• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Fútbol Sala Máis FutSal

O Burela conquista a súa terceira Copa da Raíña consecutiva

As Guerreiras Laranxa da Mariña, imparables na súa consecución de títulos, aumentan a súa gloria e o seu palmarés estatal

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
02/05/2021
en Máis FutSal, Fútbol Sala
As xogadoras do Pescados Rubén Burela festexan que son campioas da Copa da Raíña FSF 2021, veñen de ser galardoadas coa Medalla Castelao 2022 / PRBFS

As xogadoras do Pescados Rubén Burela festexan que son campioas da Copa da Raíña FSF 2021 / PRBFS

75
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O trono da Copa de S.M. A Raíña segue sendo laranxa. O Pescados Rubén Burela FS revalida o seu dominio absoluto na cita impoñéndose na final do torneo do ko ao conxunto do Melilla Sport Capital Torreblanca FS por un marcador de 1-3.

Pescados Rubén Burela, campión da Copa da Raíña de fútbol sala feminino 2021 / RFEF
Pescados Rubén Burela, campión da Copa da Raíña de fútbol sala feminino 2021 / RFEF

A maior experiencia xogando partidos deste perfil que atesoran as Guerreiras Laranxa impúxose fronte ao equipo revelación da tempada. Así, o Pescados Rubén Burela sumabaq a súa terceira Copa da Raíña consecutiva e a cuarta da historia do club laranxa. A capitá, Peque, recibiu o trofeo de mans do vicepresidente da Real Federación Española de Fútbol RFEF, Pablo Lozano.

Soubo o conxunto do Pescados Rubén Burela FS como imprimir o seu xogo con dominio, posesión e ocasións. Peque foi a futbolista que máis buscou a rede de Sara Soares nos primeiros compases da final, pero foi un gol que tocou na defensa melillense o que lles deu a vantaxe ás da Mariña, no minuto 8. O gran pase en profundidade de Jane a Leti Cortés deu en Fabi favorencendo os intereses das galegas. Dispuxeron acto seguido as de Lucas de moito perigo, con Jane e Leti fronte a Sara Soares como a gran salvadora das melillenses.

O adestrador do Torreblanca FS, Marcio Santos, tentou cambiar a dinámica pedindo máis risco ao seu equipo e mesmo probando nunha aposta breve por xogo de cinco, ante a gran resposta e repregamentos das laranxas freando calquera indicio en ataque.

Dany, a falta de 54 segundos para o descanso, subiu o 0-2 recibindo de Cami e virándose para sentenciar dun golazo en disparo cruzado que entrou por baixo das pernas da meta melillense. Cami a punto estivo de ampliar co terceiro nos últimos segundos antes da bucina.

O Burela chegou a ir 0-3 na final da Copa da Raíña

Regresou moi o conxunto de Lucas con dobre tentativa de Cami fronte a Sara Soares. A meta melillense freou tamén a Luísa Mayara, pero nada puido facer fronte á letal Dany, que aproveitou a falta de entendemento rival en saque de banda para subir o 0-3.

Apostou por xogo de cinco o equipo de Marcio Santos e atopou recompensa acto seguido, en menos dun minuto, cun pase de Lydia a Bia, que tocou en Ale de Paz con traxectoria cara á portería.

O Melilla Sport Capital Torreblanca FS encomendouse á porteira xogadora para ir a pola remontada fronte á solidez defensiva das galegas que se armaron de paciencia e concentración para anular as intencións das melillenses, cunha Jozi Oliveira perfecta e imperturbable baixo paus.

Pescados Rubén Burela, campión da Copa da Raíña de fútbol sala feminino 2021 / RFEF
Pescados Rubén Burela, campión da Copa da Raíña de fútbol sala feminino 2021 / RFEF

Ao final do partido, a capitá, Peque, acudía a recoller o trofeo de campioas de Copa da Raíña 2021 que lle entregou o vicepresidente da Real Federación Española de Fútbol RFEF, Pablo Lozano.

As xogadoras do Pescados Rubén Burela festexan que son campioas da Copa da Raíña FSF 2021 / PRBFS
As xogadoras do Pescados Rubén Burela festexan que son campioas da Copa da Raíña FSF 2021 / PRBFS

FICHA TÉCNICA

MELILLA SPORT CAPITAL TORREBLANCA FS: Sara, Lydia, Fernanda, Bia e Emilly – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Julia, Jacke, Fabi e Thais.

PESCADOS RUBÉN BURELA FS: Jozi Oliveira, Dany, Peque, Cami e Luísa Mayara – quinteto inicial -. Tamén xogaron:  Ale de Paz, Jane, M. Cortés e Bea Mateos.

GOLES: 0-1, minuto 8, Leti (Fabi, propia porta); 0-2, minuto 20, Dany; 0-3, minuto 23, Dany; 1-3, minuto 24, Ale de Paz ( propia porta)

ÁRBITROS : Sara Gutiérrez // Leticia Romero // Lydia Guillem. Amonestaron con cartón amarelo polo Melilla Sport Capital Torreblanca FS á futbolista Fernanda (minuto 10)

INCIDENCIAS: Partido de final de Copa de S.M. A Raíña disputado na a Cidade do Fútbol de Las Rozas, con emisión en directo de Teledeporte. Xunto ao presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, tamén apoiaron ás Guerreiras Laranxas desde o palco de autoridades o vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, e o concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández.

As xogadoras do Pescados Rubén Burela festexan que son campioas da Copa da Raíña FSF 2021 / PRBFS
As xogadoras do Pescados Rubén Burela festexan que son campioas da Copa da Raíña FSF 2021 / PRBFS
Etiquetas BurelaCopaCopa da RaiñafinalLAS ROZASMelilla Sport Capital TorreblancaPalmarésPescados Rubén Burela
ComparteChía
Publicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia

Relacionado co tema

Pescados Rubén Burela vs Poio Pescamar, pretempada 22-23 / PRBFS

O último partido da liga regular enfronta a Poio e Burela co segundo posto en xogo

por Redacción As Nosas
26/05/2023
0

  Mañá sábado día 27 de maio, ás 18.30 horas no Pavillón Municipal A Seca de Poio, xogarase o último...

Ascenso do Castro FSF á elite do futsalfem español / RFEF

Galicia terá seis equipos na élite do FutSalFem estatal na campaña 2023-24 ao ascender o Castro FSF e manterse o Viaxes Amarelle

por Redacción As Nosas
21/05/2023
0

  A Primera División do futsal feminino español ten 16 equipos. O vindeiro curso seis deles serán galegos. Esta fin...

Despedida Peque / BURELA FS

Vitoria 7-3, trofeo e despedida en Burela co adeus da capitá Peque

por Redacción As Nosas
21/05/2023
0

  Goles, lágrimas na despedida de Peque, e un novo trofeo que ofrecer á afección no último partido de Liga...

O Pescados Rubén Burela, tetracampión da Supercopa de España de Futsal, Peque co trofeo / RFEF

Ata sempre capitá, ata sempre Peque

por Redacción As Nosas
19/05/2023
0

  O Pescados Rubén Burela despídese da súa capitá nos últimos anos, Patricia González, Peque, e na entidade laranxa saben en...

Pescados Rubén Burela FS, campión da Copa Galicia 2023 / RFGF

Sétima Copa Galicia de futsal para as Guerreiras Laranxas

por Redacción As Nosas
17/05/2023
0

  O Pescados Rubén Burela FS conquistou en Noia a súa sétima Copa Galicia de fútbol sala tras vencer, nunha enorme...

Ver máis
Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

30/05/2023
Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando Polo Dano Cerebral’ / FEGADACE

Aberta a inscrición na II Carreira e Andaina Solidaria de FEGADACE ‘Camiñando polo Dano Cerebral’, que terá lugar en Lalín o 2 de xullo

30/05/2023
Galicia conta con cinco taekwondistas no Mundial de Baku: Alma Pérez, Arlet Ortiz, Sara Cortegoso, Tania Castiñeira e Iván García / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A galega Arlet Ortiz cae nos oitavos de final no Mundial de Bakú contra a campioa de Europa de taekwondo

29/05/2023
Elviña acolleu os Campionatos Xunta de Galicia Sub-18 e Sub-16 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Gran fin de semana atlético en Elviña coa disputa dos Campionatos de Galicia Sub-18 e Sub-16

29/05/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.