- Xunto á lista de equipos participantes, a Liga Endesa xa ten preparadas as datas dos partidos a disputar nesta nova tempada 2026/27. Nesta máxima categoría do baloncesto feminino estatal militarán este curso tres conxuntos galegos: Ensino, BAXI e Celta, que recupera a categoría.
O baloncesto feminino galego quence motores de cara ao arranque da Liga Endesa Feminina (LF Endesa). Nesta tempada que, ao contrario do ano pasado, volven estar presentes tres clubs galegos e non dous como acontecera o curso pasado. O BAXI Ferrol, o Durán Maquinaria Ensino e o re-ascendido Celta Femxa Zorka representarán a calidade do deporte branquiazul, tendo ocasións tamén de enfrentarse entre eles.
Ver esta publicación en Instagram
O baloncesto feminino galego está polo tanto de noraboa ao retomar o trío de conxuntos representando á nosa terra na elite do basket feminino estatal: a LF Endesa.
A fronte dos bancos destes tres equipos repiten os técnicos que estiveron comandándoos a tempada pasada Lino López mantense un curso máis liderando o apartado técnico do BAXI Ferrol, Suso Garrido fará o propio no Durán Maquinaria Ensino e Cristina Cantero mantense como primeira adestradora do conxunto no que leva media carreira deportiva: o Celta Femxa Zorka
Como ven sendo habitual, o esquema da competición basearase nunha división por xornadas. Cada unha delas estará composta de oito partidos cuxo resultado determinará o ascenso ou descenso dos conxuntos a través da táboa. Serán en total 30 xornada, divididas en dúas voltas de 15 cada unha.
A xornada inaugural da Liga Endesa Feminina (LF Endesa) terá lugar os días 3 e 4 de outubro, e será un comezo máis que curioso para as galegas.
Os tres encontros que se levarán a cabo serán todos contra equipos dunha mesma orixe: Euskadi. Os veciños do norte saíron escollidos no sorteo como o primeiro rival, e a este factor hai que engadirlle o de que tódolos partidos sexan na casa das galegas.
Debut dos 3 galegos na Liga Endesa 26-27
Así quedan as datas de arranque dos tres conxuntos galegos da Liga Endesa de cara á tempada 2026-27:
- Celta Femxa Zorka vs. INVERSUS Gernika Vizcaia — 03/09/2026, Vigo
- Durán Maquinaria Ensino vs. Mirai Euskotren en— 04/09/2026, Lugo
- BAXI Ferrol vs. Kutxabank Araski — 04/09/2026, Ferrol
Ao longo da tempada, por cada unha das dúas voltas, haberá outros tres encontros en distintas xornadas nos que os equipos galegos enfrontaranse entre eles.

Na edición pasada, as do Durán Maquinaria Ensino lograron acabar máis arriba na clasificación que as ferrolanas, en sexta e novena posición respectivamente. Porén, isto non reflicte puramente o resultado dos derbis. Na ida venceu o BAXI Ferrol en casa (71-67), mentres que na volta impúxose o conxunto lucense (73-68).

Un derbi galego para finalizar a LF Endesa
Nesta próxima edición da liga, co Celta Femxa Zorka de volta á elite estatal, ao cadro, quedan os partidos entre conxuntos galegos naLiga Endesa Feminina (LF Endesa) 2026-27:
Primeira volta:
- BAXI Ferrol vs. Durán Maquinaria Ensino — 13/12/2026 (12ª Xornada), Ferrol
- BAXI Ferrol vs. Celta Femxa Zorka — 22/12/2026 (14ª Xornada), Ferrol
- Celta Femxa Zorka vs. Durán Maquinaria Ensino — 29/12/2026 (15ª Xornada), Vigo
Segunda volta:
- Durán Maquinaria Ensino vs. BAXI Ferrol — 14/03/2026 (25ª Xornada), Lugo
- Durán Maquinaria Ensino vs. Celta Femxa Zorka — 21/03/2026 (27ª Xornada), Lugo
- Celta Femza Zoeka vs. BAXI Ferrol — 21/03/2026 (30ª Xornada), Vigo
Efectivamente, ao contar a competición cun total de 30 xornadas, este último derbi entre o Celta Femxa Zorka e o BAXI Ferrol será un dos partidos que pechen a tempada 2026/27.

As xogadoras que compoñen o bloque de deportistas que defenderán a elástica do Durán Maquinaria Ensino de Lugo, polo contrario, atoparanse en Vitoria para xogar unha vez máis cun conxunto das terras vascas:
- Kutxabank Araski vs. Durán Maquinaria Ensino — 21/03/2026, Vitoria
















