• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O Burela segue invicto tras o trunfo ante o STV Roldán (3-5)

As Guerreiras Laranxas seguen imparables camiño aos 'play-off' polo título de campioas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
10/04/2021
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Burela - Roldan / Ginés Rubio BURELA FS

Burela - Roldan / Ginés Rubio BURELA FS

66
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

As xogadoras do Pescados Rubén Burela continúan imparables no seu camiño cara ao play-off, coa terceira vitoria de tres posibles. O conxunto laranxa conseguiu impoñerse esta sábado nunha das pistas máis complicadas da elite, a de STV Roldán FSF, por un 3-5. Este foi un duelo vencido con traballo e entrega, nunha semana con mingua de efectivos.

Tras o gol madrugador das murcianas, o conxunto galego soubo como reaccionar fronte a un rival moi intenso e combativo, que devolveu o empate no inicio da segunda parte, con 2-2, e non deixou de xerar perigo. As Guerreiras Laranxas demostraron unha vez máis que o equipo segue medrando.

Susto temperán para o Burela

As pupilas de Julio Delgado tiveron que remar contra o electrónico. A iniciativa murciana chegou aos 14 segundos de xogo, cun saque de esquina culminado por Alba Gandía. As Guerreiras responderon ben e despregaron o seu particular bulebule para ir apropiándose do esférico e das ocasións. Ale de Paz asinou o 1-1, no minuto 5, nun córner de Peque materializado pola de Neda sen contemplacións.

Roldán tentou facer fronte ao despregamento burelista cunha defensa alta para incomodar as saídas galegas. Tivo o cadro mariñán os seus mellores minutos en ofensiva despois da medianía do primeiro acto con Lara Balseiro, Bea Mateos e Dany; Ale de Paz a punto estivo de repetir xesta sobre a rede fronte á boa resposta de Cristina cos pés.

O cadro murciano, exemplo de intensidade durante os corenta minutos, suspirou pola vantaxe no minuto 15, nunha tentativa de Lola á que non puido chegar Noelia ao segundo pau, con resposta de vertixe entre Peque e Jane. Antes do descanso, as burelistas atoparon o premio merecido nunha perda de Lola que cazou Dany para cederlla a Leti (minuto 18).

Burela - Roldan / Ginés Rubio BURELA FS
Burela – Roldan / Ginés Rubio BURELA FS

As laranxas asinaron a vitoria na segunda metade

O conxunto de Juan Alcaraz volveu á pista para dar continuidade ao perigo xerado por Andrea antes da bucina, ver portería e poñer táboas, de novo con Alba Gandía (minuto 23), fronte a Jozi, e respondeu Burela con outra boa dose de perigo.

Dany non puido controlar o pase de Peque fronte á rede local pero acto seguido a nedense, Ale de Paz, non errou para selar o terceiro, apoiándose na capitá laranxa. Volveu avisar a 17 burelista en contragolpe. Dispuxeron das mellores as murcianas sobre o ecuador do segundo acto, con Alba Gandía nun disparo afastado cruzado que rozou o pau e Jozi freou a Noelia.

Aproveitou entón o conxunto galego para ampliar distancias con Lara Balseiro en galopada pola banda, mitigada nos seguintes compases por Marta Pelegrín. Tras o perigo protagonizado de novo por Ale de Paz, Roldán apostou por xogo de cinco con máis de tres minutos por diante.

Peque non puido dar máis comodidade ao resultado transformando o penalti tras a falta sobre Ale de Paz, pero pouco despois Jane subiu o quinto nunha gran saída con perfecta definición para aferrarse aos tres puntos.

Burela - Roldan / Ginés Rubio BURELA FS
Burela – Roldan / Ginés Rubio BURELA FS

O Clásico, en Vista Alegre

O Pescados Rubén Burela recibirá a Futsi Atlético Navalcarnero o vindeiro sábado, 17 de abril, no Clásico de Primeira, ás 18.30 horas. Vista Alegre abrirá a taquilla con 50 entradas (15 euros/público xeral e 10 euros/ soci@s sen abono. Imprescindible presentar DNI).

Convocadas co combinado estatal

Ademais, tres Guerreiras Laranxas ( Ale de Paz, Dany e Peque) entraron na convocatoria da seleccionadora estatl Clàudia Pons para a concentración da vermella que terá lugar do domingo 18 ata o xoves 22 de abril.

Pons convoca ao talento galego para a Selección Española

FICHA TÉCNICA 

STV ROLDÁN: Cristina, Alba Gandía, Noelia Montoro, Mariángeles, Ángela – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Lola, Marta Pelegrín, Marta, Consuelo, Cristina Sánchez.

PESCADOS RUBÉN BURELA FS: Sandra Buzón, Dany, Peque, Lara Balseiro, Bea Mateos – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Ale de Paz, Leti, Jane, Elena Aragón, Jozi Oliveira

GOLES: 1-0, minuto 1, Alba Gandía; 1-1, minuto 5, Ale de Paz; 1-2, minuto 18, M. Cortés; 2-2, minuto 23, Alba Gandía; 2-3, minuto 24, Ale de Paz; 2-4, minuto 35, Lara Balseiro; 3-4, minuto 35, Marta Pelegrín; 3-5, minuto 39, Jane

ÁRBITROS: Hidalgo Marín e Martínez Martínez. Polo Roldán sancionouse con amarela a Marta e a Cristina. Por Burela viron cartón amarelo a futbolista Lara Balseiro e o técnico Julio Delgado.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 3 (segunda fase) de Primeira División disputado no municipal Gabriel Pérez Sánchez.

Etiquetas BurelaBURELA FSfútbol salafutsalGuerreiras LaranxasJulio DelgadoPescados Rubén BurelaSTV Roldán
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Derbi lucense entre FSF Castro Bloques Cando vs Reyco Burela FS / FSF CASTRO IG

O FSF Castro Bloques Cando leva o derbi lugués ante o Reyco Burela (2-0) 

por Redacción As Nosas
17/05/2026
0

  O FSF Castro Bloques Cando levou a vitoria no derbi lucense ante o Reyco Burela por un marcador de...

CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS

FSF Castro Bloques Cando e Reyco Burela FS protagonizan esta xornada o derbi lucense do futsal galego

por Redacción As Nosas
15/05/2026
0

Un novo derbi lugués vaise disputar no pavillón municipal de Ribeiras de Lea este sábado ás 19.30h entre o Reyco...

Luis López-Tulla, adestrador / POIO PESCAMAR

Luis López-Tulla renova como adestrador do Poio Pescamar ata 2028

por Redacción As Nosas
14/05/2026
0

Luis López-Tulla Revenga (Madrid, 17/08/1995) seguirá vivindo en Poio ata, polo menos, 2028. O club anuncia que vén de renovar...

A Selección Galega Sub-12, subcampioa no CESA de futsalfem / RFGF

Coñece as convocatorias da Selección Galega feminina e masculina para o CESA Sub-12 de fútbol sala

por Redacción As Nosas
12/05/2026
0

  O último Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) da tempada 2025/26 para o fútbol sala xa está aquí....

FSF Castro Bloques Cando na Copa da Raíña de fútbol sala / FSF CASTRO IG

Poio Pescamar e Castro Bloques Cando selan o pase a cuartos de final na Copa da Raíña 25-26

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  Poio Pescamar e FSF Castro Bloques Cando continúan na Copa da Raíña de fútbol sala, mentres que o Ourense...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

11/06/2026
Rocío González Valcarce xoga no C.D. Calasanz en F11, no Viaxes Amarelle FSF e ten sido convocada coa Selección Galega e Selección Española de fútbol sala

Rocío González Valcarcel, derrubando barreiras no camiño cara ao seu soño

11/06/2026
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña reunirá a preto de 90 clubs

11/06/2026
Ciclismo

O Porriño e Castrelo do Val sedes de Campionatos de Galicia de ciclismo esta próxima fin de semana

09/06/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.