• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Máis FutSal

O Burela consigue o pase á semifinal de Copa tras vencer ao Ourense Envialia (9-2)

O duelo galego rematou cunha goleada laranxa, deixando ás da Mariña como únicas representantes de Galicia na competición

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
30/04/2021
en Fútbol Sala, Máis FutSal
Cuartos da Copa da Raíña entre o Burela e o Envialia / PRBFS

Cuartos da Copa da Raíña entre o Burela e o Envialia / PRBFS

51
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Só podía quedar un galego na final a oito da Copa da Raíña e o Pescados Rubén Burela foi o claro vencedor ante o Ourense Envialia. O duelo galego de cuartos de final rematou nun 9-2 a favor das laranxas, que pasan así á semifinal.

As Guerreiras Laranxas impuxéronse con facilidade ao equipo dirixido por Morenín, que viaxaba a Las Rozas coas dificultades propias de baixas importantes como Sara Moreno ou Marta.

O guion do duelo galego non muda en cuartos de Copa

Co partido ligueiro entre Burela e Envialia tan recente na retina (foi xogado o sábado 24 de abril), era de esperar que os cuartos de Copa seguiran un guion similar. Finalmente así foi, cun conxunto laranxa que demostrou a súa pegada a base de goles.

O Burela golea ao Envialia na antesala da Copa (9-4)

O conxunto que actuou como local, as Guerreiras Laranxas, foi o claro protagonista no dominio e a posesión. Dous minutos bastaron para o primeiro aviso das burelistas, nunha acción na que Jenny Lores freou a Cami e Vane tivo que intervir para paralizar a Luísa.

As oportunidades non deixaban de chegar no bando do Burela, cunha ocasión clara de Peque e unha case asistencia súa a Luísa, que non foi quen de rematar o pase.

Pola súa banda, o Envialia concentraba os seus esforzos nas defensas aproveitando as escasas ocasións que se lle presentaban. A primeira non tardou en chegar. No minuto cinco, Laura Uña realizou un disparo cruzado sen sorte.

Cuartos da Copa da Raíña entre o Burela e o Envialia / PRBFS
Cuartos da Copa da Raíña entre o Burela e o Envialia / PRBFS

O marcador abriríase no minuto 9, con Cami finalizando ao segundo pao unha perfecta triangulación con Jane e Ale de Paz. Aos poucos minutos, Iria Saeta foi quen de volver a colocar as táboas no marcador, tras un pase de ouro de Jenny Lores.

En menos de trinta segundos, o Burela demostrou porque é o vixente campión da Copa. As da Mariña volveron inclinar a balanza ao seu favor cun tanto de Luísa Mayara despois dun rexeitamento ao disparo de Dany.

A hispano-brasileira forzou unha perda ourensá para que Peque asistira a Ale de Paz ampliando a renda laranxa. No minuto 14, o electrónico xa marcaba o 3-1.

A brecha aumentaría ata o 4-1 antes do descanso. Nesta ocasión, Jane aproveitou a recuperación fronte a Carmen na zona de finalización para anotar o cuarto gol lucense.

Despois da pausa, o partido mantivo o mesmo ritmo. A segunda metade produciuse sen sorpresas, cun Burela incontrolable para o Ourense Envialia.

O quinto gol laranxa foi obra de Dany tras un contragolpe, superando a Vane nun man a man. Co 5-1 en contra e 24 minutos xa disputados, Morenín apostaba polo xogo de cinco para dalo todo na eliminatoria.

Este cambio de sistema non afectou ás laranxas, que seguiron dominando na pista gris. As Guerreiras seguían puntuando, con Bea Mateos no 26 e Peque no 28, asinando un irremontable 7-1.

Burela vs Envialia / PRBFS
Burela vs Envialia / PRBFS

As ourensás non atopaban a fórmula para controlar a un Burela que ía a polo oitavo gol. Este chegou con Jane a pase longo de Jozi Oliveira no minuto 32. O Envialia demostrou unha actitude impecable e malia ter pé e medio fóra da Copa seguiu loitando cada balón.

Así chegaría o premio para as de Morenín, que anotaron o segundo tanto da mañá, de novo grazas a Iria Saeta, cun disparo afastado. No bando contrario, lonxe de conformarse coa vitoria xa conseguida, o Burela apurou o noveno gol que chegaría nun contraataque da man de Peque e Bea Mateos.

📺 RESUMEN | Copa de S.M. la Reina de Fútbol Sala 2021.

⚽ Cuartos de Final | @burelafs 🆚 @OUenvialiaFSF (9-2)#CopaDeLaReinaFutsal 🏆 pic.twitter.com/fcVcFr7NMn

— RFEF Futsal (@SomosFutsal) April 30, 2021

Con este resultado final 9-2, o Ourense Envilia queda eliminado da Copa da Raíña. O Pescados Rubén Burela pasa de fase para xogar o clásico ante o Futsi Atlético Navalcarnero na semifinal.

Clásico do futsal feminino para a semifinal da Copa da Raíña

FICHA TÉCNICA

PESCADOS RUBÉN BURELA: Sandra Buzón, Dany, Peque, Cami e Luísa Mayara – quinteto  inicial-. Tamén xogaron Jane, Ale de Paz, Bea Mateos, M. Cortés, Elena Aragón, Lara Balseiro e Jozi Oliveira.

OURENSE ENVIALIA: Vane, Chiky, Laura Uña, Ju e Jenny Lores – quinteto inicial- Tamén xogaron Iria Saeta, Meri, Carmen Carballada e Susana.

GOLES: 1-0, (min.9, Cami); 1-1, (min.12, Iria Saeta); 2-1, (min.13, Luísa Mayara); 3-1, (min.14, Ale de Paz); 4-1, (min.16, Jane); 5-1, (min.24, Dany); 6-1, (min.26, Bea Mateos); 7-1, (min.28, Peque); 8-1, (min.32, Jane); 8-2, (min.32, Iria Saeta); 9-2, (min.37, Peque).

ÁRBITRAS: Sara Gutiérrez, Jorge González e Lidya Guillem. Por Burela amarela para Jane (minuto 38).

INCIDENCIAS: Partido de apertura de cuartos de final de Copa de S.M. La Reina (Las Rozas, 30 de abril-2 de maio) emitido en directo por Teledeporte. Minuto de silencio inicial por el fallecimiento de Javier Encinar, médico da Selección Española de Fútbol Sala.

Etiquetas BurelaBURELA FSCopa da Raíña de futsalEnvialiafútbol salafutsalourenseourense envialiaPescados Rubén Burela
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

FSF Castro Bloques Cando na Copa da Raíña de fútbol sala / FSF CASTRO IG

Poio Pescamar e Castro Bloques Cando selan o pase a cuartos de final na Copa da Raíña 25-26

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  Poio Pescamar e FSF Castro Bloques Cando continúan na Copa da Raíña de fútbol sala, mentres que o Ourense...

A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

por Redacción As Nosas
07/12/2025
0

  España pechou o Mundial de Filipinas cunha medalla de bronce cunha representación galega notable nas súas filas. No partido...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem / POIO PESCAMAR

MUNDIAL FUTSALFEM | O Poio Pescamar, o club con máis representantes en Filipinas con 7 futbolistas

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

  O Poio Pescamar converteuse no equipo con maior presenza no Mundial de Filipinas. O conxunto galego achegou sete xogadoras...

España xoga o Mundial de futsalfem / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, en semifinais tras vencer a Marrocos 6-1

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

  España segue paso a paso no Mundial de fútbol sala feminino e xa está en semifinais con ampla representación galega...

Ale de paz, futbolista galega coa Selección Española no Mundial nun partido contra Canadá / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM 25 | Goleada de España a Canadá para finalizar a fase de grupos con tantos de Ale de Paz, Antía Pérez e Martita

por Redacción As Nosas
29/11/2025
0

  España pechou a fase de grupos do Mundial 2025 de futsalfem coa goleada máis cómoda ata o momento (0-7)....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.