O Pescados Rubén Burela estrará nova Xunta Directiva a finais deste mes de maio. O club laranxa convoca eleccións para o próximo venres 28, segundo o acordo da Asemblea Extraordinaria de Socios e Socias.
A comisión de garantías electorais formouse coas persoas aboadoras de menor idade e maior idade presentes na asemblea, resultando nun directivo da xunta saínte e un traballador do club.
Desta forma, o calendario electoral comeza coa presentación das candidaturas entre o 10 e o 18 de maio, e finalizará coas eleccións o propio día 28.
O regulamento electoral está dispoñible para as socias na sede do Pescados Rubén Burela, e poderá ser consultado de luns a venres entre as 10:00 e as 13:00 horas.