• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O Burela FS cae diante do Futsi (4-1) no segundo partido dos ‘play-offs’

As da Mariña encoméndanse a Vista Alegre para lograr o pase á final da Liga Iberdrola FS

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
04/06/2025
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Futsi Atlético Navalcarnero vs Burela FS / TOÑO DE LA PARRA

Futsi Atlético Navalcarnero vs Burela FS / TOÑO DE LA PARRA

75
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • O Burela FS cae en Navalcarnero diante do Futsi (4-1) e encoméndase a Vista Alegre para lograr o pase á final da Liga Iberdrola.
  • Ás mariñás foron inferiores no segundo tempo e perderon o segundo punto da eliminatoria. O terceiro e definitivo xogarase o sábado en Burela (11 horas, TDP).

O Burela FS terá que recorrer ao terceiro partido para tentar coarse na final do play-off polo título da liga Iberdrola FS, logo de caer onte en Navalcarnero, no segundo choque da semifinal, ante o Futsi Atlético Navalcarnero : 4-1.

Burela FS / TOÑO DE LA PARRA
Burela FS / TOÑO DE LA PARRA

O encontro foi moi nivelado no primeiro tempo, pero as madrileñas conseguiron irse ao descanso cunha vantaxe mínima tras un gol no minuto 17 e no segundo tempo foron superiores e conseguiron levar o segundo punto da eliminatoria, que agora está igualada.

Emilly non puido disputar a segunda parte ao levar un balonazo na cabeza no tramo final do primeiro período.

O terceiro encontro xogarase o vindeiro sábado en Vista Alegre (11 horas) e de novo coas cámaras de Teledeporte como testemuñas.

O encontro comezou sen oportunidades para ningún dos dous equipos ata case o ecuador da primeira metade.  Emilly, cunha acción individual na que se marchaba de Leti cunha ruleta e despois descerrajaba un potente disparo que sacaba Balbuena coa súa man esquerda, dispoñía da primeira no minuto 8 e repetía un minuto máis tarde cun lanzamento desde uns 12 metros que se ía lixeiramente desviado. Respondía despois Leti cun tiro desde máis ou menos a mesma distancia que despexaba Caridad.

Futsi Atlético Navalcarnero vs Burela FS / TOÑO DE LA PARRA
Futsi Atlético Navalcarnero vs Burela FS / TOÑO DE LA PARRA

Carolina Pedreira puido adiantar ás burelenses no minuto 12 tras unha falta botada por  Antía Pérez, pero cruzaba demasiado ante Balbuena.

Quinta falta do Burela FS

A 7 minutos e 40 segundos do descanso, o Burela FS realizaba a súa quinta falta e isto condicionaría o tramo final do primeiro período, xa que as atléticas podían elaborar o seu xogo de ataque máis cómodas e empezaban a inquietar con máis continuidade o marco defendido por Caridad.

Irene Córdoba remataría moi frouxo ante a de Sanlúcar despois de recibir no pivote e virarse, mentres que no 16 era  Emilly a que rozaba o gol nun lanzamento de falta directo que case bicaba a cruceta da meta de Balbuena.

Acto seguido chegaba o primeiro tanto de Futsi Atlético Navalcarnero, nun balón que non conseguía alcanzar Patricia e servíalles ás locais para dispoñer dunha superioridade na contra, que finalizaba cun remate a gol de Patri no corazón da área logo dun rexeite de  Caridad a un disparo de Marian desde a esquerda. Tras o gol, Leti tería o segundo cun remate soa desde dentro da área, aínda que nunha posición un tanto escorada, pero aparecía a porteira laranxa para evitar o tanto.

Futsi Atlético Navalcarnero vs Burela FS / TOÑO DE LA PARRA
Futsi Atlético Navalcarnero vs Burela FS / TOÑO DE LA PARRA

Antes da arrancada final das navalcarnereñas puido chegar o empate por mediación de  Emilly, pero o seu disparo ao primeiro pau tras irse polo á esquerda de Anita Luján atopábase cunha boa man de Balbuena. Laura Córdoba, cun remate desde uns sete metros e unha volea á saída dun córner, estivo preto do segundo, do mesmo xeito que Anita Luján, ante a que tiña que facer unha boa parada  Caridad abaixo.

Ausencia de Emilly

No segundo tempo xogaron máis a pracer as atléticas diante dun  Burela FS que notou moito a ausencia da súa principal estrela. O equipo que adestra Julio Delgado non foi capaz de elaborar demasiadas ocasións sobre o marco de Balbuena e sufriron para deter as acometidas locais. Con todo, as dúas primeiras foron para as mariñás, cun disparo de  Cami desde a distancia no que tivo que voar Balbuena para despexalo e un tiro de Patricia desde a frontal que se foi por moi pouco.

Foi un espellismo porque rápido empezou o conxunto branquivermello a incomodar a Caridad. No 27 case marcaba Leninha a pracer no segundo pau tras unha boa asistencia de Ari nunha gran acción colectiva das madrileñas. A resposta de Julio Delgado, que non vía cómodo ao seu equipo, non se fixo esperar e a 11 minutos e medio do final sacaba a Cilene coa camiseta de porteira para xogar de cinco.

Futsi Atlético Navalcarnero vs Burela FS / TOÑO DE LA PARRA
Futsi Atlético Navalcarnero vs Burela FS / TOÑO DE LA PARRA

A primeira opción das visitantes sería nun balón de Carolina Pedreira ao segundo pau ao que non chegaba por moi pouco Patricia. E despois era  Antía Pérez a que tiña que intervir para sacar baixo paus un tiro de Ari desde o medio do campo aproveitando que non había porteira no marco burelés.

A sete minutos do final chegaba o terceiro das madrileñas cun gol de Ari desde uns 35 metros tras unha perda das Pícaras. A brasileira tería o cuarto pouco despois, pero remataba fóra por pouco tras plantarse soa ante  Caridad. Dous remates seguidos de  Cami e Cris Lourés, o primeiro frouxo e o segundo moi alto, era o escaso rédito do Burela neste tramo de partido, ata que Carolina Pedreira facía o primeiro para as mariñás nun disparo mordido que non podía deter Balbuena.

Futsi Atlético Navalcarnero vs Burela FS / TOÑO DE LA PARRA
Futsi Atlético Navalcarnero vs Burela FS / TOÑO DE LA PARRA

O 3-1, con máis de tres minutos por xogarse, insufláballe esperanzas ás de Julio Delgado, pero perderíanas a pouco máis dun minuto do final cando Ari poñía un balón en longo e Laura Córdoba adiantábase a  Caridad para tocar coa cabeza e facer o 4-1 que xa sería definitivo.

FICHA TÉCNICA

4) FUTSI ATLÉTICO NAVALCARNERO: Balbuena; Laura Córdoba, Leti, Anita Luján, Irene Córdoba -quinteto inicial-, Marian, Patri, Ari e Leninha.

1) BURELA FS: Caridad; Cami, Emilly, Dinha, Dany -quinteto inicial-, Antía Pérez, Patricia, Noelia Montoro, Carolina Pedreira, Cilene e Cris Lourés.

GOLES: 1-0, min. 17: Patri. 2-0, min. 27: Leninha. 3-0, min. 33: Ari. 3-1, min. 36: Carolina Pedreira. 4-1, min. 39: Laura Córdoba.

EQUIPO ARBITRAL: Marcos Cazorla e Noelia Gutiérrez (Colexio de Castilla-La Mancha). Amoestaron ás locais Anita Luján, Leninha e Leti, así como á visitante Antía Pérez.

INCIDENCIAS: Segundo encontro da semifinal do play-off polo título da Liga Iberdrola FS disputado no pavillón de La Estación de Navalcarnero diante dunha boa asistencia de público e con presenza de afeccionados laranxas nas bancadas.

Etiquetas BURELA FSfútbol salaFutsi Atético Navalcarnero
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.