• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O Burela renova a Cami, Dany e Elena Aragón

As tres Guerreiras Laranxas seguirán vestindo a camiseta do equipo lucense

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
29/07/2021
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
O Burela renova a Cami, Dany e Elena Aragón / PRBFS

O Burela renova a Cami, Dany e Elena Aragón / PRBFS

68
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O Pescados Rubén Burela confía no seu plantel gañador e renova a tres futbolistas. Cami, Dany e Elena Aragón seguirán unha tempada máis en Vista Alegre como Guerreiras Laranxas.

No caso da internacional brasileira Camila Gadeia Silva, esta cumprirá a súa quinta campaña na Mariña. A peche, de 31 anos, amosouse moi ilusionada por seguir formando parte do proxecto do Pescados Rubén Burela FS para 2021-22: “Estou moi contenta, disposta a seguir dando o mellor de min e axudar o equipo. Quero continuar facendo historia en Burela, que xa é a miña casa”, declarou.

Tal e como informa o seu club, despois de dúas tempadas defendendo a elástica laranxa, Cami regresou ao conxunto galego no mercado de inverno de 2020 tras conquistar a Copa América con Brasil.

Cami: “Teño moitas ganas de volver xa pisar a pista de Vista Alegre”

Nos últimos días de vacacións no seu país, o eterno sorriso das Guerreiras confesa as súas ganas de retomar a actividade e a emoción do futsal: “Teño moitas ganas de volver xa pisar a pista de Vista Alegre. Espero que volva ser unha gran tempada, mesmo mellor que a pasada”.

Jornada 6_Burela vs Sala Zaragoza_Cami / PRBFS
Cami no Burela vs Sala Zaragoza / PRBFS

Tamén seguirá como laranxa a pivote hispano-brasileira Daniela Domingos, quen renova o seu compromiso con Pescados Rubén Burela FS para a próxima tempada na que será nin máis nin menos que a oitava defendendo o 3 laranxa.

Dany: “Este equipo ensinoume a ter éxito, a mellorar como persoa e a ser unha gran xogadora”

“Este equipo ensinoume a ter éxito, a mellorar como persoa e a ser unha gran xogadora. Pescados Rubén Burela FS é a miña segunda pel; é un club que fixo moito por min; co meu traballo tento devolver cada día toda esa confianza”, asegurou.

O Pescados Rubén Burela FS estreará 2021-22 coa bitola de campión de todo e co reto de máximo manterse no máis alto, co 18 de setembro como punto de partida.

Elena Aragón celebra con Dany o gol que daría o título ao Pescados Rubén Burela na Copa da Raíña / PRBFS
Elena Aragón celebra con Dany o gol que daría o título ao Pescados Rubén Burela na Copa da Raíña / PRBFS

Respecto ao plantel que se está a configurar na mariña, a xogadora afirmou que “estamos a reforzarnos moi ben, con xogadoras de grandísima calidade, que destacaron  nos seus equipos de procedencia. Tamén poderemos contar co regreso de xogadoras de grandísimo nivel individual que estiveron lesionadas. Con esta base, o equipo seguirá a liña destas dúas últimas tempadas, de ir a por todos os títulos, de conquistalo todo. Queremos que a afección siga gozando co noso fútbol sala e que o nome de Pescados Rubén e Burela siga brillando nas noticias de referencia neste deporte”.

Dany: “Queremos que a afección siga gozando co noso fútbol sala e que o nome de Pescados Rubén e Burela siga brillando”

Aos seus 37 anos, a internacional española afronta esta oitava tempada coma se fose a primeira, nun dos seus mellores momentos: “A miña forma de pensar é a do primeiro día: traballar, adestrar e sempre respectando a compañeiras e rivais, tendo moi presente que nada está gañado de antemán. Traballo, constancia e determinación, esa é a base, sempre con moita humildade, sen crer ser mellor que ninguén”, así é Dany.

Selección Española de futsal vs Futsi Atlético, no que debutou Dany / RFEF
Selección Española de futsal vs Futsi Atlético, no que debutou Dany / RFEF

Por último, Elena Aragón tamén seguirá no vestiario laranxa. A gaditana acaba de reafirmar o compromiso para 2021-22 e convértese na cuarta renovación do Pescados Rubén Burela.

A ala-pivote de 25 anos afronta a súa segunda tempada na Mariña con ganas de seguir medrando e sumar presenza nas rotacións: “Foi unha campaña excepcional non só polos títulos conseguidos senón pola evolución que experimentou o equipo ao longo da tempada; soubemos sobrepoñernos a todas as adversidades, tanto polas lesións coma polo Covid. O máis importante foi a fortaleza de grupo demostrada na recta final. Persoalmente foi un ano duro respecto aos minutos de participación, pero tamén foi un ano de moita aprendizaxe. Isto fai que teña aínda máis ganas de comezar unha nova tempada”.

Elena Aragón: “Foi unha campaña excepcional non só polos títulos conseguidos senón pola evolución que experimentou o equipo”

“Preséntase de novo un ano moi bonito, con moitas competicións por diante. Este equipo ten que seguir loitando por todo, despregando o seu xogo e gozando sobre a pista, pero o máis importante, tamén facendo gozar a afección. A ver se esta tempada as condicións no lo permiten” verbalizaba así a 19 burelista a súa grande ilusión polo novo reto das Guerreiras Laranxas.

Elena Aragón nun momento do Burela vs Intersala / PRBFS
Elena Aragón nun momento do Burela vs Intersala / PRBFS

Con estas tres renovacións, a de Sandra Buzón e a chegada das internacionais españolas Irene Samper e Elenita, ademais da continuación de Ale de Paz, Leti, Jenny e Cilene, as Guerreiras Laranxas teñen guerra para rato.

Etiquetas BurelaBURELA FSCamiDanyElena Aragónfútbol salafutsalGuerreiras LaranxasPescados Rubén BurelaPrimera División de Fútbol Sala
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.