A estrea da Primeira Autonómica feminina esta tempada levaba ao Brigantium Nunegal a Ourense. Iniciar a competición contra un rival como o Balonmán Pabellón parecía un debut bastante complicado, as ourensás dominaran os enfrontamentos entre os dous equipos a tempada pasada. A ésto había que unir as baixas de Irene Pacheco, Andrea Barreiro e dun dos novos reforzos, a asturiana María Blanco. A pesar de todo, as leoas rozaron a sorpresa no Pavillón dos Remedios.
Primeiro tempo igualado nos Remedios
No transcurso do primeiros trinta minutos do partido mostrounos a un equipo local que tomou unha lixeira vantaxe no marcador ao redor dos dous goles xa nos primeiros minutos. A igualdade era máxima e ían transcorrendo esta parte cos intentos das nosas mozas de igualar ou superar ese marcador adverso e ao Pavillón utilizando unha dos seus mellores armas, o contraataque, para dominar o partido.
Gol arriba, gol abaixo transcorreu este primeiro tempo ao que se chegou cun resultado de 16-14 ao descanso.
Remontada do Brigantium Nunegal na segunda parte
Cun cambio defensivo ao comezo da segunda parte o Brigantium Nunegal saíu disposto a remontar o partido. O cambio funcionou e condicionou enormemente o ataque local.
O partido continuaba igualado con constantes empates ou mínimas vantaxes locais do Balonmán Pabellón. Chegado o ecuador da segunda parte as coruñesas conseguiron poñerse por diante por primeira vez no partido, pero este continuaba sendo un toma e daca constante diante un público cada vez máis animado polo bo espectáculo que estaban a presenciar.
O último minuto e medio foi decisivo
Chegábase ao desenlace final cun empate a 24 que facía presaxiar un último minuto e medio moi emocionante. Xusto nese momento un lanzamento de sete metros en contra poñía ao alcance das locais do Balonmán Pabellón tomar de novo vantaxe no marcador. O lanzamento dá no poste, pero un rebote leva ao balón dentro da portería.
Coa necesidade de marcar para o empate e o tempo correndo en contra, as nosas mozas fallan o lanzamento e o posterior contraataque do Balonmán Pabellón pon ás ourensás 26-24.
A falta de 45 segundos no tempo morto o Brigantium Nunegal falou da necesidade de marcar rápido e tentar presionar o saque posterior para roubar e empatar. Ao final outro erro no lanzamento deu a posibilidade doutro gol fácil ás locais que colocaron o 27-24 co que concluíu o partido con vitoria para as ourensás.