O vindeiro luns, 10 de maio, o Pescados Rubén Burela organizará unha Asemblea Xeral Extraordinaria para as persoas aboadoras do club. A reunión, convocada pola Xunta Directiva, terá lugar no pavillón de Vista Alegre, seguindo todos os protocolos sanitarios e de seguridade de distanciamento social pola COVID-19.
A primeira convocatoria será ás 20:00 horas e a segunda ás 20:30 horas. O eixo central da Asemblea do Burela estará na convocatoria das eleccións á Xunta Directiva e presidencia. Desde o 10 de maio, e ata o 18, poderanse presentar as candidaturas para a votación que se celebrará o 28 de maio.