• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

As laranxas suman tres puntos no primeiro reto maño (0-3)

O Burela foi quen de vencer ao Intersala Promesas, na recuperación da undécima xornada

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
19/02/2021
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Final do partido do Burela ante o Intersala / INTERSALA PROMESAS

Final do partido do Burela ante o Intersala / INTERSALA PROMESAS

86
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Pescados Rubén Burela FS recuperou cun gran resultado a undécima xornada de liga ante o Bodegas Sommos Intersala. No que foi primeiro compromiso maño da semana, as Guerreiras Laranxas finalizaron o partido cun marcador de 0-3 ao seu favor.

Case sen darlle tempo para colocarse ás locais, o Pescados Rubén Burela FS asinou o primeiro tanto nos primeiros minutos, obra da omnipresente Dany. Pouco tempo despois chegaría o segundo, da man da mesma futbolista, colocando xa un 0-2 no marcador con todo o partido por diante.

Facendo honra ao 3 do seu dorsal, Dany sumou xustamente o primeiro para o Burela nese minuto tras un acertado pase que se lle quedou curto a Titina. O segundo gol chegaría case inmediatamente despois, cunha recuperación de balón, que tocaría na rival Sarah antes de entrar na portería do Bodegas Sommos Intersala.

No bando contrario, o Intersala sufría para xerar ocasións ante o marco galego. Non eran quen de chegar realmente a xerar perigo ante a portaría defendida por Sandra Buzón. A cancerbeira do Burela FS só tivo que intervir un par de veces, sendo a máis clara a ocasión de Sarah no minuto 16. Porén, tanto o seu disparo como o de Vicepi despois non tocaron a rede.

As Guerreiras Laranxas tiveron a terceira xa no minuto 29, cando Ale de Paz transformou os intentos previos de Peque, Lara Balseiro e Bea Matos. A 17 do Burela FS foi quen de recibir e tentear á defensa contraria para o cambio de perna e así sentenciar o encontro (0-3).

O cuarto tanto rondou as botas das laranxas, pero Izarbe empregouse a fondo para evitalo. Así chegou o final do partido, con tres puntos máis sumados ao casilleiro burelista na súa loita por repetir como campioas de Liga.

Tras este resultado, o Pescados Rubén Burela FS suma 25 puntos, están empatadas co líder, a AD Alcorcón, que disputou tres partidos máis cas galegas.

 

1 de 3
- +
Peque no partido do Burela ante o Intersala / INTERSALA PROMESAS
Elena Aragón no partido do Burela ante o Intersala / INTERSALA PROMESAS
Bea Mateos no partido do Burela ante o Intersala / INTERSALA PROMESAS

1. Peque no partido do Burela ante o Intersala / INTERSALA PROMESAS

Peque no partido do Burela ante o Intersala / INTERSALA PROMESAS

2. Elena Aragón no partido do Burela ante o Intersala / INTERSALA PROMESAS

Elena Aragón no partido do Burela ante o Intersala / INTERSALA PROMESAS

3. Bea Mateos no partido do Burela ante o Intersala / INTERSALA PROMESAS

Bea Mateos no partido do Burela ante o Intersala / INTERSALA PROMESAS

O Pescados Rubén Burela segue en Zaragoza

As laranxas do Burela aínda non volven á Mariña tras a celebración desta undécima xornada. As futbolistas do conxunto galego teñen outra cita deportiva ligueira en terras mañas o sábado, 20 de febreiro, ás 12:00 horas.

O Pescados Rubén Burela FS xogará contra o Sala Zaragoza, nun duelo enmarcado na décimo quinta xornada competitiva na Primeira División Feminina do Fútbol Sala da RFEF.

O Sala Zaragoza é quinto e as de Burela son segundas empatadas a 25 puntos co AD Alcorcón FS pero con tres partidos menos que as madrileñas. As mañas si están ao día na disputa de encontros e acumula 12 partidos disputados. Nesa dúcia de encontron saíron a pre. Gañaron seis e perderon outros seis. Teñen, polo tanto, no seu casilleiro particular 18 puntos acumulados até o de agora. So suman dous goles máis a favor que en contra (37 vs 35 tantos).

FICHA TÉCNICA

0) BODEGAS SOMMOS INTERSALA FS: Carol, Cyn Romano, Titina, Sarah, Vicepi, – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Sandra, Marta, Icíar, Nerea, Alba, Paula e Izarbe.

3) PESCADOS RUBÉN BURELA FS: Sandra Buzón, Dany, Peque, Cami, Elena Aragón – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Lara Balseiro, Jane, Bea Mateos, Ale de Paz e Jozi Oliveira.

GOLES: 0-1, minuto 3, Dany; 0-2, minuto 4, Dany ( p. p. Sarah); 0-3, minuto 29, Ale de Paz.

ÁRBITROS: Alonso Montesinos e Santander Flamarique (Colexio de árbitros Aragonés). Polo Pescados Rubén Burela FS foi sancionada con cartón amarelo a futbolista Peque no minuto 11 de partido.

INICIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 11ª de Primeira División Feminina do Fútbol Sala da RFEF disputado no CDM La Granja de Zaragoza.

Etiquetas BurelaBURELA FSfútbol salafutsalIntersala PromesasPescados Rubén Burelapescados rubén Burela FSPrimeira División de Fútbol SalaPrimera División de Fútbol Sala
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.