O Pescados Rubén Burela FS xa está traballando na programación 2021-22 para as Xoias Laranxas. E para iso terá Xornadas de Portas Abertas a partir da vindeira semana para as categorías de competición autonómica en Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil na composición de equipos tanto masculinos coma femininos.
Se tes menos de 18 anos e queres formar parte dos adestramentos e aprender cunha escola de referencia tan só tes que cubrir a inscrición ONLINE.
As prazas serán limitadas a un máximo de 40 nenos/as cada semana e cada deportista contará cun seguro facilitado polo propio Burela.
A programación do Burela para as súas Xoias Laranxas
Semana do 26 ao 31 de xullo: Martes, xoves e venre
- Cadete masculino (18 h. a 19:00 h.)
Lugar: Pavillón Vista Alegre
Prazo de inscrición: Martes 27 de xullo, 11.00 horas.
Semana do 2 ao 8 de agosto: Luns, mércores e venres
- Alevín masculino (17 h. a 18 h.)
- Infantil masculino (18 h. a 19 h.)
- Xuvenil masculino (19:30 h. a 21 h.)
Lugar: Pavillón Vista Alegre
Prazo de inscrición: Luns 2 de agosto, 11.00 horas
Semana do 9 ao 15 de agosto: Luns, mércores e venres
- Alevín e infantil feminino (18 h. a 19 h.)
- Cadete e xuvenil feminino (19 h. a 20 h.)
Lugar: Pavillón Vista Alegre
Prazo de inscrición: Luns 9 de agosto, 11.00 horas