Non puido ser. O Autos Cancela CV Zalaeta apeouse da Copa Princesa na fase de grupos. As galegas que adestra Jorge Barrero caeron derrotadas 3-1 co Barça CVB que xogará a final mañá domingo ás 12:00 horas co CV Melilla Sport Capital. As galegas deron a cara no partido coas catalás, pero finalmente non foron capaces de impoñer o seu xogo ante a efectividade en ataque de xogadoras como María llinás ou Mana Grima.
Segundo triunfo do CV Melilla Sport Capital, esta vez ante o Extremadura Arroyo
Tras impoñerse na primeira xornada ao MCR Premiá de Dalt, hoxe sábado o CV Melilla Sport Capital vencía 3-0 ao Extremadura Arroyo.

Comezouan o primeiro set con vantaxe para as xogadoras melillenses grazas un menor rango de erros, o que fixo que rematasen por se levar o set inicial cun tanteo de 25 -16 diante das estremeñas en 26 minutos de xogo na pista do Barrio das Flores.
Aguantou o saque o CV Melilla Sport Capital facéndose cunha vantaxe de 4 puntos ao comezo do segundo set. A distancia chegou ata un marcador de 10-5, é dicir, dobrando en puntos ás xogadoras do Extremadura Arroyo, que non conseguían o dominio do encontro.
Un cambio na alineacion do Extremadura cando o electrónico marcaba 14-8 fai que as pupilas de Flavia Dias de Lima se vaian achegando no marcador as de Mariano Riganti. Con todo, e aínda que o loitaron ata o final, os erros en momentos decisivos fixeron finalmente que ao Extremadura Arroyo se lle escapase a vitoria tamén no segundo set. O marcador parou en 25-20 para o CV Melilla Sport Capital tras 27 minutos de disputa.
As recentemente ascencidas de Primera Nacional non lle deron opción ás primeiras clasificadas do Grupo A tampouco no terceiro set e terminaron o seu segundo partido desta Copa Princesa 2023 con vitoria logo asinar un 25-12 no terceiro set tras 22 minutos de xogo.
As xogadoras do CV Melilla Sport Capital xogaron ben as súas cartas e mantiveron o liderado do terceiro set durante todo o duelo, gañando o encontro por 3-0.
FICHA TÉCNICA
3) CV MELILLA SPORT CAPITAL: Almudena Martín, Paula García, Nerea Rodríguez, Carla Martinelli, Lucía Geysels e Belén Luengas – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Cristina Cruzado (L). Ana Isabel Muñoz, Claudia Goñi, Lucía Buendía e Sheila Al-Lal.
0) EXTREMADURA ARROYO: Raquel del Álamo, Javiera Plasencia, Isabel Espino, Balbanera Azul Ulla, Juliana Ocaña Pizarro e Janine Sandell– sexteto inicial -. Tamén xogaron: Julia Cabeza Paniagua (L). Ana Lucas, Sara Molano, Ángela Peña e Desiree Castaño.
PARCIAIS: 25-16 (26 min.) 25-20 (27 min.) e 25-12 (22 min.)
EQUIPO ARBITRAL: Marco Antonio Folgar Fraga e Veronique García Castells. Anotadora: Lola Pita Canosa.
INCIDENCIAS: Partido do grupo B da Copa Princesa disputado no Pavillón Municipal do Barrio das Flores na Coruña coa asistencia dunhas 180 persoas nas bancadas. Consulta as estatísticas completas do partido nesta ligazón.
Derrota do Autos Cancela Zalaeta ante o Barça CVB
As representantes galegas na Copa Princesa perderon o seu segundo partido e dixeron adeus á competición na fase de grupos. O Autos Cancela CV Zalaeta non puido acceder ás semifinais da competición copeira.

No cruce co Barça CVB o Autos Cancela CV Zalaeta comezou con vantaxe de 3 puntos no marcador, pero durou pouco a ledicia nas filas das coruñesas. Axiña foron alcanzadas polo Barça CVB.
As xogadoras que adestra Jorge Barrero conseguiron volver a recuperar esa curta vantaxe de tres puntos arriba un pouco máis adiante no partido colocando o electrónico 11-8.

As do instituto estiveron dominando o encontro na primeira metade do set inicial. Pero cando o Barça CVB logra empatar 16-16, xa non deixa ir o partido das súas mans. As catalás foron por diante desde ese momento e adxudicáronse o primero set cun 25-18 tras 22 minutos de disputa.

As anfitrioas do CV Zalaeta empezaban con confianza nas súas posibilidades o segudo set. Colocáronse cunha vantaxe de cinco puntos. O rumbo que estaba a tomar o partido fai que no banco do Barça CVB, Adrián Fiorenza pida tempo no 10:02 coas catalás abaixo no marcador. As instruccións do adestrador non dan o froito desexado por el e as culés non conseguen achegarse ás anfitrioas, que chegan a dobrar en puntos ás favoritas. O Barça CVB non foi quen de reorganizase no campo e deixou ir o segundo set para o casilleiro do Autos Cancela CV Zaleta por 25-14 tras 20 minutos de xogo.

As coruñesas do CV Zalaeta saltaron ao terceiro set con forza. Foi un período moi disputado e igualado, punto arriba, punto abaixo, as xogadoras do Barça CVB encabezaban o marcador perseguidas de preto polo equipo local que seguía a soñar con dar a badalada. Finalmente as catalás acadan a vitoria no terceiro set por 25-21 en 26 minutos.

Co partido 2-1 abaixo para o Autos Cancela CV Zalaeta, a cuarta batalla preséntase similar ás tres anteriores. Ambos os dous equipos empezan o set igualados no marcador, pero o Barça CVB adiántase cun 10-5 arriba e domina ata o final do partido levándose o cuarto e definitivo set por 25-12 en so 18 minutos.
No global do choque as catalás vencía 3-1 ás galegas no seu segundo partido da Copa Princesa e clasificábanse para as semifinais da tarde.
FICHA TÉCNICA
3) BARÇA CVB: Anna Grima, Natalia Matamoros, Juliennis Regalado, Victoria Serrano, María Llinás e Sara Esteban – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Marta García (L). Elena Borrás e Celia Laura Paterno.
1) AUTOS CANCELA CV ZALETA: Sara Urrea, Emma Ordoñez, Andrea Rivas, Eleonora Guzzi, Laura Vázquez e Cecilia Thon – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Noemí Sánchez (L). Patricia Santos, Claudia Gómez, Alba Quirós e María Forteza – Rey Ferreño.
PARCIAIS: 25-18 (22 min.), 14-25 (20 min.), 25-21 (26 min.) e 25-12 (18 min.)
EQUIPO ARBITRAL: Jesús Antonio Soria Ibazeta e Isabel González Fuentefría. Anotadora: Lola Pita.
INCICENCIAS: Partido correspondente ao Grupo A da Copa Princesa disputado no pavillón polideportivo do Barrio das Flores ante unhas 430 persoas asistindo com público á bancada.
O CV Melilla vence a primeira semifinal da Copa Princesa
Un triunfo por 1-3 ante o FC Cartagena Algar Surmenor outorgaba ao CV Melilla Sport Capital o pase á final da Copa Princesa que se disputará mañá domingo a partir das 12:00 horas no pavillón do Barrio das Flores da Coruña.

As melillenses cedían o primeiro set cun marcador de 25-18 logo de 21 minutos de xogo. No segundo, moi disputado, as xogadoras do FC Cartagena Algar Surmenor venderon cara a súa pel pero acabaron cedendo o triunfo ás da cidade autónoma por 24-26 tras media hora de xogo.

O terceiro set caeu do lado do CV Melilla cun tanteo de 19-25 tras 24 minutos colocando o partido 1-2. O set definitivo foi o cuarto que se levaron as xogadoras que adestra Mariano Riganti por 21-25 tras 24 minutos de disputa.
FICHA TÉCNICA
1) FC CARTAGENA ALGAR SURMENOR: Alba García, Ahizar de Lourdes Zuniaga, Aurora Tur, Leticia Delagrammatikas, Inés Laguia e Cristina Llorens – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Belén Cabrera (L). Natalia Campillo e Natalia López.
3) CV MELILLA SPORT CAPITAL: Almudena Martín, Paula García, Nerea Rodríguez, Carla Martinelli, Lucía Geysels, Belén Luengas – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Cristina Cruzado (L). Ana Isabel Muñoz e Claudia Goñi.
PARCIAIS: 25-18 (21 min.), 24-26 (30 min.), 19-25 (24 min.) e 21-25 (24 min.)
EQUIPO ARBITRAL: Jesús Antonio Soria Ibazeta e Veronique García Castells. Anotadora: Lola Pita.
INCICENCIAS: Primeira semifinal da Copa Princesa de voleibol feminino disputado no pavillón polideportivo do Barrio das Flores ante unhas 310 persoas asistindo com público á bancada.
O Barça CVB imponse ao Extremadura Arroyo e convírtese no segundo finalista
Cun triunfo por 3-1 ante o Extremadura Arroyo, o Barça CVB acadaba o seu lugar na final da Copa Princesa que terá lugar mañá domingo a partir das 12:00 horas no Barrio das Flores da Coruña. O seu rival será o CV Melilla Sport Capital.

O Club Voleibol Barça vencía 3-1 ao Extremadura Arroyo na segunda semifinal da Copa Princesa 2023 que se está a disputar na Coruña.

A segunda semifinal estivo moi disputada. O primeiro set caeu do lado das xogadoras que adestra Adrián Fiorenza por 25-16 en 20. Pero se as catalás pensaban que habían ter no Extremadura Arroyo un rival doado, enganaronse. O segundo set foi xusto do revés. Decantouse para as estremeñas por 17-25 logo de 23 minutos de xogo.

Houbo que disputar media hora de partido para determinar quen merecía o triunfo no terceiro set e foi para o Barça CVB (26-24). No cuarto set as blaugranas conseguiron o triunfo no partido 3-1 tras vencer 25-20 en 28 minutos.

FICHA TÉCNICA
3) BARÇA CVB: Anna Grima, Natalia Matamoros, Juliennis Regalado, Victoria Serrano, María Llinás e Sara Esteban – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Marta García (L). Elena Borrás e Celia Laura Paterno.
1) EXTREMADURA ARROYO: Raquel del Álamo, Javiera Plasencia, Isabel Espino, Balbanera Azul Ulla, Juliana Ocaña Pizarro e Janine Sandell– sexteto inicial -. Tamén xogaron: Julia Cabeza Paniagua (L).
PARCIAIS: 25-16 (20 min.), 17-25 (23 min.), 26-24 (30 min.) e 25-20 (28 min.)
EQUIPO ARBITRAL: Isabel González Fuentefría e Marco Antonio Folgar Fraga. Anotadora: Fernández López – Brea.
INCICENCIAS: Segunda semifinal da Copa Princesa de voleibol feminino disputado no pavillón polideportivo do Barrio das Flores ante unhas 260 persoas asistindo com público á bancada. Consulta as estatísticas do partido.