Tócalle viaxe ao Conservas Orbe Rubensa BM Porriño. Hoxe, sábado, 24 de outubro ás 18:30 h, mide forzas, no Pavillón Insular Antonio Moreno de Telde, co Rocasa Gran Canaria. Este encontro corresponde á quinta xornada da liga Guerreras Iberdrola. O aforo será limitado, pero haberá posibilidade de ver o partido a través do formato de streaming.
Ismael Martínez, técnico do primeiro equipo, admitiu que “é un dos favoritos ao título, creo que é obvio, e na súa casa aínda máis. Reforzáronse moi ben, son un óso duro. Nós temos que xogar as nosas bazas, temos opcións e imos competir”.
Ismael Martínez, técnico do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño: “O Rocasa Gran Canaria é un dos equipos favoritos ao título de Liga, creo que é obvio, e na súa casa aínda máis. Reforzáronse moi ben, son un óso duro. Nós temos que xogar as nosas bazas, temos opcións e imos competir”.
O Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vén de perder na pasada xornada contra o Balonmano Elche (20-24) despois dun intenso partido. Así, actualmente, as de Isma Martínez atópanse ubicadas na quinta posición da táboa.
Pola súa banda, o Rocasa Gran Canaria leva gañando todos os partidos disputados até o momento, tendo unha moi boa serie. Desta forma, as canarias atópanse segundas dentro da clasificación e empatadas a puntos (8) co KH-7 Bm Granollers.
Ismael Martínez salienta a defensa do Rocasa
O adestrador das galegas, Ismael Martínez, puxo o acento no aspecto defensivo do rival. Explicaba o adestrador que as canaras “defenden cun 6:0 moi forte e con moita altura en zona central. En canto ao seu ataque, teñen moito lanzamento exterior. Por iso, iso vainos a esixir subirlle moito e hai que ter en conta que os seus pivotes tamén son moi boas xogadoras”.
Ismael Martínez, técnico do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño: “defenden cun 6:0 moi forte e con moita altura en zona central. En canto ao seu ataque, teñen moito lanzamento exterior. Por iso, iso vainos a esixir subirlle moito e hai que ter en conta que os seus pivotes tamén son moi boas xogadoras”.
Ten claro o preparador das de Porriño que as opcións do Conservas Orbe Rubensa “pasan porque non formen defensa e meter moitos goles de contrataque, ademais de defender moi ben. En canto ao ataque posicional debemos ter moita paciencia”.
Herrera sobre o Porriño: “Saben perfectamente ao que xogan”
O tecnico das isleñas, Carlos Herrera, apuntaba sobre o BM Porriño que é un equipo “veterano na competición, con xogadoras novas pero con certa experiencia xa na liga Guerreiras Iberdrola e que saben perfectamente ao que xogan. Están a xogar moi ben e conseguiron sacar xa puntos importantes”.
Carlos Herrera, entredor do Rocasa Gran Canaria: “O BM Porriño é un equipo veterano na competición, con xogadoras novas pero con certa experiencia. Están a xogar moi ben e conseguiron puntos importantes”
Na opinión do adestrador local: “O Conservas Orbe Rubensa virá coa intención de conseguir os 2 puntos para tentar estar máis arriba na clasificación”.
Carlos Herrera, entredor do Rocasa Gran Canaria: “Temos que estar concentradas porque teñen un xogo moi dinámico, moi rápido e se non estamos atentos poderiamos pasalo mal. Temos que contrarrestar todas as súas virtudes e preparar o mellor posible o partido para lograr que os dous puntos queden na nosa casa”
Ao respecto das claves do partido, Carlos Herrera explicaba: “Temos que estar concentradas porque teñen un xogo moi dinámico, moi rápido e se non estamos atentos poderiamos pasalo mal. Temos que contrarrestar todas as súas virtudes e preparar o mellor posible o partido para lograr que os dous puntos queden na nosa casa”.