• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O Burela FS faise co primeiro punto da semifinal en Vista Alegre diante do Futsi Atlético Navalcarnero (4-2)

As galegas están disputando o play-off polo título na Liga Iberdrola FS

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
31/05/2025
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Seareiros en Vista Alegre no Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO

Seareiros en Vista Alegre no Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO

135
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • As mariñás do Burela FS foron superiores no primeiro tempo ás deportistas do Futsi Atlético Navalcarnero, marcharon ao descanso cunha renda de tres goles e souberon sufrir na segunda parte do encontro en Vista Alegre. 

O conxunto feminino do Burela FS sumou o primeiro punto da semifinal do play-off polo título da liga Iberdrola FS diante do Futsi Atlético Navalcarnero ao que venceu por un marcador de 4-2 na cancha de Vista Alegre. O seguinte asalto ás semifinais da loita polo título de Liga será o vindeiro martes en Navalcarnero (La Estación, 21:30 horas, Teledeporte).

Burela FS / SABELA BLANCO
Burela FS / SABELA BLANCO

As mariñás cimentaron a súa vitoria nun gran primeiro tempo, no que foron superiores ás madrileñas e marcharon ao descanso cun claro 3-0. No segundo melloraron as atléticas, que lograron dous goles en apenas medio minuto no comezo do mesmo e despois puxeron en dificultades a un cadro laranxa que terminou sentenciando no último minuto por mediación de Emilly.

Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO
Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO

O Burela FS desarbolou por completo no primeiro tempo a un Futsi Atlético Navalcarnero que mostrou unha ou dúas marchas menos que as mariñás a nivel de intensidade e sufriu en exceso para deter as acometidas de estas, que saltaron á cancha verde coa intención de dominar desde o primeiro minuto. Froito diso, as discípulas de Julio Delgado adiantáronse xa no minuto 3 cun gol de Patricia. A de Yecla recibía no corazón da área un bo balón de Cami e non perdoaba ante Raquel.

Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO
Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO

Co Burela FS por diante, o segundo estivo a piques de chegar nunha acción rápida de Antía Pérez no minuto 7, pero Raquel conseguía nesta ocasión deter o disparo da futbolista laranxa. Non o faría dous minutos máis tarde ante Débora. A portuguesa, practicamente na súa primeira aparición no partido, finalizaba nunha posición escorada un contragolpe. A meta navalcarnereña tocaba o balón, pero non conseguía desviar o suficiente o disparo. Previamente, Marian tivera o empate para as visitantes, pero o seu disparo desde uns 11 metros íase ao pau.

Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO
Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO

Tras o 2-0, o Futsi Atlético Navalcarnero tentaba sacarse a presión de encima e estiraba as súas liñas, conseguindo durante algúns minutos que o balón estivese máis en campo burelés que no seu propio, pero sen armar ocasións de demasiado perigo sobre o marco defendido por Caridad. Mentres, as locais tentábano agora ao contragolpe e nun deles tivo o terceiro da mañá Cami, pero o seu remate no segundo pau era taponado por unha rapidísima Laura Córdoba.

Antía Pérez e Caridad, futbolistas do Burela FS / SABELA BLANCO
Antía Pérez e Caridad, futbolistas do Burela FS / SABELA BLANCO

O terceiro tanto laranxa chegaría finalmente a través da estratexia, nun saque desde o curruncho tras o que Antía Pérez conectaba unha sensacional volea que se lle coaba entre as pernas a Leti e ante o que nada podía facer Raquel para evitar o gol.

Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO
Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO

Co 3-0 no electrónico, o Futsi Atlético Navalcarnero apostaba polo xogo de cinco con Laura Córdoba portando a camiseta de porteira. A propia Laura Córdoba tería a única ocasión de mérito das madrileñas, nun disparo desde dentro da área que detiña Caridad. As burelesas defendíanse ben e a dous segundos do descanso tiña o cuarto Emilly, pero o seu lanzamento desde campo propio atopábase co pau dereito da portería atlética.

Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO
Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO

Tralo paso polos vestiarios mellorou o conxunto visitante e atopouse con dous goles no minuto 24 que cambiaron por completo o decorado do partido e puxeron en moitos apuros ao conxunto de Julio Delgado. As navalcarnereñas pegaban primeiro cun balón en longo de Ari que non lograba cabecear Patri e isto despistaba a Caridad, que non conseguía chegar ao balón. Poucos segundos despois chegaba o segundo das visitantes nunha boa triangulación entre Ari, Anita Luján e Patri que resolvía esta última no segundo pau cun tiro que tocaba Caridad, pero non o suficiente para evitar o tanto.

Seareiros en Vista Alegre no Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO
Seareiros en Vista Alegre no Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO

O partido volveuse tolo e o Burela FS perdeu o control do mesmo, que tivera durante os primeiros 24 minutos, e as oportunidades sucedíanse para ambos os equipos. Patricia, nunha boa acción de pívot, buscaba o cuarto, pero o seu disparo era repelido por Raquel cunha boa perna. Acto seguido era Leninha a que dispara sobre o marco de Caridad e a de Sanlúcar de Barrameda tapaba en dous tempos. Despois era Dinha a que no ecuador da segunda entrega finalizaba cun remate pegado á base do pau que sacaba Raquel.

O Futsi tirou de xogo de cinco ante o Burela FS

O último cuarto de partido depararía moita emoción. Caridad volvía aparecer para realizar un paradón nun lanzamento peligrosísimo de Irene Córdoba desde a frontal e posteriormente respondía para as locais Patricia, que se atopaba co pau tras un saque de falta de Emilly. A cinco minutos da conclusión era Dany a que sacaba baixo paus un balón que se ía para dentro despois dunha falta perigosa das branquivermellas. O rexeite non era aproveitado por Marian, que cruzaba demasiado ante a meta laranxa.

Nos últimos minutos apostaría Futsi Atlético Navalcarnero polo xogo de cinco e aí de novo defendíase moi ben o cadro local, que tería varios lanzamentos desde campo propio para sentenciar o choque. Con todo, as que máis preto estiveron do tanto foron Anita Luján, cun disparo cruzado que se ía moi pouco, e Laura Córdoba que, cando xa celebraba o empate, vía como Caridad era capaz de tapar de forma case milagrosa o seu remate no segundo pau.

A sentenza chegaría xa dentro do último minuto a través da mellor do mundo. Emilly recibía un bo balón de Dany ás costas da zaga madrileña e definía con moita tranquilidade e calidade diante de Raquel para levar o xúbilo ás bancadas de Vista Alegre.

O primeiro punto quedaba na casa e o segundo poñerase en xogo o vindeiro martes en Navalcarnero (La Estación, 21:30 horas, Teledeporte).

 

1 de 9
- +
Seareiros en Vista Alegre no Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO
Burela FS / SABELA BLANCO
Julio Delgado adestrador do Burela FS / SABELA BLANCO
Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO
Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO
Burela FS / SABELA BLANCO
Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO
Seareiros en Vista Alegre no Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO
Burela FS / SABELA BLANCO

1. Seareiros en Vista Alegre no Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO

Seareiros en Vista Alegre no Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO

2. Burela FS / SABELA BLANCO

Burela FS / SABELA BLANCO

3. Julio Delgado adestrador do Burela FS / SABELA BLANCO

Julio Delgado adestrador do Burela FS / SABELA BLANCO

4. Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO

Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO

5. Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO

Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO

6. Burela FS / SABELA BLANCO

Burela FS / SABELA BLANCO

7. Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO

Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO caridad

8. Seareiros en Vista Alegre no Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO

Seareiros en Vista Alegre no Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero / SABELA BLANCO

9. Burela FS / SABELA BLANCO

Burela FS / SABELA BLANCO Julio Delgado

FICHA TÉCNICA

4) BURELA FS: Caridad; Cami, Dinha, Emilly, Dany -quinteto inicial-, Patricia, Antía Pérez, Noelia Montoro, Carolina Pedreira, Cilene e Débora.

2) FUTSI ATLÉTICO NAVALCARNERO: Raquel; Laura Córdoba, Anita Luján, Leti, Irene Córdoba -quinteto inicial-, Ari, Marian, Patri e Leninha.

GOLES: 1-0, min. 3: Patricia. 2-0, min. 9: Débora. 3-0, min. 17: Antía Pérez. 3-1, min. 24: Ari. 3-2, min. 24: Patri. 4-2, min. 40: Emilly.

EQUIPO ARBITRAL: Paula Álvarez Nogueiro e Sergio Toral Heredia (Colexio de Castilla y León). Amoestaron ao técnico local, Julio Delgado, así como á súa futbolista Carolina Pedreira. Tamén viron o cartón amarelo as visitantes Patri, Marian e Leninha.

INCIDENCIAS: Primeiro partido das semifinais do play-off  polo título da Liga Iberdrola FS disputado no pavillón de Vista Alegre diante duns 800 espectadores. Gardouse un respectuoso minuto de silencio pola vítima mortal do atropelo múltiple rexistrado este venres en Burela.

| Partido 1 – Semifinales playoffs #PrimeraIberdrolaFS

@burelafs 4-2 @futsi_atletico pic.twitter.com/TDbTZQY7xD

— Futsal RFEF (@FutSalRFEF) May 31, 2025

Etiquetas Antía PérezAtlético Futsi NavalcarneroBURELA FSCamiCaridadEmilly Marcondesfútbol salaJulio Delgado
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

FSF Castro Bloques Cando na Copa da Raíña de fútbol sala / FSF CASTRO IG

Poio Pescamar e Castro Bloques Cando selan o pase a cuartos de final na Copa da Raíña 25-26

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  Poio Pescamar e FSF Castro Bloques Cando continúan na Copa da Raíña de fútbol sala, mentres que o Ourense...

A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

por Redacción As Nosas
07/12/2025
0

  España pechou o Mundial de Filipinas cunha medalla de bronce cunha representación galega notable nas súas filas. No partido...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem / POIO PESCAMAR

MUNDIAL FUTSALFEM | O Poio Pescamar, o club con máis representantes en Filipinas con 7 futbolistas

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

  O Poio Pescamar converteuse no equipo con maior presenza no Mundial de Filipinas. O conxunto galego achegou sete xogadoras...

España xoga o Mundial de futsalfem / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, en semifinais tras vencer a Marrocos 6-1

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

  España segue paso a paso no Mundial de fútbol sala feminino e xa está en semifinais con ampla representación galega...

Ale de paz, futbolista galega coa Selección Española no Mundial nun partido contra Canadá / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM 25 | Goleada de España a Canadá para finalizar a fase de grupos con tantos de Ale de Paz, Antía Pérez e Martita

por Redacción As Nosas
29/11/2025
0

  España pechou a fase de grupos do Mundial 2025 de futsalfem coa goleada máis cómoda ata o momento (0-7)....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Gran Premio Cantones de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES

O G.P. Cantones de marcha contará cun novo circuíto e novas distancias

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Gran Premio Cantones de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES

O G.P. Cantones de marcha contará cun novo circuíto e novas distancias

13/05/2026
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

12/05/2026
Representación de Galicia no podio da proba de 5.000 mts do Campionato de España categoría Sub-18 feminina, na que foi primeira Sabela Castelo, do Sanysec-Ourense e segunda, Paula Fernández da Sociedad Gimnástica de Pontevedra / RFEA

Cinco medallas para Galicia no Campionato de España de atletismo de 5.000 e 10.000 metros

12/05/2026
Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO

O Mecalia Atlético Guardés cae na final da Copa da Raíña diante do Super Amara Bera Bera (26-21)

10/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.