O Pavelló Esportiu Can Xarau de Cerdanyola del Vallés acollerá esta tarde de sábado (12 de decembro), a partir das 19:30 horas, o cruce entre o HC Borbolla e o conxulto local.
As galegas, colistas, visitan así na undécima xornada de liga ás líderes no Subgrupo A da Ok Liga Feminina, o Cerdanyola CH. Sepáranas 22 puntos e sete lugares na táboa. As catalás non teñen partidos pendentes de disputa e con 11 xornadas ás costas colleitaron nove triunfos, un empate na casa ante o Telecable HC de Gijón, e unha derrota ante o Magic Studio CP Manlleu (7-2). O Manlleu, vixente campión da OK Liga Feminina, é segundo con nove partidos ganados de nove disputados.
As coruñesas do HC Borbolla contan todos os seus partidos como derrotas a excepción de dous. Un triunfo a domicilio ante o CP Alcorcón (1-2) e a recente vitoria ante o Garatge Plana Girona CH en Monte Alto por 4-0.
Polo tanto, será complicado, pero non imposible, que as galegas puntuen nunha cancha, a de Cerdanyola del Vallés, que está invicta en liga esta tempada 2020 – 2021. Así e todo, as herculinas teñen moito que gañar e pouco que perder. Acuden á cita coa moral alta que aporta un ansiado triunfo acadado por 4-0 e ante un rival directo pola permanencia como é o Girona.
Na primeira volta as catalás venceron ás galegas por un tanteo de 2-7. Naquel encontro as coruñesas chegaron a ir por diante 2-0. A lesión de Fernanda Tapia que cedeu o seu posto na portaría a Edén Avecilla, marcou aquel encontro.
Aos poucos, as de Santi Martínez van optendo resultados e afinanzando o seu xogo. Toda rodaxe e mellora do xogo e confianza nas súas posibilidades que adquiran as galegas serán de moita utilidade para a segunda parte da competición onde se xogarán manterse na elite estatal do hoquei a patíns.