• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina Endesa

O BAXI perde no último minuto ante o Araski

Lino López: "Perder un partido que tes practicamente gañado a falta de cinco minutos doe" | As ferrolás perderon na súa visita ás vascas na recuperación da 13ª xornada

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
12/01/2022
en Baloncesto, Liga Feminina Endesa
Araski vs BAXI Ferrol / UNIFERROL

Araski vs BAXI Ferrol / UNIFERROL

94
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

En menos de tres días, o BAXI Ferrol suma unha segunda dolorosa derrota. As ferrolás recuperaban este martes a 13ª xornada, visitando ao Kutxabank Araski na súa pista, nun encontro igualado, no que as locais remontaron no minuto final para levarse a vitoria (84-82).

“É duro. Perder un partido que tes practicamente gañado a falta de cinco minutos doe. Estou moi orgulloso do traballo do equipo, moitísimo. Só nós sabemos as circunstancias nas que adestramos esta semana”, apuntaba tras o encontro o adestrador Lino López

O equipo xa xogara o domingo ante o Campus Promete, noutro encontro intenso no que a vitoria foi para as rioxanas xa no tempo de prórroga.

Man a man

Malia o cansancio acumulado, as de Lino López demostraron a súa profesionalidade na pista vasca, saltando á cancha con enerxía e iniciando o partido cun alto ritmo de xogo. A través dun certeiro tiro exterior, as ferrolás facíanse co primeiro cuarto (16-22).

Pero no segundo parcial, o Araski reaccionou poñendo ás galegas contra as cordas. Nos primeiros minutos o dominio seguiu sendo ferrolán, pero antes do descanso as locais presionaron para poñer o 40-46 no marcador.

Tras o descanso, as vascas lograron darlle a volta ao marcador e iniciar a súa remontada. Malia a igualdade e o man a man que se podía ver no parqué do Mendizorrotza, o BAXI tomaba o control de novo mediante o tiro exterior para chegar aos 10 minutos finais

Pasado o ecuador do último cuarto, as galegas vencían por 16 puntos, no que parecía unha vitoria asegurada. O Araski, lonxe de baixar os brazos, soubo aproveitarse dos fallos das galegas para remontar o marcador, e poñer o 82-82 que facía pensar xa na que sería a segunda prórroga en cuestión de días para o BAXI.

Porén, todo mudou no último minuto, cando un erro na defensa permitiulle a Atkinson anotar a canastra definitiva e gañadora do encontro.

📹 #LFEndesa: Canasta ganadora de @tanayaatkinson‼️

🟢 La norteamericana culminó a lo grande la remontada de su @Araski sobre el @UniFerrol 🙌

📊 25p – 8 rb – 6 as – 2 rec

📺 Así lo hemos vivido en #CanalFEB ⬇ pic.twitter.com/TknFkEvbrY

— CompeticionesFEB (@CompeticionFEB) January 11, 2022

López, orgulloso dun equipo que medra

Despois do encontro, Lino López pasou por rolda de prensa, onde salientou o traballo das xogadoras ferrolás, sobre todo no contexto que está a vivir o equipo.

Tras a volta do Nadal, algunhas das pezas do BAXI deron positivo en COVID, non puidendo adestrar co grupo, mentres que outras xogadoras están tocadas. “Ver o traballo do equipo e como o deixaron todo cada segundo, tamén no campo, como estiveron unidas… Estou moi orgulloso delas. Xogar dous partidos do nivel que xogamos nas circunstancias nas que o fixemos é para crer no equipo, confiar en que as vitorias chegarán”, subliña o adestrador.

Lino López: “Xogar dous partidos do nivel que xogamos nas circunstancias nas que o fixemos é para crer no equipo”

“Isto é o que quería a principio de tempada, ter un equipo que o da todo na pista, que non se deixa nada ata o último segundo. Non conseguir a vitoria doe, e tal e como se desenvolveron os partidos, pero o equipo está medrando, cada vez está mellor e quédome con iso”, concluíu.

Tras este partido, o BAXI é o 12º clasificado, con 19 puntos en catro vitorias e onde derrotas.

FICHA TÉCNICA

KUTXABANK ARASKI (84): Leia Dongue (24), Tanaya Atkinson (25), Izaskun García, Tamara Seda (10), Katarina Zec (5) -quinteto inicial-. Tamén xogaron: Gracia Alonso (2), Arrate Agirre (14), Laura Pardo e Bea Sánchez.

BAXI FERROL (82): Taylor Koenen (15), Miliica Ivanovic (4), Carmen Grande (3), Jena Allen (12), Sune Swart (8) -quinteto inicial-. Tamén xogaron: Alicia Villegas (10), Irenme Garí (6), Malama Leaupepe (8) e Natalia Rodríguez (16).

MARCADOR: 16-22, 24-24, 22-19 e 22-17.

ARBITRAXE: Lucas de Lucas, González Cuervo, Gómez Hernández.

INCIDENCIAS: Recuperación da 13ª xornada competitiva, celebrada no polideportivo Mendizorrotza de Vitoria.

Etiquetas baloncestobasketbaxiBaxi FerrolFerrolLF EndesaLiga Feminina Endesa
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.