotación e publicadas as listas de admitidos concretaranse as horas de comezo definitivas das probas en función das persoas inscritas en cada categoría.

Etiquetas atletismoFEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMOIván Sanmartínmarcha
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación do II Meeting Internacional de Ourense en Pista Curta / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Conta atrás para o II Meeting Internacional de Ourense

por Redacción As Nosas
20/02/2026
0

A cidade de Ourense volverá situarse no centro do atletismo internacional coa celebración do II Meeting Internacional de Ourense en...

II Gala do Trail Running Galego / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores do ano 2025

por Redacción As Nosas
09/01/2026
0

Onte, xoves 8 de xaneiro, tivo lugar no Teatro Princial de Ourense a II Gala do Trail Running do Atletismo...

Aldara Meilán batía o récord de España de marcha en Sub20 10km no Campionato de España celebrado no Barco / RFEA

O Barco vibra co Campionato de España de marcha atlética

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

Desde a Federación Galega de Atletismo cualifican como extraordinario o balance para o atletismo galego logrado no campionato de España...

Competición de marcha atlética nas rúas da Coruña / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Moitas opcións para a marcha galega no Campionato de España 2025

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Un total de 21 atletas galegos e galegas tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de Marcha...

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.